Saindo a frote
De noite espertou suando, coma se un lóstrego que lle pegara nos miolos, abrui ben os ollos e ficou sorprendida e lúcida. Chegara o pobo para o enterro do seu pai, pasara tres días entre sentementos encontrados de dor, desarraigo e valeiro. As cousas correran maís ca ela, tres días, so tres días e había dado fin a relación, inconsistente, pero relación co seu mozo, chamara o traballo para pedir 10 días maís e rematara discutindo co seu xefe e ameazando con marcaharse, fora coa súa irmá de excrusión polo monte, saíu unha noite a tomar algo e acostárase co seu primeiro mozo. Tomou consciencia de toda a información e sorprendeuse ó atopar que non se arrepentía de nada. Era coma se unha partde de si mesma, unha parte que estaba agochada no seu interior saira a frote para facerse protagonista despois de tantos anos cubrindo etapas dispostas e obxetivos marcados por outros. Asomouse a fiestra a botar un cigarro, o calor da chaira pegoulle na cara, mirou os montes do fondo, alá camiño de Portugal e respirou ese aroma morno da terra que case esquecera. O silencio, ese silencio que tanto odiara antes agora pareceulle música para a alma, a estrada vella de Madrid, deserta agora despois da construcción da autovía, e apenas un puñado de luces alá arriba na pobo. Todo eso que agora a rodeaba, tan familiar e tan desprezado estes derradeiros anos, todo eso formaba parte dela, unha parte que tomaba importanza así de súpeto enchendoa de vida e orgullo.Deixou a fiestra aberta e meteuse na cama enchida de todo aquilo, pechou os ollos e pensou, o galo non tardará en cantar.
0 comentarios