Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

ESPELLOS QUE NON DEVOLVEN AS MIRADAS

Trinta anos sen durmir, non hai tempo a pensar cando non te ves nos espellos, cando o demo descansa sempre aparece algún amigo, o caso é estar sempre na cresta da ola. Vivindo a destempo peiteado e con camisas escuras, tocando o dexeso ca punta dos dedos, os beixos sempre tensos esperando a saida dalguha verba, os miolos encollidos tentando non saber o senso de tantas percepcións. Alugando paraisos e illas desertas cada noite pechandonos nos baños dos bares, redondeando os cartos procurando non pechar o círculo pola posibilidade de poder volver a multipricar de novo os pans e os peixes.
Música de xeos redobra na nosa testa, ollos que se afunden nos rostros pálidos e secos tentando invertirse e ver cara dentro de nos fuxindo de todod o que nos arrodea. Estrelas colgadas das lámpadas de espellos, camareiras coma zombies anorexia de sentir noxo, mordendo a carne sen saboreala, polvos brancos sexo a golpes, negocios furtivos cárceres do amor, desafectos gardados na axenda con tonos de disco, obrigas por non evitar. Ración de intramundo semanal, ollos que non se moven, que se pechan ou que buscan o ceo nos focos do teito, soños por enterrar no pozo do valeiro eterno, movementos individuais en grupo, manadas de ansiedade felacións en coches alemáns, intermitencias verbais onomatopeias de socorro tatuadas nos torsos suor e perfumes italianos, berros corporais, esquivando as sirenas navegando sen patrón por teu mesmo mar, estamos no teu espello e non sabemos chorar, ensinamos os dentes pero non mordemos, sabemos quen eres pero non nos queremos amosar, non hai tregua posible cando a noria non se quere parar. Odiamos os nosos semellantes cada hora de cada día detrás das nosas gafas de sol, rachanos as fotografías pola metade para non sair xunto a ti, estamos fuxindo sen movernos, e desenrolamos os billetes para pagar o café.

0 comentarios