Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

PETER PANS E LOLITAS

A década decadente, entre os trinta e os corenta, Peter Panes e Lolitas, un futuro lonxano e formal demais para quenes inda teñen frescos recordos de xuventude gloriosa e inconformista. Semellamos ancorados a unha vida de insoportabel rutina e soños en etapa terminal, continuos bucles de tempos pasados que foron maís fugaces do que pretendemos recordar e tan compricados coma outros. Costa poñer os pes sobre a terra e seguir o camiño, miradas a curto prazo e moitos xuros por pagar. Seguimos na búsqueda dun escape redentor, travestismo de fin de semana, vigorexia con caducidade, ansiedades tatuadas no rostro. Medio mozos, medio homes, medio mulleres, medio sen centrar, memoria suicida, claustrofobia mental. Relacións de semáforo, noites víricas, lóstregos de vitalidade, sexo desacoplado, fame de utopía, medos de almofada. Perruquerías, zapatillas, vaqueiros caidos e depiladoras eléctricas, eterna xuventude, físicos inconformabeis, camisetas negras e sorrisos de espello. Non hai todo posibel en medio dunha nada constante e estremecedora, ambicións con alfinetes, dentes que non morden, comida xaponesa e comunicación non verbal. Búsqueda constante dunha identidade non segura, escapsimo 2.0, neveiras famentas, viaxes imposibeis, noites de cine en avi, ceas con copas, lambrusco, salsa de solla, bolsas de xeos e partidas de trivial.

0 comentarios