PERDENDO O ENFOQUE
-Ben, imáxinate a escea. Un bar, un bar calquera, con pouca luz, non moi grande, ou cunha parte estreita que nos permita coller nun plano a dúas persoas que non estean xuntas.
-Vale, un bar escuro e dúas persoas. Non é compricado, segue.
-Pois eso, un bar , dúas persoas, home e muller, ela será a camareira e él o cliente. Un cliente apoucado, rostro cansino pero unha mirada crara e chea de misterio.
-Ollos azius e grandes, e cara seria. Penso que non será compricado de atopar. E ela, como será ela?.
-Ela morena, si, morena e cunha mirada afundida, lonxana, coma se estivera cansa de mirar. Delgada e cunha cara inexpresiva, coma de un loito non chegado, unha beleza esquecida ata por ela mesma. E vestida de negro, dun negro alegre, con vida, pero sen perder a súa escuridade, iso é moi importante, o negro na semipenumbra do bar.
-Veña, non lle atopo tantos matices a unha coor pero algo atoparas seguro. E ela xa me estou a facer unha idea de coma pode ser, si, xa a estou a ver. Ben, xa a teño, e góstame eso da beleza esquecida, si, non perdida, só esquecida. E entón coma comeza o movemento?.
-Si, pois o caso é que él entra no bar, valeiro e semiescuro, vale. Temos que poñer un ventilador, si, oio ruido de ventilador, ta-ta-ta-ta-ta-ta, si, e enfoca-lo bar dende a porta, facer un corredor estreito e con mais luz no fondo que por onde él entra. Así que vemos o que él ve, un longo e estreito corredor que vai ata un fondo semi iluminado, que é onde ela está, sentada lendo un libro, ahí debémola iluminar con algún filtro que lle dea un toque de coor que a resalte entre o resto do fondo, vale.
-Si, iso faise xogando co obxetivo e os filtros, a cousa polo de agora non é compricada, segue, segue a contar.
-Ela leé un libro, un libro non moi grande, que cando se vexa o libro non sexa moi grande, xa encontrarei algún. Pois entón él vai avanzando cara ó fondo do bar, a él non o vemos agora, só o vemos entrar e despois veremos o plano que él vai vendo conforme vai deica o fondo do bar, vale. Entón él vai cara ó fondo do bar e ela non está a ver pra él, non o ve pero sabe que está a entrar, sabes, oiu o ruido da porta o abrir e o pechar pero non a vemos levanta-la cara. Semella concentrada no libro pero sabe que alguén entrou e tamén sabe quen entrou, enténdesme, mira pra o libro pero non está a leer.
-Si, haí haberá que xogar coa expresividade da cara e axudamos con luces e algo de desenfoque, ela terá que facer algo coa mirada e tensar algún músculo da cara, tamén temos a inclinación da cabeza. Vale, pero unha cousa, eles coñécense ou non?.
-Si pero non, a ver, pode ser un cliente que xa viñera outras veces e que o mirara por ahí, pero nada concreto, polo de agora temos que manter a intriga, non dar datos. Quero manter a intriga de si se coñecen ata maís tarde, pódense coñecer pero non teñen ningún trato, pode der que a él lle gostase ela, pode ser que a ela lle gostase él, pode ser que foran examantes, pode ser que estean atraidos ambolos dous, pero nos non o vamos a mostrar, eso vai ser cousa deles e de quen os quera ver ou do que cada un quera mirar nesa situación.
-Pois teremos que ser moi neutros, respetar a libreopinión, mais luces, mais xogo de obxetivos e filtros. Primeiros planos en picado e non metelos os doús nun mesmo plano. Suspense, silencio e pouca maquillaxe.
-Non, silencio non. No bar haberá unha música de fondo, non sei algo de bossa nova, non sei ou quizais flamenco, algo de flamenco tranquiliño, non sei, ei de buscar algo que lle veña ben, iso deíxamo a min que algo ei de atopar. Pero vamos a seguir, él vai e séntase na derradeira cadeira da barra, si, ó fondo do bar e na barra, nun taburete, séntase e mira cara dentro da barra, ben, primeira a mira a ela e despois se senta no taburete. Míraa con cara triste, coma senténdose invisibel, coma se pensase que ela non o había mirar. Pois míraa e séntase, fixa a mirada nas botellas da barra e queda coa mirada perdida. Ela aparece por tras del e entra na barra, entra coa mirada cara o chan, non cara ó chan pero cara abaixo, desganada e aburrida, semellará frustrada ou valeira, valeira de vida, sen ilusión, sen gañas, unha beleza esquecida e lonxana, que non anda se non que frota na súa nube.
-Ben unha muller que frota na súa nube, hai que practicar o andar dela, un andar sen pisar o chan, nada de movemento de cadeiras, sempre plano superior e en movemento.
-Entón él pídelle algo, un refresco, un zume, algo, . Non, primeiro saúdanse, un hola chegará, un hola sen tono algún, pronunciado sen gañas, hola,hola, sen mirarse os ollos, puro formalismo, pura rutina. Pois saúdanse, él pídelle algo e, non, pera, el dille hola e ela respóndelle con outro hola e tamén dille algo maís, un que tal?, si, un que tal case sen interrogación está ben. Si, pois ela dille hola, qué tal? pero moi baixiño, entón él vai e dille posme un zume ou un refresco ou algo, pillas, él pídelle algo e non lle responde, esquiva o falar con ela,pillas, faino sen querer pero faino, por inercia, por apoucado, por o que sexa pero faino. E ahí ela da a volta, si, dase a volta buscando o que él lle pediu e murmura unhas verbas, vale, ela ó dar a volta di algo para ela mesma, pero él o vai escoitar, pillas, él vaina escoitar. E ela dirá algo así coma, non sei ben o que vai dicir, non sei, algo coma non sei pra que prefunto, algo así, ou isto pásame a min por falar cando non debo, non o sei, non teño claro o que ten que dicir ela neste momento, pero será algo coma eso, pillas, vasme pillando a idea.
-Si, voume facendo unha idea, trama de suspense, nada compremetedor, vale, vouno vendo, si, voume metendo na historia. Gostoume iso da beleza esquecida, mira que eres raro ti, e un bar oscuro e con flamenco, isto recórdame a algo, ou será a túa casa, fixo, flamenco e bossa nova, fáltanche as velas e os teus tangos electrónicos ou eso que escoitas coas luces pechas e en penumbra. Vale, non sigo, xa me fixen unha imaxe do que queres, non me resulta compricado imaxinarmo, ata te miro a ti de él, si., pégate o persoaxe, pégate pero que moito. Que non rio de ti home, so digo que ti podes ben ser él, xa, xa sei que escribes sempre cousas que che son coñecidas e reais, vale, pillo, non queres ser él, veña, so era unha apreciación. Mira xa apareceu a camareira, que tomás, un zume, un refresco, un auga, ou qué?. Hola!
0 comentarios