Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

   Días anubrados, baixón emocional, estado depresivo, camisas escuras. As bágoas semellan querer sair en cascada, as noites son cárceres de soños que se ven esvaecerse. Sentimento de derrota, de derrota definitiva, e xa non me quedan forzas pra loitar, pesadelos en carne viva, cleptomanía e voz valeira de ilusións. O telón está a caer e non son quen de atopa-lo desenlace a miña historia, pérdome en silencios tocando a guitarra sen cordas e sen poder cantar, valeiros e frío, sombras e cigarros que me perseguen a cada paso que dou. Sensación de necesidade que non logro entender, recordos de substancias prohibidas e xa esquecidas me atormentan a cada trago da miña copa, golpes nos miolos contra as paredes dos servicios, picor nasal e anestesia bucal, deuses que non nos salvan das nosas celdas sen chave posible e seguen sen saber quen somos. Augas que non choven de ceos irreais mollan a miña gorxa dun doce maná, cadencias nas conversas que poden ser evitabeis e que nunca chegan a conxugar as respostas, lume nas mans, peiteados de dez minutos e sorisos zombies. Cíclica depresión que sempre volta, afogándome dende dentro e facéndome menguar, repítese cada certo tempo coma se miña vida fose un péndulo que vai e ven dun estado a outro pero sen atopar nunca a felicidade compreta, e voume notando alonxarme do resto do mundo sentido que todo me sae mal, que ninguén me fai caso, que debería fuxir, saltar, rachar, facer algo, soltar adrenalina, ou ....., non sei, algo teri que facer.

0 comentarios