Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

ESPIÑAS E CORAZÓN

ESPIÑAS E CORAZÓN Pecho os ollos e escoito unha canción, tarareo a melodia, repito o estribillo, e asoma unha imaxe á miña cabeza, unha rapaza morena cun sueter a raias de cores. Agora o tempo é pasado, as poucas verbas intercambiadas quedaron esquecidas na rede dos meses anteriores ó verán, e as miradas cruzadas seguen cravadas no meu corazón. Tras unha aventura fallida volvo pensar nunha que nin sequera tiven o valor de darlle a ocasión de que fallara, retrocedo casi un ano de pensamento e retomo a imaxe da rapaza da coleta. Inda que agora teño menos forzas que antes, pois o derradeiro golpe foi difícil de asimilar, eu nunca fun un bo encaixador, e o tempo corre da miña contra, terei que xogar ben as cartas e non envidar en van. Polo camiño falleille a algunha xente, outros me fallaron a min, abusei dos sms, non fixen chamadas que teria que haber feito, vinme querendo a outra, vinme deixándome querer, pero sempre me chegaban comentarios referidos a ela, cando non era eu quen preguntaba. Seguro que voltarei ós mesmos bares, poida que só, poida que ti non, pero estou acostumado a perseguir espexismos entre os fumes da noite, e teño os ollos educados pra buscarte entre os cinturons de pinchos. Deixádeme creer nesta derradeira oportunidade, sacar as espiñas do meu corazón e soñar con esa actriz das películas románticas; estou disposto a equivocarme outra vez, e ben sei que o daño pode ser case irreparable, pero como un neno egoista eu sempre quero tódo-los regalos, e índa sego a facer a lista eu.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres