Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

ESTANDO SEN SER, SENDO SEN ESTAR

ESTANDO SEN SER, SENDO SEN ESTAR    Noites de frío e auga, vasos humidos e moito tabaco. Estampados, bufandas, abrigos e poucas verbas; debilidades en sofás, silencios entre frases e derrotas sen rumiar. Pouca xente, cancións de bjork e falta de sorisos, anceios que non morren, imaxes zombies e latidos que fan dano. Outono máximo, escondite de pasións e inimigo da suor, sueters marróns e camisas a raias, verdes difuminados entre soños sen dormir. Non se fixo a mel para os homes de negro, nin as copas para non se valeirar, non naceron os comprementos no corte inglés e todo vale menos chorar, chorar sen antes falar, pois as rutinas son as que amadriñan o cariño e o amor nace dunha mirada sen esquivar. Sete graos na rúa e moito tempo para esquecer, ollos apersoais caras uniformadas e mesturas de fumar, aires de mar, pedras e conversas, xeos que morden os sentimentos sen quentar. Vampiresas, demos, pantalóns cortos, licor café, berros, sereas, coletas e gañas de abrazar, pasos sen cadencia, secuencias de antaño, vasos de plástico, doces e castañas ímposiveis de saborear. Cores que acarician coma o sol de setembro, xeonllos magullados, teléfonos que non soan, obrigas e aniversarios, piropos gardados no peto, películas por ver, envites, órdagos, pares e xogo; loitos de espírito, parellas nos baños, calor nas mans, deuses por uns minutos na terra sen conquistar, espellos sen peitear, xogos por iniciar. Cecais se poidera mercar unha felicidade real non sabería que facer con ela, cecais se poidera deixar de soñar morreria algo dentro de min, cecais se abrira maís os ollos aprenderia a vivir mellor, cecais............ou somos, ou non somos, ou que.

0 comentarios