ETERNA XUVENTUDE
Debo ter o complexo de Peter Pan, non me aclaro coas mulleres da miña idade, os trinta anos elas éntranlles unhas prisas incomprensibeis por vivir en parella, polas ceas íntimas, semella que pensan que xa levan moito tempo estragado en bares e vida de solteira. A maior parte das veces as conversas son de temas xa pasados, do felices que fomos e dos casamentos das amigas ou amigos, do difícil que se fai manter un piso unha persoa soa, dos creditos, e demais problemas monetarios, e inevitablemente de quedar outro día pra cear e tomar unha copa, non parecen disfruta-lo momento se non que prefiren trazar algún plan e non dan un paso sen saber onde van pisar. Non pretendo xeralizar, pero sempre caio nos tópicos, isto dígoo por unha noite recente na que quedei cuns amigos e unhas rapazas que non coñeciamos, agas un de nos, que eran moi agradabeis, pero moi serias a vez, moi centradas na súa vida, e nos plans que semella teñen trazados para o seguinte lustro, inclusives falamos de fillos e pisos na praia, e iso é algo que me amola porque eu non penso maís aló da seguinte semana, por iso prefiro falar con xente de vintepoucos anos, xente que ten a ilusión case intacta, que disfruta as cousas pequenas e que non lle piden nada a vida maís que ser felices como o foron ata agora. Disfruto coas suas caras de felicidade cando falan de algo que os ilusiona, saborean cada imaxe dos seus soños coma unha derradeira calada a un cigarro, e manteñen os ollos espertos, pois inda queda moito por vivir e por disfrutar, así que eu intento seguir sendo maís xoven do que son, pese a que a miña idade hai sitios nos que sexa mais de cinco anos maior cos demais, pero non teño prisa por chegar a onde agora non pretendo chegar, e non é por medo ó compromiso, senon por non caer no compromiso fácil e forzado.
0 comentarios