SOÑANDO SEN DURMIR
Os ollos pérdense nun punto da parede do bar ou nun punto morto entre a xente, as conversas que te arrodean van perdendo volumen, abres a boca e desaparece a mirada da túa cara. Cunha man mantés collida unha copa, coa outra un cigarro prendido, escoítase á xente que te arrodea de fondo pero ti non oes nada, non queres oir. Nom pensas en nada, non queres pensar, e coma se tiveras medo a pensar ou os teus pensamentos, esa inquedanza continua, eses soños perdidos no teu intestino, das unha calada ó cigarro e deixas que o fume saia paseniñamente pola boca. La deas a cabeza, as tuas pupilas están enormes, dexesas non estar onde estás pero non podes fuxir, non, inda non te vas a render, polo menos así, públicamente, a vista dos demais. Queres dicir algo, opinar nunha conversa que se dirime ó teu redor, pero non podes, non tes forzas para facelo, sigues calado, ninguén nota a túa ausencia. Tratas de pensar en algo, tramar algún plan que levar a cabo, unha estratexia que che permita salir da túa situación, ser maís sociabel, maís agradabel, que a xente quera falar contigo e ti coa xente, tratas de pensar, pero non queres soñar e ti só sabes soñar. Buscas unha mirada, alguén que este a ver para ti, con ollos de desesperación, todo o mundo rexeita a túa mirada, ninguén a pode manteñer, daste conta de que debes semellar un tolo, pero non che importa, estás afeito ó rexeitamento da xente e non tes ánimos de cambiar a túa actitude polo de agora. Pensas en anos xa pasados, pensas nunha xuventude onde os excesos eran compañeiros de noites coma esta, tanta xente que falaba tanto, tantos sitios, tanto non durmir e tanto non ser quen son, semellaba que a felicidade tiña precio pero non aceptaba reclamacións. Os ollos queren pecharse pero debes impedilo, iso si que te delataría, moves a cabeza, tratas de mantela ríxida, volves beber un grolo da copa, sorris por se alguén mira para ti e volves a mirada para o resto do bar buscando algo que te faga mante-la atención fixa. Segue sen haber ninguén aque mire para ti, apuras as derradeiras caladas ó cigarro e pégaslle un bo grolo á copa, por un momento pechas os ollos sentindo coma te mareas, os abres rápidamente e pos todo o teu empeño en escoita-la conversa da xente que se senta contigo na mesa, sorpréndeste, inda son seis ou sete persoas, miras para eles, forzas un sorriso elevantándote dis que vas ir ó baño. Pensas que cando volvas debes coller outra copa, camiñas torpemente entre a xente e non miras para atrás. Si, desta vez vou deixar de soñar, pensas mentres te miras nun espello que reflexa unha imaxe de alguén coa expresión lonxana, pálido demaís para esta época do ano, e que se lle notan os osos debaixo da pel, desta vez vou deixar de soñar, lavas as mans e arrima-la porta co cóbado. Diríxeste á barra para pedir outra copa, tardan en atenderte, volves a perde-la mirada, tres, dous, un,.,.,.,outra vez estás a soñar.
0 comentarios