Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

QUEN DIXO QUE NON SERIA PEOR?

QUEN DIXO QUE NON SERIA PEOR?    Un ano maís na chepa, e parece que nos derradeiros días envellecín coma dez de súpeto.Pasei o fin de semán agoniado, a disgusto conmego mesmo, tenso pola celebración e polas visitas, durmindo pouco e necesitando dar marcha atrás. Encerrome maís en min mesmo e sufro con o corazón partido, non fago nin digo o que quero, e teño unha ansiedade que me afoga todo o corpo, debo deixar de escoitar tanto soul. Comidas, ceas, festas eran un sufrimento constante, esíxome demaís querendo sempre dar a mellor das imaxes, poñéndome o listón cada vez maís alto, non querendo defraudar. Preciso de un pouco de cariño, de algo de comprensión, de que me corresponda o amor. Négome as miñas posibilidades, e sufro por non poder expresarme coma quero, por cada verba dita fora de tempo, por cada mirada sorprendida, por cada latido sen eco. Pecho as portas do meu corazón pretendendo non facerme dana, pero feríndome cada vez maís, non teño forzas para loitar nunha batalla que imaxino perdida, pero non aturo soportar unha derrota pola que non fago nada por evitar. Agóchome tralas gracias pretendendo ser un pequeno bufón, pretendendo ser escoitado para sentirme vivo, anulo a miña diversión petendendo ser quen quizais non son, repito os mesmos comentarios, os tópicos, e as bromas  para facerme notar, pero pouco a pouco voume amedrentando e encollendo a miña persoa para desgracia do meu corazón, que necesita de espacio para sentir, e mira coma eu o vou afogando por non querer darme unha oportunidade. Estou semidepresivo por non querer ser eu, por unha cobardía sen final, son que maís dano me fai, péchome en min mesmo por medo a min, fago muros coas miradas, e non deixo sitio para unha posible porta para poder escapar.Outro ano maís, e esto vai fatal, os domingos non deberían ser tan domingos, e os aniversarios, pois non sei se deberían celebrarse, ou si?

0 comentarios