FALANDO DE LETRAS
-Pero, a ver a ti quen che gusta igrega ou ceta?
-Non sei, é que son compretamente diferentes pero namoraríame de calquera delas.
-Por iso, son dous tipos diferentes de muller, non hai algunha que te chame algo maís?
-Pois depende do día ou do meu estado, é que eu son compatible con calquera.
-Vale, físicamente igrega está mellor, iso está claro.
-Pode ser, inda que as veces ceta está radiante.
-Iso son os teus ollos que te enganan, eu repítome e digo que igrega é maís fermosa inda que non me caia nada ben.
-Non sei porque demos non te cae ben pois non te fixo nada
-Debe ser que ten unha cara que sempre está seria, tampouco a coñezo como para xulgala.
-Nembargantes ceta sepre ten un soriso nos beizos, e sabe ser agradabel.
-Iso mesmo, sabe ser agradabel, pero ten xestos de altanería que a delatan, dígocho eu que miro as cousas dende fora e podo xulgal mellor.
-Pode ser, pero é bo saber estar nos sitios e quedar ben, inda que non por pricipios hai situacións que así o requeren.
-Iso é pensar demasiado, daslle moitas voltas os miolos, non penses tanto e decídete ou fai algo de unha vez. Xoga as túas cartas, primeiro unha e logo outra, canto menos o penses mellor, non tes nada que perder.
-Si que teño, teño medo a errar e ó fracaso, ¿e se me equivoco?.
-Macho tes un lio que non te aclaras, veña non é tan compricado, pero ti mesmo, escolle unha e adiante, que se non vas rematar mal, sei que non é doado pero non hai outra.
-Xa, pero primeiro téñome que aclarar e polo de agora prefiro disfruta-lo tempo que vai pasando mentres tanto.
-Pois non deixes pasar moito tempo que xa sabes que voa, o tempo e as probabilidades.
-Si......., pero eu sonche así, coma unha tartaruga, pasiño a pasiño. E mentres algo hai que facer, tomamos outra?
-Veña, pero pídea ti que necesitas estira-las pernas para que o sangue se te mova e chegue os miolos para pensar mellor.
0 comentarios