Parentes
Fora do Copacabana Carmen sentíu frío, estremeceuse mentres seguía o paso de Ramón, sempre tan decicido, sempre tan o seu aire, calou ben a chaqueta tirando das mangas e apurou o paso. Colleron o auto e dirixíronse cara a praia, coma outras veces antes, só que agora non ían rindo e facéndose bromas, tiña gañas de chorar e sentía como as súas pernas comezaran a tremer. Aparcaron nunha explanada xa coñecida, en fronte do mar, non había xente a pasear e comezaba a anoitecer. Quedara coa súa curmán para ires as suas xuntas para casa así que non ían estar moito tempo, él miraba ó fronte, serio, tenso, pensando sen dúbida e metido nas súas cavilacións, ela, calada, mentres tremía entre o frío e un temor que comezaba a apoderarse dela. Por fin Ramón falou, comezou dicindo que tiñan que solucionar aquelo, que non era bo para ningún dos dous, que o había pensado moito e o mellor era poñerlle fin. Carmen, tras un rato de incómodo silencio, comezou a falar nervosa e a media voz, dixo que ela quería seguir adiante, Ramón faloulle dun amigo o que lle acontecera un caso similar e que coñecía un sitio en Barcelona onde o poderían solucionar, que neste momento ter un fillo truncaríalle a vida os dous, Carmen sentíu gañas de chorar, él comezou a falar maís a presa e alporizado, mirouna de fronte por primerira vez dende que sairan do Copa, segui a falar pero ela xa non escoitaba. Como remate ela dixoque tiña presa, que a esperaba asúa curmán e que se eso era o que él pensaba non tiñan maís que falar. Arrancou o auto violentamente e volveron o camiño andado, ela ía tragándose as bágoas e él conducindo a presa e mordéndose os beizos, a deixou na esquiña da parada do bus e despedíronse sen falar.
Lucia e Xavier levaban mais de un ano xuntos, a relación fora asentándose e pensaban en ires a vivir xuntos. Co gallo dunha boda na familia Xavier decidiu invitar a Lucia a acompañalo e de paso presentala os seus. Os dous estaban algo nervosos e despois da ceremonia e as felicitacións os esposos tocou a presentación á familia, pais, irmáns, avos, tíos e padriños. No auto, camiño do banquete, Lucia fitou calada e seria, Xavier tentou saber que lle pasaba pero ela semellaba pensativa. A comida pasou lenta e con poucas verbas entre eles, ela seguía extrana e Xavier non quería meterse moito no que lle pasaba e tentou de leva-la tarde o mellor posible. Na hora do baile aproveitaron para despedirse e marcahares, era mellor, pensou él, tal como Lucia estaba, forzando un sorriso que non lle viña a cara. Ó chegar á casa del sentáronse no sofá e collendoa das mans el tentou saber que lle pasaba, se era pola súa familia, se se atopaba mal ou se sentira incómoda. Ela, tornando a súa mirada cara él, mordeuse os beizos e tentou de comezar a falar, dando rodeos foi contándolle cousas da súa vida que él descoñecía.Díxolle que era filla de solteira, que os seus país casaran xa con ela nacida, que nunca coñecera nin había querido coñecer ó seu pai. Él non conseguía relacionar os feitos con nada que pasara na boda e manténdose calado deixaba que ela fora falando. Seguíu Lucia dicindo que o que era seu pai soamente o mirara nu npar de fotos que a súa nai conservaba e que llas ensinara tras moito loitar con ela. E, por fin, que cando lle presentara o seu padriño recoñecera a ese home, o home das fotos, o home que era o seu pai. Quedou muda por un intre, seguía seria e cos ollos perdidos, fixo por coller ela forte nas mans del e agarimouno. Sentíase, dixo, desconcertada, sobrepasada por unha sensación extrana e desconcertante. Nunca había querido coñecer a ese home, díxolle, non era tanto odio coma indiferencia total, o dano non llo había feito a ela senon a súa nai, pero nos seus plans non estaba esta situación, tiña teima de vover a velo, sentíase desacougada e non sabía coma ubicarse sabendo que era familia del.
0 comentarios