MERGULLADOR DE PECEIRA
Unha noite non hai moito falando cunha amiga de relacións, medos e fracasos dinme conta de que eu son que mellor me coñece, sei cales son os meus medos, as miñas inquedanzas, onde podo chegar e como ei de respostar ante calquera ocasión, así que coma ela me dixo non preciso de acudir a psicólogo algún e son uns cartos que me aforro. A cousa semella doada, ó saber cales son os teus medos e temores e as situacións que os provocan só teño que plantexalos e forzarme a superalos pouco a pouco, vale, nada compricado, non?, pero inda sabendo todo iso non son capaz de facelo. Non sei coma asumilos e enfrontarme a eles, coñézoos de fai tempo, cos seus nomes, as súas esceas e nalgún caso ata a súa cara, pero de ahí non paso, non, non son capaz de enfrontarme a eles. Din o primeiro paso que é recoñecelos, xa hai tempo que os recoñezo e me afogan, agora si, non sei a súa causa, e isto é algo que me fai darlle mil voltas ó meu pasado, a tódolos recunchos dos meus recordos tanto en color coma en branco, negro ou sepia, teño escanado anos e anos de vida pasada, vivida e non dou coa solución, co principio do problema, todo resulta unha introspectiva inútil, un mergullamento valeiro e que só me fai perder oxíxeno e folgos para seguir o camiño do día no que vivo. E canto mais procuro saber dos meus medos maís valeiro me sento, ó darme conta do que non son quen de facer síntome menos capaz, menos cheo e menos vivo, e inclusives semella que as cousas que antes non me costaban traballo agora son coma grandes rochas no meu camiño que precisan dun esforzo meirande cada día. Para algunha xente son alguén seguro de min mesmo, que sabe o que quere e coas ideas ben claras, en parte é certo, pero de que serve saber o que se quere se non eres quen de conseguilo, ou sexa que é coma coñece-lo camiño a seguir pero ter medo a camiñalo, non?; e se me perdo, e se o camiño resulta maís duro do que semella, e se non teño folgos para chegar ata alí, e se.....,. iso si excusas doumas todas, son quen de enganarme a min mesmo por non face-lo que non quero ou por enfrontarme os meus medos. E di a xente que todo me vai ben, que non me podo queixar, que vou cubrindo etapas firmemente e que son un loitador nato, pero non, non é así, loitador non son bo loitador, son ambicioso é competitivo, cecais extremadamente competitivo, pero non loitador, pois non son quen de loitar contra o meu meirande inimigo que son eu mesmo, e fora do traballo non son maís que un ser valeiro e triste, se nen sequera son quen de contar eses chistes que tantas risas conseguian, o paso do tempo borrou a miña parte alegre e festeira para irme deixando só é espido de emocións e de amizades; do resto é certo que non me podo queixar, que pouco a pouco vou facendo o meu camiño e que non me amedrento doadamente. Son teimudo ata o punto de ser capaz de deixar atrás vicios e insanas costumes que durante tanto tempo vivín, cando chegui ó punto de darme conta de que todo elo anulábame a miña personalidade cortei de súpeto, deixei as noites eternas, os polvos nos labados, as mil copas engulidas con fame, e as ilusións de ser quen non era nin quería ser, uns anos despois volvín as copas, pero dunha maneira mais mesurada, e case sempre as podo contar ó remata-la noite cos dedos dunha man, case sempre, porque hai días e compañas que fan que un se perda nos universos de Baco. Ben, paréceme que xa me liei con cusas que non viñan a conto, pero outra das miñas características é a dispersión, enlazo unha cousa con outra e non sempre remato onde quero, pero isto non é algo que me preocupe tanto coma o outro, o dos meus medos e temores e a forma de superalos, pero o pensar moito nunha cousa e chegar a desexala sen conseguila entrache o medo de poder perdela e así non eres quen de ir a por ela, inda que isto non sei ben se é outra das miñas excusas ou o saquei dalgures. Pois así, pensando nos meus medos, buscando os meus traúmas e dexesando non ter memoria en moitos casos sigo rematando un Domingo maís e disposto a comenzar unha semana que coma todas comenzará con forza o Luns e será eterna o Mércores, e se precisara dos psicólogos para axudarme a dar o segundo paso?, non, decidídamente dame medo que alguén se poida mergullar nas miñas augas tan calmas por arriba e tan bravas por abaixo.
0 comentarios