Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

MEDOS E CANSANZOS

Adoito ter saidas para cada situación que me poida acontecer, vístome de seguridade ante a xente que non coñezo, é un acto de autodefensa para agochar a miña debilidade e a miña persoladidade tímida e dubitativa. Pero hay situacións nas que a miña coraza desaparece de repente, sen que poida facer nada para evitalo; cando falo con algunha muller que me interesa nunca aparece o meu traxe de supermán, cambio o ton da voz, escoito aparvado tentando que non se me abra a boca e quede coma u papamoscas, e só teño ollos para ela.
De seguida comezo a pensar como me pode estar mirando ela, medito tanto as miñas verbas que sempre acabo falado tarde de maís ou quedo inmerso nun silencio pecho coma se me estivera reiniciando. Lamento os meus tics, tocome a cara de seguido, fumo demaís, e mirolle a cara tentando esquivar os seus ollos por medo a verme reflexado neles, dou multitude de pequenos sorbos a miña copa e sufro por imaxinar non estar caendo ben. Tanto tempo sen durmir e voando só fíxome maís dano do que eu pensaba, nin as miñas camisas a raias sálvanme de incómodas situacións que incluso as veces evito por medo a non superalas, olvideime de conversar e non sei flirtear, sei que metín tantas veces a zoca que deberia telo superado, pero non é así, e síntome un resto dun naufraxio, de un barco que algún día partiu e non sabía onde ía entre ondas de escoces e lóstregos dominicais, aférrome a non ter nada que perder, e a reinventarme sen olleiras, e a seguir pasa-lo tempo deica atopar algún destino ou seguir parando unha tempada en cada porto sen ter nada preto nin nada lonxe, esperando voltar algún día de fina choiva a sentir o que é estar a carón

0 comentarios