Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

A resaca, un estado de ánimo

   Finalmente quedou reducida a domingos grises inda que vaia sol, estómago recheo dunha medexa de aire e pesadez, dor de cabeza, penitencia e contricción, sequedad de pel, sede, agonía, fame ansiosa e maltratadora, cansanzo de corpo e alma, limbo de primeira feria, frío destemplado, movementos lentos e inconsistencia emocional. A resaca, rémora de noites estiradas ata o fin, de copas vertixinosas e tempo sen medir. Repetida coma un bucle en brancoa e negros, mil días, mi ldores pequenas, mil mortes celulares, mil despertares non querendo facelo. Pero dentro de esa repetición e igualdade encontreime recentemente cunha pequena muda de sentido, maís emocional que lóxica, un impulso de enerxía revivida e carente de novas emocións. Hai resacas que a mente tira do corpo para facer cousas, nas que tes gañas de sair, ver o sol, vivir a luz, as cores, nas que a ansiedade se transforma nun estado de felicidade e complacencia. Un estímulo na noite, unha cita, sexo, un encontro, poden mudar o estado de ánimo dando volta a loita emocional poñendo por riba a parte optimista sobre todo o negativo, e de súpeto a lucidez non se agocha tras unha falsa euforia, a mente sométese ó corazón e o desequilibrio tórnase claridade de ideas. O presidio corporal de tantos días responde a disciplina das endorfinas baixo uns límites físicos ineludibeis pero en clara posición de sumisión ante un destello de forza maior. Todo debe ser a conta dun preciso descanso mental, que atopa en eses pequenos instantes de pracer un oasis entre tantas ansiedades e estrés de negativismo, e entón durmir poucas horas non semella inconvinte para seguir a vida con firmeza e precisar de actividade mentres dure esa sobreexcitación hormonal. Un descanso na loita interna e bipolar que azouta a mente é agradecido polo corpo que fica manso e prediposto a obedecer, volvéndonos maís permeabeis as radiacións de positivismo e vitais.

 

0 comentarios