Eran mínimas as gotas de chuvia que se asomaban os cristais da fiestra, a tarde avanzaba cosumindo o que restaba do domingo. E alí, sentado no sofá, tentaba seguir a trama da película pero de cando en vez os ollos ían na búsqueda do seu rostro, que pouco a pouco perdía a loita co soño e ía pechando os ollos. Nesa tarde comeceina a mirar de outro modo, con agarimo e dozura, con cariño e con gañas de acariciala, cando a película seguía desenrolando a súa trama e o soño xa a conseguira derrotar foi cando eu notei esa transformación no modo de mirala. A luz ía deixando o cuarto as escuras, e as románticas cancións da película levávanme a mirala maís de seguido, ela acurrucada na súa manta enterneceume dun modo tal que case non podía evitar a imaxe de apartarlle o cabelo do deu rostro, de deitarme xunto a ela e notala respirar preto de min, de sentila, abrazala e deixar morrer ese día alí deitado nese cuarto. Tentei de evitar eses pensamentos, noteime confuso, vencedor e derrotado ó mesmo tempo, era unha sensación estrana de saber que queres algo pero ter medo a collelo, de autocompaisón sen necesidade; non sei ben como dicilo, a película estabame gostando, vela aí deitada tan preto de min facíame sentir cómodo e con gañas de abrazala, pero meu corpo tremía, semellaba ter medo de algo, tódolos sentimentos loitaban por non sair á luz. Que difícil é desnudarse emocionalmente por medo a quedar indefensos, parece tan doado e nos sempre enrevesados sempre a comprica-las cousas. E de repente un bolero, e os ollos pérdense nesa cariña de paz e azucre, acendo un cigarro e deixo de loitar contra os meus pensamentos, para que facelo se tan a gusto semello neles; trompetas, violíns, congas, e a voz que eu vou imaxinando mentres me entran gañas de bailar. Volto a mirar cara a tele e deixome caer no sofá, derrotado por tanta felicidade imaxinada, solto lentamente o fume do cigarro e pouco me falta para extende-los brazos e dar unha aperta imaxinaria, non podo quitala imaxe do seu rostro e míroo en cada actriz, escoitoa en cada verba, síntoa cando na película se bican, incorpórome no sofá e agora si deixo de soñar. Espertamos ó mesmo tempo, cada un do seu soño, a película está no seu desenlace e solto un casi sordo hola, saudando eses ollos abertos nos que brillan as luces da televisión; o día vai chegando o seu final, pronto terei que marchar, o resto da xente tamén, e os soños quedaron almaceados nun pequeno rincón da miña cabeza, esperando algún día volvela ver espertar. No coche, camiño de casa, soa un inacavable bolero que fala de amor incomprendido, e os focos guíanme pola estrada mentres mentalmente repito o estribillo cantando co corazón.Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/