Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

EXTIRPACIÓN. (1ª CONSULTA)

-Boas tardes

-Boas tardes

-Qué se lle ofrece o cabaleiro?

-Pois verá, eu viña para que me extirpe o corazón.

-Para cambialo, quererá dicir.

-Non, para que mo saque. Non o quero, faime moito dano e prefiro vivir sen el.

-Diantres, ista si que é boa. E está vostede seguro?

-Si, estouno. Se vivo sen corazón non terei sentementos, entón deixarei de sofrir, e se non sofro poderei vivir mais tranquilo e ser felíz.

-Mire que se lle quitamos o corazón será moi compricado dar marcha atrás. Ou sexa, meterlle un corazón a quen non o ten é moi compricado, sempre hai rexeitamento, un corpo habituado a vivir sen sentimentos repele calquera tentativa de voltar a sentir. Eu non coñezo ningún caso de extirpación de corazón, hai xente que o perde ó longo da súa vida, o perde e cecais nunca o recupera, pero que eu sepa ata o de agora ninguén quiso que lle fose sacado voluntariamente.

-Enténdame doutor, eu sofro moito, e todo é por culpa deste maldito, prefiro unha vida oscura e gris que tantas penas que me amargan. Na miña vida fai tempo que non existen os bos momentos, as alegrías, nen tan sequera a ilusión así que prefiro perder a nula capacidade de desfrute que me poida quedar en aras de non sofrir maís. Será coma manter con vida a un enfermo crónico e evitarlle o dolor. Senon será este dolor o que me mate de tristura.

-Mírase que é vostede un caso extremo. Pero non quere probar antes algo non tan drástico, algo maís conservador, non sei, un vaciado de cerebro, un reseteado de imaxes, unha limpeza de recordos, home, podemos tentar facer algo desto antes que recurrires a unha ciruxía tan drástica.

-Non, eu non quero ter corazón, vamos, que non o quero ter dentro de min, que sento que me afoga. Non quero que me faga nada diso que me di, porque sei que voltarei a vivir os mesmos erros, as mesmas decepcións, a sofrir as mesmas penas, e voltarei a estar igual ó cabo dos anos, e eu non quero voltar a estar coma estou agora.

-E se o pensa un pouco maís, para estar todos maís seguros?. Démonos uns días antes de tomar a decisión.

-Que lle digo que estou seguro doutor, non lle dea maís voltas.

-Vale, pois pase por aquí dentro de quince días e faremos as probas da anestesia.

-Dacordo doutor. Deica entón .

-Deica, e véñame un pouco maís animado homiño.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres