COTILLEOS DE BAR (AMORIOS DE XUVENTUDE)
(Retazos dunha conversa escoitada ó chou nun bar unha tarde)
-Pareceume moi mal o que me fixeches a noite.Dixo ela.
-Síntoo, pero xa había quedado e ademaís xa o tíñamos falado para ir este día de marcha, e tamén viña o Xose, que fai tempo que non o miraba.Dixo él.
-Pero ti ben sabías que era o meu aniversario, e iso doeume.
-Nena, non te poñas así, xa estivemos pola tarde xuntos, ti tamén o queres todo.
-Pensas que por un regaliño e un polvo a correr xa cumpriches, dende logo semellas un crío.
-Ti eres a miña moza, pero eles tamén son os meus amigos e caseque non me deixas tempo para estar con eles.
-Pero se son uns nenos, sempre de borracheira, esnifando tódalas noites, e coas tías son coma cafres. Así lles vai, que non se comen un rosco e só lles fan caso as putas que son coma eles.
-Non entendo por que che caen tan mal, a ti nunca te fixeron nada.
-Só faltaría, ben sei que non me aturan, pero o desprezo é mútuo-
-Non é que non te aturen, pero non lles gosta que non me deixes estar con eles mais tempo. Tamén tes que entendelos.
-Xa te teño dito que si queres estar con eles eu non te ato, vaite e deixame tranquila, que eu non te preciso para nada.
-Sempre estás igual, eu quérote, pero tamén me gosta estar con eles, penso que hai tempo para todo, ti tamén podes sair coas túas amigas, eu non cho prohibo.
-Pero ben que ves cando estou con elas e algún tío se achega a falarme. E atrás de ti veñen os teus amigos facendose o machito e dándolle a brasa ás miñas amigas que non os aturan.
-E que eu ben sei coma son os tíos, e se miran a unha tía soa van ó que van, que eu ben o sei.
-Eso era o que facías ti, non?. Anda que sodes coma os animais, só vos falla marcarnos coma se fósemos unha propiedade vosa.
-Boh!, deixao, que ben sabes que eu o fago por que non te dean a paliza.
-si,si!. E onte que tal?, ligáchedes moito?.
-So saimos de marcha, nada do outro mundo.
-E hoxe coma non que daches con eles?, ou esque xa non sodes tan amigos?.
-Xa te dixen que o sentía, non sabía que che había importar tanto.
-O día do meu aniversario, non, non me importou tanto, mais ben cada día importame menos.
-Non sexas tan mala, que hoxe xa estou contigo.
-Se de vedade non sei nin porque che collo o teléfono.
-Veña nena, non o volverei a facer. Prométocho!.
-Cantas veces escoitei iso!. Non te enganes que sabes que non o vas cumprir.
-Si nena, dígocho en serio. Non te volverei fallar.
-Xa, xa!.
-Dime que queres que faga para remedialo que che fixen e o farei.
-Deixa de dicir tonterías non te vaias arrepentir.
-De verdade nena, dígocho de verdade.
-Vale, vale.
-E agora por que non nos vamos a dar unha volta por ahí a velo atardecer nun sitio tranquilo?.
-Ti pensas que xa o arranxaches todo así con catro verbas e cariña de ovelliña, non?
-Veña, non sexas mala, ímonos e seguimos a falar noutro sitio.
-Estás apañado se pensas que hoxe tamén toca. Semella que só me queres para iso.
-Veña, non levantes a voz, anda ímonos xa.
-Un puto crío, eres un puto crío.
Levántanse, el tenta de bicala e ela apártase. Pagan as consumicións e marchan cara a porta. Polo camiño él trata de agarrala pola cintura e ela mírao con cara seria pero sen apartarlle o brazo. Abren a porta e sae ela diante o que él aproveita para abrazala por detrás e darlle un bico na meixela. Péchase a porta, semella que o bar volve a súa vida.
0 comentarios