Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

ANO NOVO, IDEAS VELLAS

ANO NOVO, IDEAS VELLAS Outro ano que seguimos a sobrevivir neste mundo, novoas metas, novas ideas, vellos vicios. Tra-las panzadas das festas navideñas debo escomenzar a perder peso, subín catro quilos que teño que baixar en dous meses, este é o meu primeiro onxetivo, logo este deberá ser o ano da independización do nucleo familiar, antes de oito meses espero vivir no meu propio fogar, polo de agora non teño obxetivos maís urxentes ca estes dous salvo no traballo, pero ise é outro cantar. No capítulo das ilusións sen valorar porcentualmente debería ser un bo ano para atopar unha moza e abandoar esta soidade que me afoga nos derradeiros tempos, outra sería deixar de fumar, pero a sra ministra xa puso data por todos nos: 2006.
Sería un bo ano para facer esa viaxe que tanto tempo levo esperando a Praga, xa me perdín duas voltas dalgúns amigos/as por lios no traballo, pero organizandome ben todo se andará, tamén debería sacar tempo para ir uns días a Malaga a visitar unha amiga e a Salamanca, a cidade da marcha sen fin, para unha festa que pode acabar coa miña saude por unha semana polo menos. Tamén me propuseron un fin de semana en Ourense de troula e vicios varios, os carnavais de Verín son cita ineludable dende hai sete anos, e gostaríame voltar por Ponferrada, unha vila que me encantou; algún sábado debería ir por Ponteareas a visita-los meus amigos camareiros/as, e Pontevedra ten un par de garitos novos que me recomendaron bastante, ademais de ser onde vive meu irmán, Sanabria é fermosísima no inverno, e a súa xente moi amigable e aberta, un primo que estudia en Oviedo xa leva tempo recordándome que nunca lle fixen unha visita, e en Xixón vive un dos meus grandes amigos, a novia dun amigo invitoume a pasar unha semana en San Sebastian, e en Salas dos Infantes , provincia de Burgos, hai unhas das festas mais etílicas as que asistín, e unhas rapazas moi fermosas. Teño un amigo facendo a teses en Finlandia e mais en Oporto, e moita familia en Arxentina por coñecer, outro amigo en Xapón dando clases por videoconferencia(alí debe estar todo compretamente deshumanizado), e duas amigas de prácticas en Madrid, outra cun master na Coruña, e un amigo que se mudou a Cangas, e algo mais que se me quedará esquecido de seguro, e teño un calendario diante que se me quda pequeno para tato viaxe.
Non me vai chegar o 2005 a nada, e menos cando comece a pagar o piso, que entrarei en economia de subsistencia, así que de momento sei que esté sábado vou sair por Baiona, coma todos neste derradeiro ano, e despois xa verei o que fago, seguro que comezo a pome excusas para non facer todo o que quero pero eu sempre fun así, por iso inda sego sen moza, fumando e vivindo cos meus pais, polo de pronto feliz ano para todos e que sexades o mais felices que poidades, e facer o que teñades que facer ou polo menos o que vaiades podendo, deica!.

0 comentarios