Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

VERGOÑAS BREVES SEN FRANCES

VERGOÑAS BREVES SEN FRANCES

   Ela abriu a porta, sen moitas gañas, coma sempre, tentando non mirar ós ollos a quen aparecese tras dela. Ese era o momento que maís odiaba, o momento de senterse descuberta, observada, senterse espida, valeira e avergoñada á vez. Comezou coma sempre mirando de abaixo arriba, costándolle ir levantando a cabeza e a súa mirada, tentou forzar un sorriso e balbucíu un - hola- que case se lle queda colgado dos seus beizos ó mirarlle á cara a él e recoñecelo. Quedou muda, sen saber como reaccionar, paralizada de súpeto por ser descoberta, quería pechar a porta, chorar, facelo pasar, tentar de falar con él, sair correndo, pero seguía alí de pe coa porta na man e cos ollos abertos e a boca sen pechar.

   El respostou o seu saludo case sen mover os beizos, sorprendido por atopala a ela tras esa porta, afundíu a mirada no chan e cáseque tan avergoñado coma ela comezou a poñerse vermello. Non sabía se dar marcha atrás e voltar chamar ó ascensor, se tentar de dicir algo que rachase a tensión ou se votar a correr escaleiras abaixo e non parar ata chegar a súa casa. Non a esperaba ver a ela, e moito menos alí, xa facía tempo que non a miraba, había marchado e ninguén sabía moi ben a donde e o que fora dela. Moitas veces pensaba o que lle podía haber pasado, imaxinaba onde estaría e o que estaría a facer, pero xa facía tempo que a había esquecido e nunca pensara atopala así, nun sitio coma este e facendo esto. Estaba tenso e nervoso, incómodo pola situación pero o seu corpo permanecía anclado sen poder moverse.

-Pasa. - Acertou a soltar ela pensando que estar así tanto tempo era peor.

   Pechou a porta tras del e sacando forzas de algún lugar xa esquencido pasou por diante del e encamiñouse ó salón. O mal xa está feito pensaba, así que decidiuse a falar con él, ó cabo sempre fora amable con ela e parecíalle boa persoa inda que non chegaran a ser amigos. Sentou nunha punta do sofá deixándolle sitio a él e espacio dabondo entre ambos para non sentirse molestos.

-Senta.-Dixo.- Perdón, queres tomar algo?

-Non grazas.- Respostou él, que adoecía por algo fresco, moi fresco que lle quitara aquel sofoco que sentía.

   E sentou tentando mirar para calquer lado menos para ela, rogando que prendese a televisión, que se fisexe de día e a luz entrase de súpeto naquel cuarto. Estaba ríxido e mirando o moble que tiña fronte a él mais que cara ela, arrepentíase de haber chamado a ese número, de haber buscado entre os anuncios por palabras, sentíase suxo e enfermo, que pensaría de él?.

  Ela colleu unha cervexa que había na mesa e deulle un grolo largo pero bebendo pouco, facendo tempo mentres pensaba que dicirlle. A súa imaxe avergoñado e nervoso dáballe algo de valor e superioridade na situación pero precisaba atopar as verbas adecuadas ou deixarse caer e poñerse a chorar buscando a súa compaixón.

-Pois non é unha forma agradabel de atoparnos.-Atinou ela a soltar.

-Abofé que non.-Respostou él case arrepentíndose de falar.

-Creéme, estou farta, pero non sei coma seguir adiante, a ver, non me quero excusar e iso pero cando non atopei traballo, quedeime soa, e non quería voltar como unha derrotada, outra vez a casa dos meus país, outra vez a comezar de novo. Non sei, eran cartos doados, suxos pero doados, inda que ...., nada, séntome unha merda,....

-Tranquila, non tes porque excusarte comigo. Eu tamén me sento mal, non sei, que pensarás de min, chamando os anuncios das páxinas de contactos, ..., seino, non teño excusa e non vou tentar de contarte nada que me faga sentir mellor. Sinto noxo de min mesmo, non sei que imaxe terás de min pero sei que caín no maís baixo, bueno.....- E por primeira vez foi quen de mirala ós ollos.

-Non digas tonterías. Eu non estou en situación de xulgar a ninguén, pero é algo que nunca me gustou facer. E aparte aquí a que debería estar arrepentida son eu. -E no momento en que as súas miradas se encontraron decatouse de que anos atrás habíase sentido atraida por ese mozo vergoñento e apoucado-. Eu xa sabía que era cousa de tempo que me pasara algo así, moitas noites soñei con iso pero non tiven valor para deixar de seguir facendóo o día seguinte. A de veces que me perxurei que o ía deixar, a de noites que ...., - e asomoulle unha bágoa nos seús ollos- . Que ben te vexo, segues igual que sempre.

-Ti estás preciosa, coma sempre te recordei, ...., preciosa.- Soltou a derradeira verba deixándoa suspendida no aire e xa co corpo xirado cara ela-.

-Non me veñas con loubanzas agora, con esta pinta que traio.

-É certo, sempre me pareceches moi guapa, e alguén especial, pero non sei, non coincidíamos moito, e, tamén a miña cobardía impedíame falarte e moito menos dicircho.

-A min tamén me parecías alguén especial, pero cando tentaba quedar soa para ver se te decidías a falarme sempre desaparecías con alguén. Alguha vez notei coma me mirabas pero cando eu miraba para ti torcías a vista, e coma nunca te acercaches a falar  comigo, pois..., pois non imaxinaba eu que....,.

-Se non fun foi por non atreverme, non por falta de gañas. Arrepetinme tanto de non facelo, de non ..., de non falarte inda que só fora iso, soamante falar e...- Notou como ela se lle aproximaba no sofá e foi na súa búsqueda-

   Ela acercou o seu corpo ó del, mirándóo os ollos e tentando de fuxir daquel afundimento que sentia, por primeira vez en moito tempo sentíuse con forzas para saír daquela situación. Colleulle a man coma se fose unha tabla no medio do mar do seu naufraxio, reprimiu as gañas de chorar e deulle un bico suave e tenro, o primeiro bico sincero que daba en moitos anos, pechou os ollos e deixouse nas súas mans.

  Él foi en busca daqueles beizos que se lle aproximaban, voltou uns anos atrás e saboreou aquel bico soñando en tempos mais felices, non quería separar os seús beizos dos dela, foi deixándoa caer no seu brazo e sen poder abrir os ollos buscou o sabor da súa lingoa, deixouse perder en mil sensacións que cría esquecidas e pouco a pouco foron afundíndose no sofá.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres