Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

Economía Sumerxida

Prendeu a músicaó decatarse de que ía conducindo en silencio, por costume, sempre adoitaba a escoitar os cd no coche. Ía absorto nos seus pensamentos, engulido nunha sensación de infantil ridículo, fumando un cigarro, un vicio adquirido de volta ó ter tanto tempo libre. Volvía de casa de Nuria, derotado por aclararse con ela, ceibar os seus sentementos, por dicirlle que estaba a enamorarse de ela, coma fai 12 anos. Soltoullo na cama, inda suorosos e con a quentura do sexo recente, esa sensación de comodidade complice e rexeneradora, saliu así sen pensalo, embulido pola seguridade que ela lle daba cando estaban xuntos. Que estúpido era, pensar que ..., todo pasou tan rápido, coma estaba en paro e sempre fora moi mañoso as veces facía algún arregliño en casas para sacar algo de cartos, un día chamoulle un amigo dicíndolle que o marido de Nuria quería instalar unhas luces ó redor da casa para iluminar o xardín e a piscina. Foi de boa gaña, facía tempo que non a miraba e tiña gañas de vela, co seu maletín de ferramentas, un jeans, unha camiseta e unha tremenda sorrisa. O marido non estaba, o traballo, e antes de explicarlle o chollo, ela convidouno a tomar un café, charlaron das súas vidas, sorisos, outro café e un cigarro que non rexeitou despois de tres anos se fumar. Comezou a traballar, cables, focos, suor e unha cervexa para despedirse ata o seguinte día. Semellaba que en tres días recuperaran a confianza de antaño, ela ofrecíalle unha parada cada pouco tempo, cigarros, cafés, cervexas, recortaban a distanza de formalidade, tocábanse facendo bromas e así pasaban as tardes. Él pola mañá limpaba a casa, levaba a súa filla o colexio e a recollía para comer, preparaba a comida para a súa muller e esperaba ansioso que chegara a tarde para ir xunto a Nuria. O chollo casi estaba rematado cando ela lle dixo se podía colocar tamén mais focos polo xardín e cambiar algunhas luices da casa, él aceptou encantado, tomaron unha cervexa e subiuse a escada a rematar cun foco que alumeaba cara a piscina. Ela apareceu en bikini e meteuse na auga a darse un baño, él non puido evitar mirala, ela deuse conta e saindo da auga mollada e brilante dixolle que baixara e se dera un baño, que ía moita calor. Metéronse os dous na piscina, falando, chapotearonse xogando coma cando eran mozos, entre as brazadas, o movemento e os xogos remataron xuntos, de frente, ela deu un paso de frente miráronse os ollos e entre os dous salvaron os derradeiros centímetros que os separaban. Bicáronse, a modo, saboreando sensacións pasadas, ela prendeuno nos seus brazos pegándose maís, sairon da auga e seguiron na toalla, xa sen a parte de arriba do bikini, foron ata unha parte algo maís recollida contra o xardín e alí os bicos deron paso os movementos desbocados e así rematou o cuarto día. A semán seguinte non é difícil imaxinar coma sucederon as tardes, era un caluroso mes de maio, así entre piscina, cama e sofá transcurria o chollo de colocar as luces, sempre algunha desculpa nova, algunha demora no material, mais piscina e mais sexo.

   Joder, para que complicarme tanto, pensaba él esperando nun semáforo, somos adultos, é algo que pasou e xa está. O tempo libre, iso é o problema, coño. Dende que quedou en paro dáballe moitas voltas os miolos, ansiedade e horas valeiras, sentía a necesidade de cambiar algo na súa vida, un hoco, un algo que saira á superficie agora que non tiña moito que facer. Ordenador, internet, cursillos e visitas o INEM, limpa-la casa, coida-lo xardín, levar a filla o colexio, recollela, facer a comida, pero todo iso non o enchía dabondo, sentíase inútil, o non poder levar cartos a casa caía como unha lousa sobre o seu orgullo. Pero dicirlle a Nuria que a quería fora unha rapazada, setíase mal consigo mesmo, ferido e doente no mais profundo, fodera todo, co ben que  o pasaran e porque non algún día voltar a repetir esas tardes, pero agora non, agora todo se fora ó carallo. E mañá con que cara ía mirala, merda, como desculparse sen quedar coma un neno?, dáballe magoa rematar unha aventura que tanto o enchera nestes días, devolveralle á vida. Por outra parte, pensou, mellor así, tiña unha muller que se preocupaba por él, non o abafaba por estares sen traballo e non esixía mais do normal, unha filla que significou a maior ledicia da súa vida, unha bonita casa e mito tempo pro diante para levantar cabeza.

   Abriu o portal automático, aparcou o coche, entrou polo carreiro do xardín e a súa filla saiu a recibilo, bicouna e colleuna en peso, entrou na casa, bicou a súa muller e sen saber ben como sentíuse cheo coma facía tempo, sorrinte e cun vigor que afloraba do seú oscuro mar interior. Todos falaron de coma lles fora o día, sentados na terraza e bebendo uns refrescos, o solpor tintaba de vermellos e laranxas o xardín, era felíz, moi felíz, díxolle a súa muller que mañá remataría o chollo e deixando a súa filla no chan subiu a prepara-la factura para presentarlla o marido de Nuria.

0 comentarios