OS ROEDORES DO VALEIRO
Naufraxios
De xeonllos no chan, sobre aquela alfombra rota e case desfeita polos anos, miraba cara á parede cos ollos abertos e perdidos.  O seu corpo movíase ó ritmo daquel home que a suxetaba fortemente polas cadeiras, soportaba as embestidas sen soltar nin un suspiro, sen apenas respirar, sentindo que a parede cada vez estaba mais preto e imaxinando que en calquer momento podería escapar através dela. Escoitaba os xemidos ansiosos del, imaxinaba a súa cara fea e sudada, coa boca aberta e a língoa case de fora, notaba os seus dedos premendo cada vez maís forte nas súas carnes, as poucas carnes que lle quedaban. Pensaba nos cartos que metera no peto do pantalón, no viaxe en autobús ata as chabolas, nos polvos marróns do xitano, en agocharse nalgures e perderse de todos e de todo, nada maís precisaba agora, un pico bastaría para esquecer. O home apuraba as súas embestidas, estaba preto o final, instintivamente botou as cadeiras cara atrás sabéndose liberada en intrés, tratou de cravar as unllas na alfombra e respirou fondo. O ritmo das derradeiras embestidas facía que os seus xeonllos rozaran maís forte na alfombra, comezaba a sentir a door  e apoiandose agora ben sobre as mans tratou de moverse para axudar ó home a rematar dunha vez. Estaba farta e cansa para moverse ata un pouco pero comezou a culear a cada movemento del, sentíase suxa, agotada, valeira, pero quería quitarse aquel tipo de diante xa. Sentíuno xadear entrecortado, meterse ben dentro dela, xa estaba, notou como afroxaba a presión das súas mans, os movementos seguiron xa sen empuxe, él foise botando fora pouco a pouco, ata que o sentíu sair. Non quiso moverse, nin darse a volta, escoitouno levantarse, andar polo cuarto, coller a súa roupa e vestirse. Ela seguiu alí fitando cara á parede, inerte, estando sen estar, vergoñenta de ser quen era, de estar así núa nun cuarto cheo de cochambre y vello, de saberse morta sen estalo.
Ergueuse despacio, tratando de comproba-lo movemento do seu corpo, buscou a súa roupa polo cuarto inexpresiva, sen presa, coma quen recolle a mesa cando xa se foron os invitados. Foi ó lavabo, tratou de mirarse no espello aquel que xa de tan suxo apenas reflectía imaxes, tratou de atopalamoza que non fai moito tempo era. Non, non hai tanto tempo que estudaba a súa carreira, tiña noivos, amigas, unha moto e moitas gañas de vivir. Todo fora tan rápido..., o derradeiro noivo, as longas noites, o cambio de amigas, probar todo o que o seu noivo tomaba, durmir fora da casa, maís noites, maís cartos para mercar de todo e despois xa os días eran longas esperas ata conseguilo que necesitaban. E así foi pasando o tempo e as amigas foron desaparecendo, na casa eran broncas e maís broncas, o seu noivo comezou a picarse, ela non tardou en probar, e maís broncas cos seus país, comezou a roubar co seu noivo inda que a ela dáballe moito apuro.  Él non tardou en caer arrestado, xa daquela fórase da casa por unha tempada, pensara, e agora as broncas eran co seu noivo, ela non quería roubar, non lle gustaba aquelo, e así él desapareceu de golpe, fórase con outra rapaza. Abriu os ollos e non se podía ver no espello que era case negro, aseouse un pouco, quería chorar pero parece que xa non podía. As forzas pareceron desparecer ó pensar en baixa-la rúa, coller o bus, ir ás chabolas, tanto esforzo e tan poucas forzas!.
Abriu a chave da auga para refrescarse un pouco, sentirse fresca. maís limpa, pero non era así. Saiu ó salón a busca-la súa roupa e deixouse caer no vello e suxo sofá apertándose cos seus brazos e tremendo non de frío se non de angustia e valeiro. Imaxes, recordos, felicidade, días, noites ían pasando pola súa cabeza se parar. As gañas de chorar fixeron que asomara unha mínima bágoa pola súa meixela que buscou a súa língoa cando chegou á boca. Tremeu forte pensando en todo o que había perdido, abrochouse o pantalón e tratou de acumula-las forzas para levantarse e ir a coller ese triste e verde bus, pero semellaba atada a ese sofá e a eses recordos. Pensou en deixalo para maís tarde, darse unha volta polo vello ós bares onde sabía que algo ía encontrar e tamén se cadra algún cliente co que recadar algo pola noite. Deixouse ir perdéndose en ilusións e outros tempos, quedando semidurmida e inerte, non sentía frío, non tiña fame, estaba cansa e precisaba descansar un pouco, só iso.
Un sonido despertouna, era ó seu teléfono, preguizosa deixiouse estar no sofá, non quería voltar a súa podre vida, seguía a soar e conseguiu despertala por completo. Hastiada decidiuse a collelo quen sabe para que era, achegouno a súa cara coa man, sen ver quen era e ....esa voz, esa voz que parecía sair dos seus soños... As bágoas viñéronlle todas de súpeto os seus ollos, tratou de respostar pero as emocións que se lle agolparan non a deixaban. Dende o fondo de toda ela saíu ......"mamá" e calou apertando contra si o teléfono.
Fillos da morte
Contábame o meu avó que sendo él noviño durante uns anos dedicouse a ires polos pobos cuns tíos seus a paceres augardente cunha pota, cobándolle á xente por destilar o bagazo restante despois de face-lo viño. Eran tempos de escasez e a xente non podía ires a Portugal a mercarse unha pota un domingo calquera. Pois estando no Morrazo acudiu onda eles un rapaz horfo de pai para que lle fixeran a augardente que tan mediciñal era nos fríos e húmidos invernos preto do mar. Meu avó, ó saber que o rapaz seguía indo ó mar a pesares de que no mar fora ónde morrera seu pai preguntoulle se non tiña medo de sair cada día a pescar habendo morto así seu pai, e aquel rapaciño respostoulle, como bo galego, primeiro con outra cuestión: e oteu pai onde morreu?, na cama, respostulle o meu avó; e entón ti non tes medo de deitarte cada noite?, finalizou o rapaciño sabendo que non habería contestación. Meu avó díxome que ese día fíxose maior de golpe, perdeu os medos  e as dudas da adoescencia á vez, tamén nesta volta de augardenteiro no morrazo perdeu a inocencia e algunha cousa mais pero esta é outra historia.
Dende a fin do mundo
A marea había rematado, desembarcaran en Río Gallegos para coller un avión ata Buenos Aires e facer transbordo para Madrid e despois Vigo, pero él había decidido quedarse, quería pasar un tempo por alí só e lonxe de todo. Non tardou en coñecer a cidade e sen rumbo fixo que seguir unha noite ceando nun restorante coincidiu cun paisano que lle comentou que o seu barco zarpaba rumbo ó pacífico e recordou a sona da cidade mais ó sur do planeta, ushuaia, a fin do mundo, non é que él creera moito en mitos, inclusive quedara decepcioado con finisterre, esperaba algo maís bravo para ser o fin da terra, pero pediulles o favor de que o levaran ata alí. Á idea de quedar na arxentina non fora gratuita, non quería voltar á súa casa e ver que a rapaza que amaba xa non estaba na vila, había marchado, como tanta xente, a trabalar a unha gran cidade, non chegaran a ter unha relación porque él non se aclaraba entre ela é a súa antiga noiva, e ela cansárase de esperar e decidira marchar. Haí foi cando él decidira embarcar, tiña un primo que traballaba no mar e por medio del enrolouse nun pesqueiro que faenaba no Atlántico Sul, o traballo nunca lle dera medo e o sueldo era bo, inda que ante todo él quería alonxarse da vila unha tempada, coñecer outros lugares, despexar un pouco.  E así pasou uns meses de humidade, moito tabaco, noites sen durmir e traballo sen parar.
Cando chegou a Ushuaia, quedouse fitando ós montes nevados sen poder baixar a vista ó plano normal, sentíuse invadido pola inmensidade, moito mais que os primeiros días no mar, aquelo era unha exaltación as proporcións da natureza, sentíase grande e pequeno ó mesmo tempo, respirou fondo, pechou os ollos, e esta vez si que se sentiu lonxe de todo. Cunha mochila coma toda equipaxe, o gordo facturárao a empresa cara a Vigo, dedicouse a pasear por aquél sitio, miraba cara ás montañas, cara ó mar e ó estreito de Beagle buscando algún resquicio da Antártida, miraba a xente traballando e inmersa nas rutinas de a diario, todo era novidade para él e sentíase un rapaz novo que nunca saira da súa casa. Camiñou cara ó monte mais próximo, non por querer subilo se non por afán de camiñar cara algún sitio, ía cun paso lixeiro e mentres se deixaba acariciar polos ventos fríos e silbadores do lugar comezou a pensar en ela, en como lle gostaría que estivera agora alí, anda él, co seu gorriño de lá en moitas coores, por un intre soñou que a tiña ó seu lado e xirando a cabeza buscouna cunha esperanza infantil. Sentouse nunha rocha, mirando á vila dende onde estaba, coa perspectiva duns metros mais arriba, voltou a buscar a Antártida no horizonte e predeu un pito, levantou á vista cara ó ceo e, pechando ós ollos, mirouna bailando con él nunha noite de festa, deixouse levar un rato pola imaxinación e negandose a si mesmo o soño sacou o pito dos beizos e dixo para si mesmo "a fin do mundo" mordendose o beizo inferior e pensando que carallo facía él alí. Baixou á vila e buscou un sitio onda comer, camiñando polas rúas descobriu nunha tenda de recordos unha postal cun ceo ardendo coma o lume de vermello e decidiu mercala, e no restorant El Gallego, mentres esperaba polo seu caldo, escribiu por detrás da postal "nunca tan preto de ti me sentín".
Perdido na Discoteca
CONTO DE NADAL
Decidira ir a despedi-lo ano a casa dos seus pais, a súa casa ó fin, pois era a que sentía coma súa inda que agora estivera vivindo lonxe, noutra cidade, compartindo piso con outras dúas mozas, pois o prezo dos alugueiros non a permitía vivir soa. A navidade e a noiteboa quedárase no piso, soa, lembrando os derradeiros seis meses, os seis meses que alí levaba vivindo, o ter que traballar os días seguintes axudou a que non fose a súa casa, pero o cambio de ano quería vivilo lonxe dese sitio e así escolleu librar a primeira semán do ano para ir celebralo coa súa familia.
No taxi iba fitando con tristura todos eses paixases tan coñecidos e que agora se lle antoxaban tan lonxanos, lembraba as tardes na praia mentres se puña o sol, os sitios onde xogara de nena, onde trancorrera a súa primeira historia de amor, o seu primeiro bico, os seus primeiros segredos, as amigas,tantas cousas que alí vivira e que agora se lle atollaban esquecidas ou desaparecidas nun tempo que xa rematara. Buscou o seu teléfono no abrigo e como xa supoña non descubriu ningunha chamada perdida, ningunha mensaxe nova, ningún sinal que a fixera aledarse un pouco e si un valeiro maís para sumar o seu estado de infelicidade.
Entrou na casa con dúas maletas e silensoxa com unha pantasma que pasea o seu pesar polos lugares onde transcorreu a súa vida. Pronto apareceu a súa nai, semellaba leda por mirala, quiso darlle unha aperta pero non se atreveu, ela non era así, forzou un soriso e pouco maís, deixou as maletas nun recuncho e seguina a cociña deixándose levar polas súas verbas e os seus pasos. Foi escoitando sen demasiada atanción todo-lo que ela lle foi contando da súa irmán, do seu irmán, do seu pai, dos seus sobriños e de todas cantas cousas súa nai lle iba dicindo sobre o que fora pasando neste tempo e que  semellaba que ela toña que saber. Axudouna un chisco na cociña e despois dirixiuse ó seu cuarto a deixa-las maletas. O seu cuarto, mirábao con ollos curiosos, como voltando a descubrilo, con todo o que alí soñara, as noites de felicidade e enamoramento, as noites de bágoas e sen durmir, as mañás encollida sen quererse ñevantar e deixándose quentar polo sol da fiestra; observou as súas fotos, onde aparecía cun amplo soriso e non se recoñecía nelas, deixou caer as maletas xunto á cama e pechou os ollos queréndose quedar durmida e soñar en todos os momentos da súa vida alí vividos.
Despertouna a súa irmán, quedárase durmida, con ollos preguiceiros puido mirala, falándolle, dándolle inha aperta despois, semellaba leda de vela, sen folgos esgueuse e xuntas baixaron ó cuarto de estar. Alí estaba o seu cuñado, o seu pai, o seu irmán, cuñada e os seus dous sobriños, así de súpeto topouse coa vida, coa ledicia que se vivía naquel cuarto, bicos, sorisos, cuestións e mais cuestións sobre a súa vida nova nesa cidade que xa semellaba un lonxano recordo na súa memoria pese a habela deixado só facía unhas horas. A súa nai chamouna dende a cociña e a puso en marcha, achegábase a hora da cea e coma sempre inda todo estaba a medio rematar de facer, púxose en faena, sentíase útil, un engranaxe maís, ía recoñecendo ese espazo como seu, deixouse levar polas prisas da súa nai e pola gostosa tensión que nesas ceas sempre houbo nesa casa.
A cea transcorriu coma toda-las ceas que recordaba coa súa familia, amena, coas típicas bromas e algarazadas entre os seus irmáns, coa súa nai leda e faladeira sempre disposta a volatar a enche-los pratos, preocupada de que non falte de nada. Chegaron as doce e foise comendo unha a unha as uvas sen saber ben se pedir un desexo ou esquecer un anaco da súa vida, dos derradeiros meses. Tentou chamar a unha amiga pero foi imposible, as liñas debían estar saturadas, e ante a insistencia dos seus pais e irmáns decidiu salir, ela tamén pensou que era o mellor antes que seguir unha sobremesa chea de cuestións das que non quería falar y de seguir tentando formar parte daquel cadro de familia chea de ledicia, pois a súa tristura ameazaba con sair ó exterior dun momento a outro e non quería que fose diante dos seus.
Foi ó bar onde soía quedar cos seus amigos pero inda non había ninguén, e despois de falar cun dos camareiros decidiu sair a rúa e pasear un pouco soa, deixándose levar entre a multitude de ledicia e alcohol que ateigaba as rúas nese momento. Pensaba na súa derradeira relación que agora estaba rota e para ela finalizada, nunha cidade que a axfisiaba, nun traballo mal pagado e sen visos de futuro, pero non quería dar  marcha atrás, ela non o iba a facer, sería recoñecer un fracaso e iso iba contra o seu orgullo, pois fora ela a que tomara a decisión de marchar da súa casa, perdón da casa dos seis pais, e non ía voltar coa derrota por diante, iso non. Seguía a pasear distraida, sen mirar a nada e dandolle mil voltas os seus pensamentos, cando se topou diante dun rapaz que a mira e di:
-Hola!
Era un rapaz da vila, co que case que nunca falara pero o coñecía.
-Feliz ano!.- Díxolle.
-Feliz ano!.- repetiu ela medio sorprendida por velo tan ledo alí diante súa, pois recordábao coma alguén mais ben solitario e que sempre semellaba tristeiro.
De súpeto él achegouse un pouco maís e dalle dous bicos, dous bicos que a deixaron sen saber que facer, sorprendida e a medio ubicar, tentando de voltar a realidade da noite na que estaban. Comezou a falarlle pero él non se interesaba polo mesmo que a súa familia, pregúntaballe por ela, por como estaba, por o seu soriso, semellaba interesado por ela pero iso non era algo que entrara nos seus plans para esa noite, inda que se sentía ben falando con alguén.
-Alegrome de verte!.- Díxolle e deixouna sen saber coma respostar.- A dónde ibas?
-Estaba dando unha volta para busca-los meus amigos.- Respostou ela.
-Veña, é cedo e seguro que inda non chegaron, invítote a unha copa.
-Gazas, pero vou ver se os atopo que cheguei hai un pouco e inda non estiven con eles.
-Pois entón xa nos miraremos despois. E de verdade que me gustou verte.
-Vale, xa nos miraremos.
E ela foi mirando coma se él se ía perdendo entre a xente, con gañas de seguir falando pois precisaba falar con alguén, con alguén con quen non houbera falado nos derradeiros meses, precisaba desprenderse de tantas cousas que non lle importaría contarllas a él ou a calquera que a quisexe escoitar. Precisaba falar do seu fracaso, da súa relación rota, do seu estado de dous meses, do seu medo o futuro, das súas inquedanzas, de tantas cousas, precisaba desfogarse e valeirarse por fin de tantas verbas caladas que lle daban voltas na cabeza.
Por fin unha chamada, unha amiga que lle di que está a cear cos sogros, que non vai sair, ela pregúntalle polos demais e un tras outro vaille contando que os casados están nas súas casas, e os demaís foran a unha festa noutro sitio, e así todos estaban fora. Dille que ten moitas gañas de vela e que mañán podían quedar para toma-lo café, e que o pase ben, que o pase ben .....ela soa. Agora o valeiro medra no seu interior, segue a andar sen rumbo e mentres decide facer algo de tempo antes de voltar a casa para non atoparse con ninguén ind adesperto. Cando se decata está de novo no bar do principio, onde soían estar os seus amigos, e entre a xente descobre o rapaz de antes, semella estar só pero entre o alboroto xeral descobre algúns dos que eran os seus amigos, sempre lle parecera un rapaz soitario e agora lle veñen á cabeza as veces que o descubrira mirándoa, e aquel verán no que ela fora camareira dese bar cando él era case que o seu mellor cliente. Mentres recorda distraida aqueles tempos non se decata de que él achégase ó seu lado e cando o quere buscar entre a xente aparécelle diante súa cun soriso que ela non coñecía na súa cara.
-Agora non me podes rexeitar unha copa.- Dille mirándoa os ollos dunha forma tan segura que a fai apartarlle a súa mirada.
-E que xa me iba.- Resposta ela.
-Veña só quero brindar contigo polo novo ano.
-Vale, xa que insistes tanto brindaremos polo novo ano.- Di ela mais polas gañas de rematar dunha vez coa conversa que por quedarse maís tempo nese lugar.
Ano novo, vida nova, pensa ela mentres brinda con él, e case se atraganta cando pensa no seu estado de dous meses, pero tentando disimular finxe un soriso e tenta ser cordial e non semellar triste. Pouco a pouco vaise encontrando maís cómoda falando, e vaise soltando na conversa. Obseva que él a mira con ollos dulces e abertos, cunha mirada franca e sempre ós seus ollos, a consegue facer sorrir un par de veces e no seu interior vai formándose unha extrana sensación, unha sensación que xa tiña esquecida, a sensación de estar cómoda con alguén, e así entre as verbas da conversa parece sentir que él está atraido por ela. Vaise deixando levar polos seus ollos e polas súas verbas, fala xa sen freo, fala e fala, e dase conta que está a entrar no xogo da conquista, está a ligar. O canal dos seus sentimentos abriuse definitivamente, vai soltando todo o que tiña metido dentro, e mentres segue a falar decátase de que se lle soltou unha bágoa, él cóllea pola man, ela reacciona tentando apartarse, él retira a súa man e mira para ela cos seús ollos azuis e limpos, ela tamán mira para él, sen aparta-la mirada, dase de conta de que xa o resto da xente non parece estar alí, están nunha esquina sós e mirándose os ollos. Él trata de achegarse maís a ela pero ela extoupa a chorar, e entre bágoas cóntalle que está preñada e deixase caer contra os seus hombreiros, sente coma él a colle e a aperta contra si dándolle un bico na fronte. Xa falándolle o oido dille que sempre lle había gostado, que levaba anos namorado dela e que non se perdoaba non haberllo dito antes. Ela ergue a cabeza e mírao ós ollos, a eses ollos que tamén agora estaban algo mollados e nos que se miraba reflexada, quere bicalo pero non ten o valor suficente, ten tantas dudas sobre a súa vida que non sabe o que facer. Él coa súa man agarima a súa cara e dalle un bico na meixela, ela volve pensar en bicalo e acercarlle os beizos pero ten medo a que él llos retire, a un fracaso maís, e esta noite prefire non perder o que gañou que é moito para o seu estado de tristura.
Despídense, ela dí que ten que marchar, defendéndose dos seus sentimentos, él cóllea de novo pola man e dille que pode contar con él para o que sexa e que lle gostaría volver a vela pronto. Ela comeza a nadar, despazo, coa cabeza baixa e tentando non caer na tentación de mirar para atrás, escoitao chamala polo seu nome, xírase e mírao alí no medio da rúa mirándoa e sorindo, quédase un intre calado e logo sóltalle : "guapa". Iso arrancoulle un gran soriso de satisfación e ledicia, mirouno cunha cara que se sabía alegre, gardando unha imaxe del e dese momento, deu a volta, volveu camiñar e deuse conta de que xa esquecera tódolos malos recordos
A Frase Solta
Levo un par de ideas tentando sacar unha historia dunha frase que escoitei fai unha semana, fíxome gracia a frase, non sei por que pero duxen velaí un comentario con miga. Onde a escoitei é o de menos, nun sitio calquera preto dun pobo con río digamos, o esceario era: dous mozos falando do que fan fora do traballo, de lecer digamos pois, sobor de todo dos fins de semana e maís en concreto das noites dos domingos polo que poiden apercibir. A frase en concreto foi: "Os portugueses séntanlle moi ben os cornos"; seino, non é unha frase fraciosa, nin ocurrente, pero a min pareceume unha boa ocurrencia, unha boa saida nun diálogo atascado, inda que diálogo diálogo non era moito. A ver o contexto da frase era algo así coma un bar, un bar ou pub, non sei ben o que, nunha estrada entre duas vilas, na típica estrada entre dúas vilas no sur da provincia, non moi lonxe da fronteira co país veciño, inda que esto non sei moi ben se pode ser influinte na causa da frase en cuestión. Pois o bar ou o pub parece que era un deses bares/pubs onde hai duas ou tres camareiras novas, case que sempre extranxeiras e que soen estar de ben ver supoño, vamos digo eu, un deses sitios que non é un prostíbulo pero pasan pola barra del. Eses sitios soen ser frecuentados por mozos novos, mozos das vilas veciñas ou de maís lonxe, que acuden ó reclamo das camareiras, vamos digo eu que alí haberá algo de todo, ó que vai ver, o que mira e non se atreve a falarlle, o que lles fala as mozas para fachendearse cos seus amigos que non son quen, o que vai tentar facer algo maís que falar, e o que vai pensando en foder sen comprender que iso non é un prostíbulo, como dixen antes.
Pois xa temos o esceario dos feitos, ata aquí chego ben para sacar a historia, pero agora cando teño que seguir..., imos ver como seguíu a historia, ou como eu percibín do que escoitei que pasou alí. O tema era que un dos rapaces que fora alí, ou un dos que ía con él, penso que foi así, púxose a falar cunha das mozas, que era nova alí, xa se sabe que a novidade sempre chama maís, inda que esteamos en rebaixas, e falando con ela e tentando que fixera algo maís que porlle os cubatas, poruqe neses sitios débense beber cubatas, e de ron ou de xinebra, cubatas con coca-cola, si, en vaso gordo e con dous xeos, así o imaxino eu, pois o mozo parece que quería ligar con a moza nova, ou non ligar se non votarlle un polvo, para que andar con voltas nun sitio deses, que xa se sabe a esas góstalle a todas, non?, ou iso tamén me parece que entendín na conversa. Pois o mozo apretando forte, tirando do repertorio e con un par de cubatas entra a matar e parece que ela sen perder nunca o soriso, imprescindible ó estar de cara ó público e no trato co cliente, dille que ten un noivo, un noivo portugués, ó que o mozo dos dous cubatas de ron con coca-cola respostoulle automáticamente e sen pestanexar: "ós portuguesés séntanlle moi ben os cornos", e neste punto si que quedo sen saber como tirar, a conversa pode derivar para calquer lado, o conto pode acabar ben ou mal, nun coche no asento de atrás, nunha discoteca de domingo, pode rematar ahí, ...., ata pode rematar cun portugués asasino, pero debo seguir pensando como porlle remate a historia porque a conversa que escoitei o outro día quedouse ahí, ou polo menos para min, quedei tan engaiolado coa frase que non quesen escoitar mais. Penso que será mellor que o portugués non apareza, que teñen fama de mal xenio e pódese armar.
Anxo caido
EXTIRPACIÓN. (1ª CONSULTA)
-Boas tardes
-Boas tardes
-Qué se lle ofrece o cabaleiro?
-Pois verá, eu viña para que me extirpe o corazón.
-Para cambialo, quererá dicir.
-Non, para que mo saque. Non o quero, faime moito dano e prefiro vivir sen el.
-Diantres, ista si que é boa. E está vostede seguro?
-Si, estouno. Se vivo sen corazón non terei sentementos, entón deixarei de sofrir, e se non sofro poderei vivir mais tranquilo e ser felíz.
-Mire que se lle quitamos o corazón será moi compricado dar marcha atrás. Ou sexa, meterlle un corazón a quen non o ten é moi compricado, sempre hai rexeitamento, un corpo habituado a vivir sen sentimentos repele calquera tentativa de voltar a sentir. Eu non coñezo ningún caso de extirpación de corazón, hai xente que o perde ó longo da súa vida, o perde e cecais nunca o recupera, pero que eu sepa ata o de agora ninguén quiso que lle fose sacado voluntariamente.
-Enténdame doutor, eu sofro moito, e todo é por culpa deste maldito, prefiro unha vida oscura e gris que tantas penas que me amargan. Na miña vida fai tempo que non existen os bos momentos, as alegrías, nen tan sequera a ilusión así que prefiro perder a nula capacidade de desfrute que me poida quedar en aras de non sofrir maís. Será coma manter con vida a un enfermo crónico e evitarlle o dolor. Senon será este dolor o que me mate de tristura.
-Mírase que é vostede un caso extremo. Pero non quere probar antes algo non tan drástico, algo maís conservador, non sei, un vaciado de cerebro, un reseteado de imaxes, unha limpeza de recordos, home, podemos tentar facer algo desto antes que recurrires a unha ciruxía tan drástica.
-Non, eu non quero ter corazón, vamos, que non o quero ter dentro de min, que sento que me afoga. Non quero que me faga nada diso que me di, porque sei que voltarei a vivir os mesmos erros, as mesmas decepcións, a sofrir as mesmas penas, e voltarei a estar igual ó cabo dos anos, e eu non quero voltar a estar coma estou agora.
-E se o pensa un pouco maís, para estar todos maís seguros?. Démonos uns días antes de tomar a decisión.
-Que lle digo que estou seguro doutor, non lle dea maís voltas.
-Vale, pois pase por aquí dentro de quince días e faremos as probas da anestesia.
-Dacordo doutor. Deica entón .
-Deica, e véñame un pouco maís animado homiño.
VERGOÑAS BREVES SEN FRANCES
Ela abriu a porta, sen moitas gañas, coma sempre, tentando non mirar ós ollos a quen aparecese tras dela. Ese era o momento que maís odiaba, o momento de senterse descuberta, observada, senterse espida, valeira e avergoñada á vez. Comezou coma sempre mirando de abaixo arriba, costándolle ir levantando a cabeza e a súa mirada, tentou forzar un sorriso e balbucíu un - hola- que case se lle queda colgado dos seus beizos ó mirarlle á cara a él e recoñecelo. Quedou muda, sen saber como reaccionar, paralizada de súpeto por ser descoberta, quería pechar a porta, chorar, facelo pasar, tentar de falar con él, sair correndo, pero seguía alí de pe coa porta na man e cos ollos abertos e a boca sen pechar.
El respostou o seu saludo case sen mover os beizos, sorprendido por atopala a ela tras esa porta, afundíu a mirada no chan e cáseque tan avergoñado coma ela comezou a poñerse vermello. Non sabía se dar marcha atrás e voltar chamar ó ascensor, se tentar de dicir algo que rachase a tensión ou se votar a correr escaleiras abaixo e non parar ata chegar a súa casa. Non a esperaba ver a ela, e moito menos alí, xa facía tempo que non a miraba, había marchado e ninguén sabía moi ben a donde e o que fora dela. Moitas veces pensaba o que lle podía haber pasado, imaxinaba onde estaría e o que estaría a facer, pero xa facía tempo que a había esquecido e nunca pensara atopala así, nun sitio coma este e facendo esto. Estaba tenso e nervoso, incómodo pola situación pero o seu corpo permanecía anclado sen poder moverse.
-Pasa. - Acertou a soltar ela pensando que estar así tanto tempo era peor.
Pechou a porta tras del e sacando forzas de algún lugar xa esquencido pasou por diante del e encamiñouse ó salón. O mal xa está feito pensaba, así que decidiuse a falar con él, ó cabo sempre fora amable con ela e parecíalle boa persoa inda que non chegaran a ser amigos. Sentou nunha punta do sofá deixándolle sitio a él e espacio dabondo entre ambos para non sentirse molestos.
-Senta.-Dixo.- Perdón, queres tomar algo?
-Non grazas.- Respostou él, que adoecía por algo fresco, moi fresco que lle quitara aquel sofoco que sentía.
E sentou tentando mirar para calquer lado menos para ela, rogando que prendese a televisión, que se fisexe de día e a luz entrase de súpeto naquel cuarto. Estaba ríxido e mirando o moble que tiña fronte a él mais que cara ela, arrepentíase de haber chamado a ese número, de haber buscado entre os anuncios por palabras, sentíase suxo e enfermo, que pensaría de él?.
Ela colleu unha cervexa que había na mesa e deulle un grolo largo pero bebendo pouco, facendo tempo mentres pensaba que dicirlle. A súa imaxe avergoñado e nervoso dáballe algo de valor e superioridade na situación pero precisaba atopar as verbas adecuadas ou deixarse caer e poñerse a chorar buscando a súa compaixón.
-Pois non é unha forma agradabel de atoparnos.-Atinou ela a soltar.
-Abofé que non.-Respostou él case arrepentíndose de falar.
-Creéme, estou farta, pero non sei coma seguir adiante, a ver, non me quero excusar e iso pero cando non atopei traballo, quedeime soa, e non quería voltar como unha derrotada, outra vez a casa dos meus país, outra vez a comezar de novo. Non sei, eran cartos doados, suxos pero doados, inda que ...., nada, séntome unha merda,....
-Tranquila, non tes porque excusarte comigo. Eu tamén me sento mal, non sei, que pensarás de min, chamando os anuncios das páxinas de contactos, ..., seino, non teño excusa e non vou tentar de contarte nada que me faga sentir mellor. Sinto noxo de min mesmo, non sei que imaxe terás de min pero sei que caín no maís baixo, bueno.....- E por primeira vez foi quen de mirala ós ollos.
-Non digas tonterías. Eu non estou en situación de xulgar a ninguén, pero é algo que nunca me gustou facer. E aparte aquí a que debería estar arrepentida son eu. -E no momento en que as súas miradas se encontraron decatouse de que anos atrás habíase sentido atraida por ese mozo vergoñento e apoucado-. Eu xa sabía que era cousa de tempo que me pasara algo así, moitas noites soñei con iso pero non tiven valor para deixar de seguir facendóo o día seguinte. A de veces que me perxurei que o ía deixar, a de noites que ...., - e asomoulle unha bágoa nos seús ollos- . Que ben te vexo, segues igual que sempre.
-Ti estás preciosa, coma sempre te recordei, ...., preciosa.- Soltou a derradeira verba deixándoa suspendida no aire e xa co corpo xirado cara ela-.
-Non me veñas con loubanzas agora, con esta pinta que traio.
-É certo, sempre me pareceches moi guapa, e alguén especial, pero non sei, non coincidíamos moito, e, tamén a miña cobardía impedíame falarte e moito menos dicircho.
-A min tamén me parecías alguén especial, pero cando tentaba quedar soa para ver se te decidías a falarme sempre desaparecías con alguén. Alguha vez notei coma me mirabas pero cando eu miraba para ti torcías a vista, e coma nunca te acercaches a falar  comigo, pois..., pois non imaxinaba eu que....,.
-Se non fun foi por non atreverme, non por falta de gañas. Arrepetinme tanto de non facelo, de non ..., de non falarte inda que só fora iso, soamante falar e...- Notou como ela se lle aproximaba no sofá e foi na súa búsqueda-
Ela acercou o seu corpo ó del, mirándóo os ollos e tentando de fuxir daquel afundimento que sentia, por primeira vez en moito tempo sentíuse con forzas para saír daquela situación. Colleulle a man coma se fose unha tabla no medio do mar do seu naufraxio, reprimiu as gañas de chorar e deulle un bico suave e tenro, o primeiro bico sincero que daba en moitos anos, pechou os ollos e deixouse nas súas mans.
Él foi en busca daqueles beizos que se lle aproximaban, voltou uns anos atrás e saboreou aquel bico soñando en tempos mais felices, non quería separar os seús beizos dos dela, foi deixándoa caer no seu brazo e sen poder abrir os ollos buscou o sabor da súa lingoa, deixouse perder en mil sensacións que cría esquecidas e pouco a pouco foron afundíndose no sofá.
ESPELLOS VALEIROS
Un home, unha muller, saían dubha discoteca, pub, ou outro tipo de garito, deica as catro ou cinco da mañán, temperatura agradable, pouco ruido e moito cansanzo. Camiñan xuntos, falando e dirixíndose as súas casas. Son amigos, sobor de todo son amigos, viven soós e cargan cunha tristura escondida pero pesada e cunha grande sensación de soidade.
-Xa estaba moi cansa.-Di ela.
-Si, a estas horas non é normal que esteas inda por eiquí.-Resposta él.
Ela solta un pequeno soriso e agárraselle do brazo. Él segue a falar, deixándose coller pero sen aparentar querer achegarse mais a ela, pero encantado de sentir o brazo de ela entre o seu.
-Foi unha noite moi divertida. Pásoo moi ben contigo e as túas amigas.
-Si, pero mañá non vou poder coa alma.
-Veña muller, xa descansarás pola tarde votando unha sesta.
-Uyyy, a sesta de mañá non ma quita ninguén.
-E eu que quería levarte de paseo.
-Nin o soñes, mañá despois de comer métome na cama e todo, certo que si.
-E non te van chamar os teus amantes entón?
-Si, os catro á vez.- Di ela rindo e xirando a cara mirando para él-. Amantes, se eu non sei o que é iso. A min ninguén me quere, débolles asustar ós homes.
-Xa será para menos, hoxe inda estiveches tempo falando cun tio e algún que outro tentou facelo pero con maís pena que gloria.- Dixo el cun medio sorriso.
-Unha gloria si que eran, é que hai cada un.
-E o outro, ise ó que si que lle facías caso?
-Pois ise non me facía caso a min. É que os homes sodes tan fodidos..., menos ti, ti é que eres un home raro, se asa se pode falar contigo.
A él enchéuselle o peito ó oir aquel comentario, gostáballe ela pero non sabía como facerllo notar, como dicirllo e tiña medo a perder a súa amizade se tentaba traspasar o límite que separaba unha cousa da outra.
-Si, eu é que xa case parezo unha maís das túas amigas. Xa comezo a dubidar de si me gostaban as mulleres ou os homes.
-Claro que eres unha mais.- Dixo ela rachando a rir-. Se ata coñeces todos os nosos segredos, as nosas raxadas, contigo é diferente, eres un sol.- Dille mentres se apreta mais o seu brazo e apoia a súa cabeza no seu hombreiro.
-Eu síntome cómodo con vos, e iso non é algo que me suceda con frecuencia, e contigo pásame moi a miudo.
-Tonto-. Sóltalle ela e dalle un pequeno bico na meixela-. Cáesme moi ben, en serio, ata as veces falamos que serías un noivo ideal. Hai, que sorte vai ter a muller que te leve.
Acercábense á casa de ela e fíxose un silencio triste pero cómodo, os seus pasos apresuráronse pero a modiño, ningún dos dous parecía querer ser o primeiro en dicir adios. Escoitábanse algunhas voces por as rúas por onde eles acababan de pasar, podían ser os seus amigos e semella que ningún dos dous quería que os viran inda alí. Chegaron o portal e despedíronse coas mans xuntas e apretadas pero sen atreverse a darse un beso de boas noites, miráronse os ollos por un intre e soltáronse as mans.
-Deica mañá!.- Dixo ela.
-Deica mañá.- Dixo él votando a man ó bolsillo do pantalón para buscar un pito e comezando a andar de novo. Escoitou pecharse o portal e prendeu o chisqueiro.
En casa fronte ó espello ela mirábase a súa cara, triste e apagada. Outra noite maís que ía durmir sen amor, tan difícil era atopar a alguén que a quisexe?. Os trinta xa cumpridos e seis anos que xa levaba soa, inclusives facía meses que non estaba con ningún home, non lle apetecía, odiaba volver a levantarse e pensar que aquilo era algo esporádico, que pasa e xa está.
Él na súa casa tamén se mira ó espello, nótase vello, pasados os trinta as forzas parece que o abandoan. Láiase de non tentar darlle un bico a ela antes de despedirse, tiña tanto medo de ser rexeiatdo outra vez, tenta sorrise para mirarse no espello pero deíxao ó ver que non lle sae. Mira os seus olos apagados que semella perderan a súa coor, lávase os dentes e tenta buscar algún xeto de ela que lle faga ter algunha esperanza. Apaga a luz e métese na cama.
Ela pensa por un momento nel e nun bico no portal, nun bico que non existiu e que non lle importaría que acontecese, pero pensa que a él gostalle outra e non quere pensar maís. Apaga a luz e métese na cama pensando no rapaz que non lle fixo caso.