Anxo caido
E moito peor ca Xudas, despois de negar ducias de veces, vas e volves probar. Esa sensación, de anestesia e orgasmo extenuado, esa sensación da expiración valeiradora, cantos recordos que se gardan nun plático. E dis, vale, só é hoxe, e convenceste que só é esta noite, e á vez convenceste de que non tes que renderlle contas a ninguén, de que estás só e sen un futuro alentador, xa estás convencido de que ela marchou e non sabes se para sempre. Bebes outra copa, outra copa, perdes a conta, bebes por inercia, queres desaparecer, anhelas os tempos dos silencios de noite e o autismo que as drogas produce. Sabes que agora é diferente pero non o queres recordar, non podes mirar á xente á cara e tratas de escoitala música, sábeste pálido, nervoso, sábeste fantasma nunha esquina do bar. Descóbreste perdedor asumindoó, non o tratas de ocultar e só pensas en pasados non mellores pero si tranquilizadores e sen o peso do tempo, non podes fuxir de ti mesmo e o asumes como unha derrota maís. Mañá será outro día en negro ou en vermello, tanto te da porque ti non pensas xogar nin tes crédito para apostar, esqueceches as cartas marcadas e o sabor da victoria. Os cartóns de crédito xa non bastan para mercar felicidade nen tempo, as agullas do reloxo crávanse como frechas no teu peito e os vasos cada vez son maís grandes, as noites xa non son inflamabeis nin eternas e semellan condeas de pensamentos fracasados, pensas en que hoxe é un día especial e tratas de esquecer de que hai un mañá, un pouquiño nada maís, sei que non está ben pero non o quero saber.
0 comentarios