Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

Aplomes e desaplomes

Non qreremos durmir por medo a espertar, deixámonos mecer polas noites inacabadas e os vosos asubios de inadaptación. Copa tras copa, momentos de tocador, ansiedade nasal, hemorraxias de insensibilidade. Somos os asasinos da conversa, facemoslle buracos os cartos, os espellos de tantos outros, no que ningués se ve nunca reflexado, tanto nos mesmos coma todo noso arredor. Fuxindo de paixóns e afogando os sentimentos, ffutura xeración viagra movéndonos a ritmo de house e tecno por DJ´s excluíntes inimigos da indivialidade compartida. Inestabilidade vital agolpada en barras de deseño, vestida coas mellores marcas do escaparate, disfraces dos nosos afogados egos, vivindo en manada sen necesidade de pastor. Andróxinos por necesidade, non hai búsqueda posible cando o puzzle incompleto sempre queda na mesa; ninguén coñece a ningén, e mellor así, aforramos saúdos e demais verbas que poderian derivar en conversa. Ollos valeiros, vísceras envenenadas, gafas de sol, espellos das almas, adolescencias mutiladas, pastillas de moitos nomes dentro de minisaias de cadanseu coor. Vivindo de farol sen alumear, non faremos barullo pra non molestar, devecemos por non durmir endexamais, por esgotar tóda-las horas nunha soa noite, por que o sol quédese durmido noutro lugar que nunca sexa este. Non disfrutamos, transitamos con grandes cantidades de substancias tóxicas dentro de nos, non é certo que sexan tan malas, e total a vida din que son catro días, e algunha noite haberá que aproveitar, nos soamente somos bacterias vidas a mais e non sentimos necesidade de pensar, porque non queremos ter nunca tempo pra facelo. Taquicardias o volante das horas por chegar, noites devoradoras de estrelas, profunda soidade mirando o teito, estómagos valeiros, futuros en hipótese, presentes pretéritos, e entre punto e punto raia.

0 comentarios