O derradeiro venres un amigo comentabame que lle gostaba unha rapaza pero que a ela gostaballe outro e que non quería tentar nada con ela maís por medo o ridículo que por meterse nun lío do que sería difícil sair indemne. Eu aconsellaba que o mellor sería que llo contara a ela, pois así non quedaría coa dúbida de se fixo ben ou mal en deixar os seus sentimentos no seu interior. Pero el dicíame que prefería calar a levar unha deilusión meirande, pois prefería a súa cobardía a o rexeitamento, e que despois non sería quen de manter a mesma relación de amizade con ela, e prefería iso a non ter nada. Os seus ollos limpos e sinceros convencéronme de que el tiña razón, pero agora pensandóo mais polo miudo volvo creer que o mellor sería que ceibara todo o que sente, pois levar ese peso dentro é unha carga innecesaria e doorosa, e seino por experiencia propia. Semellaba sentirse derrotado antes de tempo, sen animo de loitar polo que quere, bebía as copas a grandes grolos coma querendo fuxir dun matadeiro emocional nunha rúa sen saida, mirábaa co rabicho do ollo, cunha expresión de mártir confeso e entristecía cando parecía voltar os seus pensamentos internos. Deume mágoa miralo así, e estaba tan seguro de que estaba a facer o mellor para el que non fun quen de facelo mudar de opinión, e o que é peor, eu sego sen saber se o que penso eu estaría ben ou se él está acertado tragándose os seus sentimentos, non sei , e non sei como axudarlle a quitarlle ese peso de enriba, porque non me gusta velo así. Agradezo opinións ou resultados de experiencias similares.Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/