AUTO DE LUNS
Chove e vas conducindo pola estrada mecánicamente, case sen fitar nos demais autos, coa música alta, os cristais a medio baixar e tarareas as cancións, vale, se os cristais están a medio naixar entón non chove, está nubrado e vai algo de calor, si unha calor morno e húmido. Daslle mil voltas a un caramelo que levas na boca, sen azucre e de limón, por inercia miras as caras dos conductores dos autos cos que te cruzas, tarareas as cancións e sorris. Hoxe vas algo mal de tempo, coma sempre, coma sempre que a noite anterior decides erguerte un pouco antes o día seguinte, tanto ten, notas a humidade na túa pel, inda que sexa cedo notas xa o calor do día, baixas un pouco maís os cristais e bebes un trago de auga dunha botella que levas coma sempre no teu auto, xa podes sair todo o apurado que queiras pero do auga nunca te esqueces, dúas botelliñas de medio litro, así fan o litro que acostumas a beber cada mañá. Fas plans para esta semana, para toda ela, para o resto do mes, para todo este ano , non chove pero ti vas convencéndote de facer cousas que só de pensalas te agotan, ideas cambios na túa vida, soñas con pretender ser un tipo normal, casarte, ter fillos, volves mirar as caras da xente que te vas cruzando, moves a cabeza, sabes que eses soños non son para ti, non, certamente non te ves casado e con fillos, recortas os obxetivos, volves a comezar, soñas con alguén que te quera, alguén a quen querer, no parabrisas do auto aparecen imaxes de felicidade e de amor, vas formando unha imaxe feminina que te acompañe, sorris felíz, soñas e colles unha goma de mascar, sabor fresa, sen azucre, caixa de cartón, que mercas tódolos luns nun supermercado que abre as dez da mañá dónde tamén mercas os caramelos e cada quince días dúas botellas de auga, o resto dos días as vas recheando das garrafas que tes na túa casa. Reduces unha marcha, estas a chegas ó dobre carril e debes aproveitar para adiantar algún auto dos que te preceden, daslle a seguinte canción que sabes que é algo maís cañeira e pisas o acelerador adiantando o primeiro auto. Os plans agora vanse pasando pola túa cabeza a gran velocidade, semellas decidido a levalos para diante, é luns, e sempre comezas as semanas igual, automentalizándote para non sucumbir ó peso da derradeira semana, do derradeiro mes, ó peso da túa vida inconsistente e que para ti semella valeira, sabes que debes deixar de soñar, pero sempre che gustou poñerte obxetivos, sempre fuches un gran competidor, nunca che pudo a presión, asumias retos e responsabilidades sen sequera dudar, sempre cos pes no chan pero coa decisión de quen sabe que non pode errar, pero agora é diferente, xa sabes o que é errar, e maís de unha vez, segueche gustando competir, segués marcándote obxetivos, pero sempre con medo a non chegar, perdeches a seguridade que tiñas en ti mesmo, perdeches unha noiva que che quiso maís do que ti eras capaz de absorver, setiches vértigo a unha vida en parella, a compartir piso, fuxíches e ela continuou o seu camiño e atopou alguén que lle deu o que ti non, e iso foi o que te derrotou, agora sentes medo, non queres voltar a sentirte así, perdedor, ou rexeitado, coma cando queseches voltar a falar con ela, coma cando te invitou ó seu aniversario e quedaches cara a cara co seu noivo, sénteste perdedor e un perdedor non fai nada por gañar. Soñas e tarareas unha canción, moves o brazo bailando ó aire, encendes un cigarro, e no parabrisas só quedou a figura da muller, nítida e ben definida, unha cara familiar e lonxana, bebes outro trago de auga, miras para os coches cos que te vas cruzando, de esguello miras o cristal e volve estar ahí, tratas de aparta-la mirada de ela e miras cara fora do auto, sábeste derrotado a golpe de luns, colles un cigarro, negáste coa cabeza e os plans para o resto da semana xa se esfumaron. Hoxe é luns, non, non chove, debes votar gasolina e cambiar os cd´s, sénteste valeiro, sorris, tarareas as cancións e prepáraste para vivir unha semana semellante ó resto, vaixas de todo os cristais para que entre o aire e se leve ese cheiro a soños rancios e traidores, abres ben os ollos e sorrís, ríndote de ti mesmo.
0 comentarios