O REMATE DUN CICLO
Os días foron pasando e o verán vai chegando ó seu final, eu resístome a gardar as bermudas e as camisetas pero as noites comezan a refrescar, e queiramos ou non o ano vaise inclinando cara ó seu remate. Onte estiven en Baiona e a vila xa está volvendo a normalidade dos meses en que pertenze ós seus veciños, os baionicos e as baionicas que é un novo xentilicio, os poucos turistas que quedan xa fan que a vida volva a transcorrer mais despacio, sen as prisas e agobios da tempada alta, a min gostame maís así, inda que eso non é o que opinan os que viven do turismo. Cada día sinto mais apego a esa vila, tan chea de carácter e de boa xente, estou pensndo en vivir alí unha tempada para centrarme un pouco e coller algo da sua maneira de vivi-la vida ó seu ritmo, penso que é o que agora necesito para repousar tanto o corpo coma sobor de todo o espírito; e ese é un privilexio que podo ter e non quero pasar sen el. Tamén algún amigo está pensando en mercar apartamento alí, estamos incorporándonos os poucos ó ambiente dos baionicos e as baionicas, queremos ser un deles, renegamos da cidade, Vigo está morto e cheira como tal, absórvenos tanto individualmente coma de maneira colectiva, rouba nosos soños, racha nosas ilusións, afóganos e inda nos cobra por sufrilo así, na súa inmensidade, somos os servos da Zona Franca, os remeiros da Gran Via, os que vivimos baixo o sireno, vítimas sen selo dunha urbe egocéntrica e claustrofóbica. Fuximos dos garrafóns do Arenal, dos atascos das Camelias, dos cheiros da depuradora, das eternas obras por tódolos barrios, da alcaldesa enfermeira, do fútbol de segunda, do cristo da victoria, das rebaixas medio ano, dos concertos de bisbal, do cinturon, a rolda, o palacio de congresos, e todas esas hipóteses; adeus lagares, adeus falperra, adeus inundacións en Bouzas, sei que ei de voltar, pero quero ser capaz de vivir sen os cláxones de madrugada, os locales de de seño, os baños sempre ocupados por xente que non vai mexar, sen a dobre fila, sen paga-la ora, sen telecidade, e sen os berros dos teus veciños. Que ben se queda un despedíndose así, pero non nos enganemos, todo iso é certo pero forma parte dun todo que ten tamen as suas partes boas, das que agora non me lembro por que levo prácticamente dous anos sen salir por Vigo, e a diario se vou polo centro e por cousas do traballo e ando ó meu. Pero voltarei as maravillosas praias, os minicines norte, as rebaixas medio ano, a pagar os meus impostos, a traballar, a mercar música e libros, pra vover sentirme afogado polas rúas que non deixan pasa-lo sol, en definitiva por volver saber como é a cidade na que nacín e que entre todos a fixemos así.
0 comentarios