Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

As noites semellan frios transitos entre desinhibicións mal interpretadas, tremen de frío os corazóns entre centos de miradas de indiferencia. Os sentimentos buscan agocho nalgún perdido rincón dos mortificados corpos ante as traizóns dos despreizados bicos que semellan roubados. Ontes pretéritos que loitan por fuxir da memoria baixo as minisaias que os soños nos rouban. Amizades de bar, ereccións engominadas, adoramos as deusas que se atopan detrás da barra, complicidade de deseño suprautilidade das verbas. Rumiando os licores varios, imaxineria iconoclasta en vidros de mil formas e coores, agrupo nos petos toda-las substancias pra irme enveneando os poucos pretendendo querer esquecer o que non puido pasar ou deberia ser a outra realidade que non se contou. As miradas que se esquivan como os polos do mesmo signo, pretendemos que nos queran por non poder evitalo, mostrandonos inertes de paixóns, coma gando disposto pra por el puxar; loito nos ollos ante cada fracaso, apertas evitadas por non querer dar un pasiño mais, lume nas veas administrado por via oral. Non querendo ser nunca nos mesmos, valeirando as camisetas pra ver sen ser vistos, voyeurs das nosas ilusións, choramos o noso cadaleito fuxindo do posible door, agrupándonos pra semellar mais fortes ante os agarimos por dar, pechando as mans con cigarros que queiman o invisible muro que nos separa da libertade emocional.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres