Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

Os fíos do vento ( o conto que custou parir)

    Paseando pola praia, despacio, parándose, observando cada recodo coa súa cámara de fotos, tratando de atopar algo que encha o seu sentemento de valeiro, unha imaxe, un recordo, un momento para recordar. O ceo muda entre grises de diferentes tonalidades, nubes de cinza, nubes de carbón queimado, nubes e ceo ,que case non é azul, plomizo e ausente. De cando en cando o aire golpéalle a cara, unha ráfaga fresca coma un caramelo de menta que lle sacude e lle fai notar os pes na area e a sensación de estar vivo, sempre lle gustou o vento na súa cara, espértao e acercalle ó mundo. De seguro que hoxe non vai atopar unha posta de sol coa que prácticar os novos coñecementos de fotografía adquiridos lendo páxinas de internet, pero enfráscase en captar as ondas contra a praia, contra as rochas, os recodos da costa na parte en que o monte cae sobre o verde-azul océano. Séntase, deixase caer na area e observa alí á súa dereita a vila, a vila á que decidiu fuxir uns días, maís por fuxir do que era que por atopar o que quere ser, non fai moito que estivera alí por primeira vez e xa daquela sabía que ía voltar pero non pensaba que fora tan pronto. Moitos eran os sentementos que o levaran a estar así de  agotado, sentíase valeiro, só, sen ánimo, sen amor, sen perspectivas de ningún tipo, e o peor de todo era que non se vía capaz de mudar todas esas cousas que tanto o desacougaban. Así, deitado sobre a area de lado afanábase por atopar ó mellor ángulo para capturar as casas que se erguen sobre a paraia e o porto, o color grisáceo da tarde dáballe un ton que facía semellar unha imaxe antiga. Dispara, érguese un pouco, volve a disparar outra foto, e cheo de area rola pola praia seguindo o vó dun corvo mariño. O mesmo hostal, o mesmo cuarto ó fondo  do pasillo alí onde o vento golpea mais forte, as mismas vistas de leiras apenas traballadas, casas colocadas sen orde, ca vila ó fondo e por entre os edificios o mar asomando omnipresente. Érguese e camiña pola praia acércandose a vila, salpicase a area da roupa e deixa caer a máquina pendurando sobre o seu peito.

   Mentres ía camiñando cara as escaleiras que suben ata o paseo sobre a praia mira como por elas baixa unha moza com algo nas mans, un aparello de cor azul e branca, chega á area e deixando no chan o aparello comeza a desliar unha especie de tanza, estirando e desdobrandoa. Segue camiñando mais paseniño intrigado por saber que sería aquelo que a moza extende cando ela comeza a correr pola orilla e o aparello comeza a coller vo, unha cometa, iso é o que era, que comeza a erguerse cara ó ceo loitenco co vento, subinod maís, baixando un pouco, tratando de manterse a frote entre o aire. cando a moza pasa maís preto dél obsérvaa un pouco mellor, debe ter vintetantos anos, ,morena, cun sueter marrón e uns pantalóns vaqueiros, crúzanse unha mirada curiosa e cada un segue na súa dirección. Sube as escaleiras que a moza acababa de baixar e séntase nunha terraza do paseo, valeira e gris, pide un zume e fita a mirar para onde a moza loita co vento para manter a cometa no aire. Ábstraese disfrutando do momento de ledicia da moza na praia, sempre lle enterneceron eses pequenos momentos de de felicidade vividos de forma tan natural. Movido polo sentemento voyeur do observador fora da escea votou a man á cámara e tirou unha foto, como quen cobra unha peza única que só a él lle ten sentido, seguiu o mevemento da cometa e tirou outra foto. De súpeto quedou enganchado á aquela escea de loita física entre a cometa, a moza e o vento, cada quen tratando de governalos outros elementos, buscou novos enfoques, usou filtros para mudar a cor, vermello, azul, verde, acercaba o zoom, alonxábao, probaba todo o que lle ía vindo á mente outras veces tan reacio a sair despois de tanta teoría da fotografía releida centos de veces. Un cigarro abandoado no cinceiro consumiuse só, os xeos do zume derretéronse, a luz da tarde foi mudando a tonos mais escuros e plomizos, dandolle forza o gris das nubes que se tornaban prateadas mentres o día comezaba a desaparecer empuxado pola noite que viña chamando con ráfagas de vento que golpeaban freecas a súa cara. O tempo pasou sen darse conta e unhas pequenas gotas caeron sobre a mesa traidas como follas no aire, a moza debeu sentir tamén as gotas e facendo baixar a cometa comezou a recollela e abandoou a praia camiñando cara ás escaleiras por onde antes baixara. Él gardou a cámara na súa funda, pagou o zume e tratando de non cruzarse con ela pola vergoña do voyeur tirou a andar polo paseo cara o hostal para asearse e cear.

    Apenas levaba uns metros camiñados cando escoitou que alguén o chamaba-señor, oia señor- xirouse para cerciorarse que era por él e mirou que era o camareiro da terraza quen berraba, -deixou atrás o acendedor-. A moza da cometa que pasaba onda o camareiro colleu o acendedor dicíndolle algo e tirou cara onda él estaba facendo que lle entrara unha sensación mezcla de vergoña e descolocación.

-Creo que isto é teu-. Dixo ela cun soriso candochegou xunto a él.

-Si grazas-. Acertou a respostar.

-Inda que non sei se quedarmo en pago polas fotos que me sacaches-. Dixo cunha expresión compracida e sorinte.

-Eh, ..., perdoa, é que era unha imaxe moi plástica, un cuadro digno de enfocar e non sei, tirei unha foto e logo non puiden parar. Sintoó.

-Non te preocupes home, non me molesta-. A cara del estaba colorada e falaba atropelándose.- O que si quero é mira-las fotos, iso si que mo debes.

-Claro, si, eh., cando queiras, descárgoas no ordenador e podes velas ou se queres douchas para ti, como ti queiras.

-Non home non, eu con velas xa me dou por pagada, podes quedar ti con elas.

-Pois ti dirás, eu estou aloxado no hostal, se queres podes vir e mirámolas agora.

-Agora non podo, teño que facer algunhas cousas, un poco mais tarde, pero tampouco te quero molestar, terás que cear ou algo.

-Pois facemos unha cousa, convídote a cear cando remates e miramos as fotos. Así págoche por fotografarte sen permiso.

-Dacordo, quedamos despois, e toma isto é teu-. E deulle o acendedor que ind atiña na man.

   No cuarto do hostal descargou as fotos e grabou un cd con elas, sentíase contento cunha sensazón non habitual en él, un sentemento esquecido en forma de rebumbio que saia o exterior. Duchouse, puso música, correu as cortiñas e a noite cos seus negros ropaxes asomou á fiestra, escoitábase bater o vento nun xogo de ráfagas e carreiras escapando do mar e recordando que él tamén vive entre nos. Prendeu a tele, xogou co teléfono, comezou a vestirse mentres daba voltas polo cuarto sen rumbo e sen sentido, rematou de peitearse e decidiu baixar  á cafetería. Había unha pouca xente na barra, pediu unha cervexa e sentouse nunha mesa, seguía inquedo e ansioso, a paciencia nunca fora o seu forte, prendeu un cigarro, colleu un periodico e púxose a leelo. Ela non tardou en chegar, sentouse e él deulle o cd coas fotos, voveu a bromearlle co que pasara á tarde, voltulle a vergoña e o falar atropelado. Pasaron ó comedor, él deixouse guiar polas suxerencias dela, en porto de mar peixe, coma era lóxico, un entrante pequeno e viño branco. A conversa comezou a facerse mais tranquila, falaron de fotografía, da vila, dos lugares para visitar, das súas vidas,a situación era moi amena e cordial. Xa cando pediron o postre falaban de seguido, fluidamente e coa viveza dos que se interesan por coñocerse.

-Espero que me sacaras guapa-. Soltoulle ela xa con confianza.

-De seguro que si, espero que che gusten as fotos.

-É unha mágoa que non as poida ver ata mais tarde, tiña curiosidade por velas.

-Se queres podemos subir ó meu cuarto e as podes ver no ordenador.

-Non, que dirían de min, aquí todos nos coñecemos, e logo as faladurias sonche moi malas nas vilas.-E dixo esto con expresión compracida e reservada.

-Perdoa, non quería ,.., comprometerte, eu, ..

-Xa, home, xa, era só un comentario, non te atragantes-. Dixo Sorindo con gañas.

-Pois xa me dirás que che pareceron as fotos.

-Espero que si, pero para iso terás que voltar, hoxe era o meu días libre e non creo que nos volvamos a ver.

-Entón mañá non hai cometa na praia?-. E fíxose o apenado mirándoa os ollos.

-Non, ademais, creo que vvai chover, que este aire ven do mar e trae humidade.

-E non podemos tomar unha copa e seguir charlando un chisco?

-Podemos, claro que si.

   A noite quedara fresca e coa profundidade coa que se amosa cando a lúa non luce, as nubes eran un todo escuro e impenetrable. Seguiron a falar tomándose unha copa, soriron, beberon e conversaron durante unha hora que pasou moi rápido para os dous. Ela tiña que marchar, o seguinte día madrugaba, na rúa despedíronse mecidos por un aire que xogaba acercándoos e alonxándoos facendo que os pensamentos fluiran rápidos e presurosos, atrapandoos no seu labirinto.Él deulle o seu teléfono por si algún día pasaba por onde vivía, ela díxolle que tiña que voltar se quería saber o que lle pareceran as fotos, e o vento os separou, cada un tirou polo seu camiño,  alí onde a rosa dos ventos desnorta ou nos leva a bo porto, envolvidos nos seus fíos  invisibeis de forzas, rachas e direccións cada un sabía o que tiña que facer.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres