Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

OUTRA MESA, OUTRO BAR

OUTRA MESA, OUTRO BAR

-Pois eu sego sen entender como te pode gostar.

-Pois porque si, non hai que darlle maís voltas, digo eu.

-E que non pegades nada, semellades compretamente diferentes.

-Non o sei, tampoco a coñezo coma para sabelo, pero penso que non somos tan diferentes.

-Fíxate como veste, se non vai co teu estilo, e ese pelo que lle cae, semella unha xitana.

-(sorrindo)Encántame ese pelo, e góstame moito o flamenco e as xitanadas.-E arráncome a cantar un tema dos chunguitos-.

-Nada, que contigo non hai maneira. Xa caeras da burra se algún día consegues algo con ela.

-Pode ser, iso nunca se sabe, pero non me mates a ilusión, que é o único que teño.

-Pero mira que pantalón, que falta de estilo. Se nen sequera sabe prepararse, esa cintura caida, esa camisa. Se polo menos levara tacóns.

-Eche tan compricado comprender que haxa alguén que non teña os teus mesmos gustos?. A min se me gusta alguén é por ser coma é, sobor de todo por ter unha identidade propia, iso é o primeiro que me chama a atención.

-Debe ser, porque do resto anda pola media, ou mais abaixo depende do día.

-Pois a min físicamente atraeme, e moito, seméllame realmente fermosa.

-(risas)Pois debe ser que o amor é cego coma din, porque se non deberías preocuparte.

-Cada un é cada un, e eu dígoche o que penso, non te minto.

-Veña, non te poñas romántico agora.-(Mais risas)-. Pero recoñece que inda que che goste, non é unha tia pola que deses a volta.

-Cantas veces din a volta para mirala!. E ti ben o sabes, é algo que non podo evitar.

-E ata é desagradabel, semella antipática e borde. Nunca a vin sorindo e con cara alegre.

-O que ti digas , pero, ¿a que é fermosa?.

-(Xesto de resignación). ...........Deixote por imposibel.........

-Si, realmente fermosa!

-Remata a copa e imos a outro lado.

0 comentarios