Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

Mr. Blonde e os pequenos

   Mr Blonde leva na cara o curriculo, as vivenzas, o cansanzo e o tempo. Outra noite, outro sitio, outra merda outras risas, mais e mais, sempre o mesmo, e os nenos que lles tiran manises os monos. Non se sorprende xa de nada, o bucle resulta canso demais, semella unha condea da que non pode escapar, 10 anos e un día saindo de noite, por bares, tugurios, entre nenos, nenas, ionquis, mais nenas e mais ionquis, camellos, amigos e almas castigadas das que pende un corpo. Apoiase e observa, os nenos queren xogar coas gacelas, pero xa non teñen a axilidade dos felinos, os anos na reserva non perdoan, medio sorrí e pide un pito, eles sempre levan tabaco enriba e mais os días de excrusión. Non debe beber demais inda que é o que a noite lle pide, como encargado dos nenos debe levalos o hotel a salvo das hienas, masca goma e sorrille a unha moza sabedor de que o seu corpo xa non está para correr, nin unha verba, nin un movemento, hai que gardar as forzas para cando sexan precisas. Beben sen descanso, a travesia do deserto durou moito tempo, e saben que teñen que aproveitar a parada no oasis e facer día de carnaval no mes que sexa, bolsas que pasan de man en man coma se foran cromos, aseos sen espellos, esquinas imposibeis, cabezas erguidas e bocas tortas. Mr Blonde séntese o perdedor pero mantén a postura coma o cantante dos Ramones, corren os cartos, dereitos, torcidos, en círculo, en barra, 100, 200, 300, hai crédito, free finance, chove  e escampa, fálalles no seu idioma apaiase na parede e pìde outro pito e as ofertas de rubio-negro fan que se sorprenda por primeira vez na noite. Cara de duro como a mellor defensa, traxe impecable, ollos de mirada profunda escrtadores dentro dos bares, mete a camisa por dentro e se deixa convidar a unha copa, cambia de marca de whisky coma prevención a certas horas por costume para evitar os seguros efectos ó día seguinte, unha semiconversa, unha aperta, unha gracia, un sorriso, e volta a buscar un sitio dende onde poida ter vixiados a tódo-los nenos. É tarde, está moi canso xa, pide outro pito e os vai colocando en fila para coller os autos, un par deles pérdense entra as gacelas que lles pasan saltando preto, moi preto, pero nunca o seu alcance nun xogo triste coma un deja-vu, trata de impoñer a súa autoridade, un ultimatum, arrancan os autos, chegan o lugar de descanso da única etapa, soa o teléfono, os nenos rezagados, vencidos e agotados nos seus xogos chaman a Mr Blonde, que carallo hai ou no nhai taxis?

0 comentarios