AS RUINAS DO TEMPO
Nada, non sentía nada, soamente un valeiro e un setemento de pérdida o afogaban, non tiña calor nin frío, nin soño nin gañas de ir a outro sitio. Os recordos pesaban coma un lastre imposibel de deixar atrás, non pensaba neles maís sabía que hai estaban e non era que de esquecelos. Queria esquecer, resetear a súa memoria e voltar a renacer, revivir, contruirse de novo entre as ruinas que agora él era. A noite resultaba extrana e excluínte, e non era quen de tentar buscar un sitio nela, xa non o arroupaba co seu manto de soños coma antes, soamente era tempo que seguía a pasar e soidade non compredida. Mírase nun espello, os ollos están ben abertos, nada de miradas enroxecidas reflexo de cen copas, só uns ollos grandes e cansados, precisos de pecharse para non seguir mirando. Procura sen atopalo buscar alguen que lle dea un empoxonciño por hoxe, unha viaxe pequena a outro estado, un pouco de respiro e paz para non cargar por un rato con tanta derrota xunta. Nin teléfono, nin verbas, nin un soriso, nin nada que mirar, e a estrada semella infinita e valeira a estas horas da noite, está canso, agotado de conducir so e sempre escoitando os mesmos cd`s. Ata as roupas da xente semellan perder o color, tonos escuros e tristes, estados de ánimo que se gardan no armario e que reflexan cadencias no vivir e economía oral. Agotado de non avanzar pide potra copa, si, outra maís, total non ten outra cosa que facer, non ten plans para mañán, para esta semana, para ...., non ten ningún plan, así que non se sente obrigado a seguir, e por eso está agora eiquí. Fala sen gañas e sen facer esforzos por pronunciar ben, non pretende ser escoitado, soamente precisa soltar as verbas cando lle suben pola gorxa, así coma cando precisa mexar ou defecar, non ten porque facelo diante da xente. Sente maniotas mentais, os seus miolos loitan por buscar mais espacio, séntense pechados nun espacio pequeno para gardar tanto recordo e tanto soño, néganse a deixar atrás ningún fotograma, a compilación debe ser minuciosa e exacta para arrepentirse de todo cando chegue a hora de rendir contas. Camiña só polas pequenas rúas, négase a fumar o derradeiro cigarro do paquete, o son dos seús pasos atormentano e aminora a marcha, sábese perdido nun mar de valeiros, de salas blancas e vacías, de noites excluíntes, de miradas rexeitadoras, de silencios punzantes. Camiña só e a estrada é longa demaís para chegar ó final.
0 comentarios