Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

TRI-DUO-EGO

Era a mañá seguinte, a ventá estaba aberta, ventilando un cuarto de sabanas enroladas, a porta do baño entrepechada mentres ela saía da ducha pudorosa como era tapada cunha toalla e véndose no espello mentres se peiteaba os cabelos. El seguía na cama, esperto dende facía tempo, sen gañas de coller olibro que tiña sobre a mesiña, inerte, pensando sen saber que pensar. Despois daquilo acostáranse sen moitas verbas e trataron de durmir inda que ós dous lle costou, en silencio sucedéronse as voltas na cama, os supiros, os movementos nervosos e un paseo del para beber un vaso de zume. Fora unha sorpresa grande para él, nervos o principio, carnes mornas despois e unha excitación e desexo nunca vividos mais tarde rematando en movementos, suores e suspiros. Os ollos vendados, as mans presas, o corpo nú, tacto, oido, sabor, sexo, extrano e cunha descoñecida ademais da súa muller que o tocara, sentira e foderan entre as dúas, ou entre elas, ou unha, ou...?. A súa imaxinación ruxía cos motores a ralentí presta a construires unhas imaxes posibeis ou non, cos ollos pechados quedou sen imaxes na carpeta, era coma un conto sen título, un libro sen portada, él sentira, estivera alí, fora o centro, unha esquina, o borde, estivera pero non podía porlle imaxes a aqueles momentos, a meirande excitación da súa vida. Un recordo sen imaxes deixate orfo ademais de intrigado, agora tendido na cama setía gañas de fumar un cigarro, de almorzar, de darse unha ducha de coller a súa muller e facerlle o amor, estaba cheo de ansiedade e de preguntas pero ela ó acostarse lle dixera que aquilo fora unha sorpresa, un agasallo polo seu aniversario e nada maís, e non quería comentar o tema, coñecéndoa sabía que aquilo habíalle costado moito, vencer o seu pudor, os prexuizos, a vergoña, fora un acto de grande xerosidade moi grande pola súa parte. Érgueuse e foi á cociña a prepara-lo almorzo, que menos que facer algo por ela esta mañá pensou, despreguizouse, estirou o seu corpo feliz e preparou a mesa.

Cando almorzas con alguén que non quere falar calqueira pequeno ruido é molesto, e as verbas non saían, quería dicir algo pero non sabía que dicir, non quería que a conversa se fora o tema da noite anterior pola súa culpa, e sabía que a súa mente estaba inda pensando nelo. Ela comía cos ollos baixos, sen querer miralo, masticaba despacio, pero con cara de non saborear, querendo que o tempo pasara sen preguntas, sen conversa, sen ruidos, só que pasara coma a moa dun muiño que xira e xira mentres pasan os minutos, as horas e a vida segue sempre cara adiante. Tiña o pelo mollado, a cara limpa e fresca e un aroma doce e humido, parecíalle maís fermosa que de costume, quedou q mirar pa ela quedo, cunha bolacha na man e a boca entreaberta, sorprendeuse desa percepción de percibires tanta beleza na súa muller, sempre fora unha rapaza riquiña, rubia, algo maís alta ca él, de corpo esbelto e poderoso, un corpo de muller como a él sempre lle gostara. Deuse conta de que ela o descobrira mirándoa pero non tratou de disimulalo, mordeu a bolacha e segui a mirala, ela pusose algo intranquila o sentirse observada, colleu o vaso con zume, bebeu e o volveu deixar facendo algo de riudo demais, buscaba onde fixa-la mirada sen encontrarse cos seus ollos, mollou un croisante no café e sorbeu cos ollos pechos. Notando a súa incomodoade él envalentonouse a falarlle, esa situación dela, nervosa e chea de pudor fixo que collera a confianza precisa para dicir algo:

-Hoxe estás especialmente fermosa-. Ela case atraganta co café e de esguello miara cara a él tragando a naco que tiña na boca pero apartando rápido os ollos.-Perdoa, non quería que te atragantaras, pero tiña que dicircho-. E dibusou un sorriso nos seus beizos tratando de darlle confianza.

-Pos.....grazas!-. Acertou a dicir levantando a vista para por primeira vez no día mirarse de fronte.

-Non, grazas a ti, síntome moi afortunado de terte preto de min, de que sexas a miña esposa.

-................

-Seica te sorprende, xa sei que non son moi dado a estas cousas, pero tamén sabes que non podo calar o que penso e quería dicircho porque así o sento.

Ela voltou levanta-la vista e medio sorrindo mirouno cos ollos metade doces metade amargura. Fitou mirándoo, unha loita de pensamentos envolvíanlle a mente, non sabía se definitivamente sorrir, se chorar, se alegrarse, se entristecer, queríao, sentíase protexida con él, acompañada, escoitada, comprendida case sempre, realmente non tiña moita queixa del. Él sempre estivo nos malos momentos, falou cando tiña que facelo, calou cando tiña que calar, non, non era mio agarimoso per otampouco ela o era nin gostaba de selo, pasou de serer un coñecido gracioso a un amigo con quen poder falar, e de ahí a unha parella, así sen moitos sobresaltos, mentres os dous encamiñaban as súas vidas profesionais deron en vivires xuntos coma algo natural, e a boda só significou un pasiño maís, algo que tiña que chegaar e chegou. Todo pasaba pola súa cabeza mexturado coa noite anterior, a vergoña para preparar ese encontro, unha noite de trula e borracheira coas amigas, as confesións con unha delas, o que pasou dunha broma a algo serio. Si, fora cunha amiga, con quen mellor?, a ela non lle pareceu mal a idea, sempre fora mis decidida, uns cantos cafés, algunha conversa por teléfono, uff, como lle costara decidirse a dalo paso. Tiña medo de facelo, medo a perder algo que non sabía ben o que era, indefensión, pudor, temor a sentirse comparada, a perder na comparación, dúbidas e maís dúbidas que nunca chegaron a desaparecer de todo por moito que a súa amiga a tranquilizara, en que lle vendaría os ollos a él, en que só fora unha vez, só unha vez e non maís. Él erguesuse e comezou a recolle-la mesa, o silenzo semellaba unha capa demasiado curta para cubrires a falla de conversa, ela levantouse e foi cara ó cuarto, tiña que face-la cama e quería facerlo soa. Escoitaba os ruidos da cociña, do fregar as tazas, abrir e pechar alacenas, o edificio tamén comezara ese mudo traqueto das mañás de domingo, inspirou forte, abriu a fiestra, hoxe ía ser un día longo e non podía quedarse soa para purga-las súas teimas e culpas. Rematou de alisar a funda nordica e él asomou pola porta e entrou no baño, deixouse caer sobre a cama sentindose envolta nunha capa de pecado e pensou en poñerse unha copa mentres o esperaba.

 

0 comentarios