Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.
Os ollos pérdense nun punto da parede do bar ou nun punto morto entre a xente, as conversas que te arrodean van perdendo volumen, abres a boca e desaparece a mirada da túa cara. Cunha man mantés collida unha copa, coa outra un cigarro prendido, escoítase á xente que te arrodea de fondo pero ti non oes nada, non queres oir. Nom pensas en nada, non queres pensar, e coma se tiveras medo a pensar ou os teus pensamentos, esa inquedanza continua, eses soños perdidos no teu intestino, das unha calada ó cigarro e deixas que o fume saia paseniñamente pola boca. La deas a cabeza, as tuas pupilas están enormes, dexesas non estar onde estás pero non podes fuxir, non, inda non te vas a render, polo menos así, públicamente, a vista dos demais. Queres dicir algo, opinar nunha conversa que se dirime ó teu redor, pero non podes, non tes forzas para facelo, sigues calado, ninguén nota a túa ausencia. Tratas de pensar en algo, tramar algún plan que levar a cabo, unha estratexia que che permita salir da túa situación, ser maís sociabel, maís agradabel, que a xente quera falar contigo e ti coa xente, tratas de pensar, pero non queres soñar e ti só sabes soñar. Buscas unha mirada, alguén que este a ver para ti, con ollos de desesperación, todo o mundo rexeita a túa mirada, ninguén a pode manteñer, daste conta de que debes semellar un tolo, pero non che importa, estás afeito ó rexeitamento da xente e non tes ánimos de cambiar a túa actitude polo de agora. Pensas en anos xa pasados, pensas nunha xuventude onde os excesos eran compañeiros de noites coma esta, tanta xente que falaba tanto, tantos sitios, tanto non durmir e tanto non ser quen son, semellaba que a felicidade tiña precio pero non aceptaba reclamacións. Os ollos queren pecharse pero debes impedilo, iso si que te delataría, moves a cabeza, tratas de mantela ríxida, volves beber un grolo da copa, sorris por se alguén mira para ti e volves a mirada para o resto do bar buscando algo que te faga mante-la atención fixa. Segue sen haber ninguén aque mire para ti, apuras as derradeiras caladas ó cigarro e pégaslle un bo grolo á copa, por un momento pechas os ollos sentindo coma te mareas, os abres rápidamente e pos todo o teu empeño en escoita-la conversa da xente que se senta contigo na mesa, sorpréndeste, inda son seis ou sete persoas, miras para eles, forzas un sorriso elevantándote dis que vas ir ó baño. Pensas que cando volvas debes coller outra copa, camiñas torpemente entre a xente e non miras para atrás. Si, desta vez vou deixar de soñar, pensas mentres te miras nun espello que reflexa unha imaxe de alguén coa expresión lonxana, pálido demaís para esta época do ano, e que se lle notan os osos debaixo da pel, desta vez vou deixar de soñar, lavas as mans e arrima-la porta co cóbado. Diríxeste á barra para pedir outra copa, tardan en atenderte, volves a perde-la mirada, tres, dous, un,.,.,.,outra vez estás a soñar.
Nada, non sentía nada, soamente un valeiro e un setemento de pérdida o afogaban, non tiña calor nin frío, nin soño nin gañas de ir a outro sitio. Os recordos pesaban coma un lastre imposibel de deixar atrás, non pensaba neles maís sabía que hai estaban e non era que de esquecelos. Queria esquecer, resetear a súa memoria e voltar a renacer, revivir, contruirse de novo entre as ruinas que agora él era. A noite resultaba extrana e excluínte, e non era quen de tentar buscar un sitio nela, xa non o arroupaba co seu manto de soños coma antes, soamente era tempo que seguía a pasar e soidade non compredida. Mírase nun espello, os ollos están ben abertos, nada de miradas enroxecidas reflexo de cen copas, só uns ollos grandes e cansados, precisos de pecharse para non seguir mirando. Procura sen atopalo buscar alguen que lle dea un empoxonciño por hoxe, unha viaxe pequena a outro estado, un pouco de respiro e paz para non cargar por un rato con tanta derrota xunta. Nin teléfono, nin verbas, nin un soriso, nin nada que mirar, e a estrada semella infinita e valeira a estas horas da noite, está canso, agotado de conducir so e sempre escoitando os mesmos cd`s. Ata as roupas da xente semellan perder o color, tonos escuros e tristes, estados de ánimo que se gardan no armario e que reflexan cadencias no vivir e economía oral. Agotado de non avanzar pide potra copa, si, outra maís, total non ten outra cosa que facer, non ten plans para mañán, para esta semana, para ...., non ten ningún plan, así que non se sente obrigado a seguir, e por eso está agora eiquí. Fala sen gañas e sen facer esforzos por pronunciar ben, non pretende ser escoitado, soamente precisa soltar as verbas cando lle suben pola gorxa, así coma cando precisa mexar ou defecar, non ten porque facelo diante da xente. Sente maniotas mentais, os seus miolos loitan por buscar mais espacio, séntense pechados nun espacio pequeno para gardar tanto recordo e tanto soño, néganse a deixar atrás ningún fotograma, a compilación debe ser minuciosa e exacta para arrepentirse de todo cando chegue a hora de rendir contas. Camiña só polas pequenas rúas, négase a fumar o derradeiro cigarro do paquete, o son dos seús pasos atormentano e aminora a marcha, sábese perdido nun mar de valeiros, de salas blancas e vacías, de noites excluíntes, de miradas rexeitadoras, de silencios punzantes. Camiña só e a estrada é longa demaís para chegar ó final. Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/