Desacougo emocional, dúbidas que non deberían nen ser ,nen estar, ne tan sequera presentarse así de súpeto no esceario dos meus miolos. Ben, unha noite, un soño, unha mañá, sego a soñar, unha tarde, sego coa testa nas nubes; penso e volvo a pensar e non me aclaro, agora sei que teño unha dúbida, unha dúbida estúpida e fora de lugar. Duas, hai duas, duas mulleres, totalmente antagónicas, pero cando digo totalmente abarco todo o significado da verba; pois iso, unha sería a esposa perfecta, sempre atenta a tódolos detalles, quedando ben con todo o mundo, sempre boa cara, sempre disposta a comer os domingos na casa de mamá. Sería unha muller a que poder querer durante moitos anos, a nai dos teus fillos, sempre tan limpos, sempre tan ben vestidiños; a mellor compaña nunha cea en casa de algún amigo, alguén a quen levarlle o almorzo á cama cunha rosa vermella e que sonrindo xogaría coas suas pestanas e sabrías que o ceo esta nese cuarto. A outra, pois a outra sería unha noiva coa que deixarte perder, quen te faría perde-la cachola, a muller que sabes que mentras te quera te vai adorar, a compañeira de viaxe, as noites o frío baixo unha manta, as mañáns en cama, as duchas xuntos, as ceas íntimas, os paseos polo monte, as copas de noite, as resacas no sofá; non medir o tempo senón viví-lo momento, os dulces compartidos xogando a ser os actores das películas, as fotos colgadas da parede, o espertar coa súa guedella no teu peito, o primeiro bico do día, a primeira caricia, cáseque o primeiro amor en revival.Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/