ANINOVO SEN LUCIDEZ
Dicíame un amigo, todo cheo, primeiro ano novo sen drogas dende xa non me acordo, mentres apuraba o sexto whisky. Os servicios ateigados, as cabezas erguidas cara un ceo inexistente, os canutos eran aromaterapia e eu sen deixar de fumar. Cinco minutos dando apertas, bicos, saudos varios e un ano por festexar, non sei ben o que nin con quen, pero con xente así pola rúa igual mpnto un bar. As rapazas fermosas, coma as convidadas solteiras das bodas, ollos de estrelas, cadeiras cinceladas, doces, simpáticas e co soriso nos beizos, e nos atontados ante tanta beleza, soñando imposibeis, só atinábamos a mirar, sorrir e mirar. Noite de desgaste, cazadores de ilusións, loitas nas barras buscando a mellor situación, hipoteses mortas por errar no cálculo, verbas caladas outro ano maís. Bailes descompasados cos ollos pechados, caramelos de menta e whisky con auga, si con auga tiven que repetir algunha vez, doenzas antigas e unha cama fría. Primeiro ano novo sen drogas, e para que as necesitamos décíalle eu co cuarto whisky nas mans, non as boto nada de menos, foron moitos anos sen durmir, sen sentir e sen soñar, roubábanme os soños, iso era o peor, a ansiedade por non soñar, o medo a sentir, a ter necesidade de alguén, a sufrir, a estar desperto. Hoxe está moi guapa a morena, comentaba un amigo, mentres eu a miraba coma dentro do meu soño, sen medo a espertar, pero felíz de poder soñar, e a xente seguía a beber, agolpada na barra coma se tiveran medo a rematar a noite sen estar bebidos, e as horas pasaban coma invitadas despistadas a unha festa na que non parecían para nada contar. E quen é esa morena da que te falan pregúntame unha amiga, sen mirala os ollos dígolle que ninguén en especial, gardándome os soños con chave, e dirixíndome cara a barra a pedir outra copa maís, hoxe estás moi guapo dime mentres me daba a volta, coma sempre respostei sen pensalo, arrogancia coma perfume e imaxe de seguridade non creible. E deron as oito e tantas da mañá e saín as luces do novo día, camiñando do lado do mar, que era a música perfecta para unha derrota que non existíu, con pasos seguros e a camisa desabotoada lixeiramente diríxome imaxinando hipóteses irracionais cara a miña cama húmida e fría, pero cancha de fermosos soños que nada me podrá roubar.
0 comentarios