Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

SALTO XERACIONAL

Fuxo das discotecas, da música de máquina e de productos de televisión, dos locais onde cobran por entrar e un home rodeado de esteroides ollate de arriba a baixo coma escaneándote. Esquivo as conversas da xente da miña idade, arrepíanme os créditos, os pisos, as bodas, os fillos, a idea de depender para seguir vivindo. Deixei de sair con xente de miña idade e salteime unha xeración inda que o meu corpo recórdamo cada domingo, os amigos comezaron a casar, vivir coa moza, o crédito non lles permite sair polas noites, e eu quedei semiafastado, sen moza, sen crédito(inda que pouco me queda), sen fillo, sen mirar noite de festa o sábado pola noite, ou salsa rosa, sen ir a merca-lo pan o domingo en chandal. Agora saio con xente de vintepoucos anos, con a pausa que me da a experiencia de xa haber vivido moitas das cousas que eles inda tratan de expremer como se o tempo se lles acabase, polas noites prefiro estar sentado que saltando, a miña peor moña xa pasou e non é sempre a derradeira, as drogas xa as experimentei de sobra coma para perseguir os camellos as tantas da noite. Pero o que mais custa é o trato coas rapazas de vintepoucos, a elas quédanlle moitas experiencias por vivir, saben que hai moitas frores no xardín, e queren pisala herba e senti-lo seu frescor, mentres eu sentome na hamaca cun mosto na man nun recuncho do xardín e procuro disfrutar do atardecer fumando un cigarro. A vida son etapas que un ten que percorrer por un mesmo, unha aprendizaxe continua e que cos anos mirase dunha forma mais pracenteira, recordando as malas experiencias coma un pequeno door de moas; tras unha noite sei que haberá un novo día, tras unha moza voltas a levanta-la vista e volves ver que quedan moitísimas frores no xardín ,cadansua co seu aroma, cadansúa co seu color. Non necesito chegar as oito da mañán a casa para disfrutar unha noite e se non me bebo oito copas é por que non me apatecen, ós concertos vou a escoita-la música e non a dar saltos e repetir as partes das cancións que me coñezo de memoria, se conduzo non bebo por que a min nunca me tocou a loteria, e non creo que é difícil que te paren os green/in/man, e aparte diso condúcese mellor sen estar peido(disto podo dar moita fe). Pero algo que me encanta desta xeración de xente nova coa que ando son as súas ganas de vivir, notáselles na cara sobor de todo cando falan do que lles gusta, do que estudan, ou do que queren chegar a ser, levan a ilusión dentro na súa mirada, preocúpanse mais por coñecer do que facía a xente da miña xeración, son maís directos, se algo non lles gusta o dicen, inclusive se preocupan maís polas demais persoas, non molestan os que están traballando, non se deixan asoballar e saben que merecen ser tratados coma unha persoa maior que eles; devecen por coñecer sitios novos, xente nova, unha canción que lles faga senti.la música coma só se sente cando tes vinte anos, unha fragancia nova doutra nova fror no xardín, o orballo das noites do final do verán, unha caricia na meixela, unha aperta de cariño, ou un bico de amor. Hai miradas que enamoran con eses reflexos de alegria nos ollos, ese brillo de felicicidade completa que non se apaga nin na semiescuridade dun local, hai rapazas as que non lles podes mirar mais que para os seus ollos e afundirte na profundidade do seu iris facéndolle o amor sen tocala, mergullandote entre tanta dozura, esquecendo por un intre que ti xa tiveches vintedous anos e que ninguén che contou o maravillosos que eran.

2 comentarios

fdshgfj -

I like your Site looks too good please visit my torture gratuito

fdshgfj -

I like your Site looks too good please visit my http://www.naga-galeria-modelki.ih.xsx.pl