CONTO DE NADAL
Decidira ir a despedi-lo ano a casa dos seus pais, a súa casa ó fin, pois era a que sentía coma súa inda que agora estivera vivindo lonxe, noutra cidade, compartindo piso con outras dúas mozas, pois o prezo dos alugueiros non a permitía vivir soa. A navidade e a noiteboa quedárase no piso, soa, lembrando os derradeiros seis meses, os seis meses que alí levaba vivindo, o ter que traballar os días seguintes axudou a que non fose a súa casa, pero o cambio de ano quería vivilo lonxe dese sitio e así escolleu librar a primeira semán do ano para ir celebralo coa súa familia.
No taxi iba fitando con tristura todos eses paixases tan coñecidos e que agora se lle antoxaban tan lonxanos, lembraba as tardes na praia mentres se puña o sol, os sitios onde xogara de nena, onde trancorrera a súa primeira historia de amor, o seu primeiro bico, os seus primeiros segredos, as amigas,tantas cousas que alí vivira e que agora se lle atollaban esquecidas ou desaparecidas nun tempo que xa rematara. Buscou o seu teléfono no abrigo e como xa supoña non descubriu ningunha chamada perdida, ningunha mensaxe nova, ningún sinal que a fixera aledarse un pouco e si un valeiro maís para sumar o seu estado de infelicidade.
Entrou na casa con dúas maletas e silensoxa com unha pantasma que pasea o seu pesar polos lugares onde transcorreu a súa vida. Pronto apareceu a súa nai, semellaba leda por mirala, quiso darlle unha aperta pero non se atreveu, ela non era así, forzou un soriso e pouco maís, deixou as maletas nun recuncho e seguina a cociña deixándose levar polas súas verbas e os seus pasos. Foi escoitando sen demasiada atanción todo-lo que ela lle foi contando da súa irmán, do seu irmán, do seu pai, dos seus sobriños e de todas cantas cousas súa nai lle iba dicindo sobre o que fora pasando neste tempo e que semellaba que ela toña que saber. Axudouna un chisco na cociña e despois dirixiuse ó seu cuarto a deixa-las maletas. O seu cuarto, mirábao con ollos curiosos, como voltando a descubrilo, con todo o que alí soñara, as noites de felicidade e enamoramento, as noites de bágoas e sen durmir, as mañás encollida sen quererse ñevantar e deixándose quentar polo sol da fiestra; observou as súas fotos, onde aparecía cun amplo soriso e non se recoñecía nelas, deixou caer as maletas xunto á cama e pechou os ollos queréndose quedar durmida e soñar en todos os momentos da súa vida alí vividos.
Despertouna a súa irmán, quedárase durmida, con ollos preguiceiros puido mirala, falándolle, dándolle inha aperta despois, semellaba leda de vela, sen folgos esgueuse e xuntas baixaron ó cuarto de estar. Alí estaba o seu cuñado, o seu pai, o seu irmán, cuñada e os seus dous sobriños, así de súpeto topouse coa vida, coa ledicia que se vivía naquel cuarto, bicos, sorisos, cuestións e mais cuestións sobre a súa vida nova nesa cidade que xa semellaba un lonxano recordo na súa memoria pese a habela deixado só facía unhas horas. A súa nai chamouna dende a cociña e a puso en marcha, achegábase a hora da cea e coma sempre inda todo estaba a medio rematar de facer, púxose en faena, sentíase útil, un engranaxe maís, ía recoñecendo ese espazo como seu, deixouse levar polas prisas da súa nai e pola gostosa tensión que nesas ceas sempre houbo nesa casa.
A cea transcorriu coma toda-las ceas que recordaba coa súa familia, amena, coas típicas bromas e algarazadas entre os seus irmáns, coa súa nai leda e faladeira sempre disposta a volatar a enche-los pratos, preocupada de que non falte de nada. Chegaron as doce e foise comendo unha a unha as uvas sen saber ben se pedir un desexo ou esquecer un anaco da súa vida, dos derradeiros meses. Tentou chamar a unha amiga pero foi imposible, as liñas debían estar saturadas, e ante a insistencia dos seus pais e irmáns decidiu salir, ela tamén pensou que era o mellor antes que seguir unha sobremesa chea de cuestións das que non quería falar y de seguir tentando formar parte daquel cadro de familia chea de ledicia, pois a súa tristura ameazaba con sair ó exterior dun momento a outro e non quería que fose diante dos seus.
Foi ó bar onde soía quedar cos seus amigos pero inda non había ninguén, e despois de falar cun dos camareiros decidiu sair a rúa e pasear un pouco soa, deixándose levar entre a multitude de ledicia e alcohol que ateigaba as rúas nese momento. Pensaba na súa derradeira relación que agora estaba rota e para ela finalizada, nunha cidade que a axfisiaba, nun traballo mal pagado e sen visos de futuro, pero non quería dar marcha atrás, ela non o iba a facer, sería recoñecer un fracaso e iso iba contra o seu orgullo, pois fora ela a que tomara a decisión de marchar da súa casa, perdón da casa dos seis pais, e non ía voltar coa derrota por diante, iso non. Seguía a pasear distraida, sen mirar a nada e dandolle mil voltas os seus pensamentos, cando se topou diante dun rapaz que a mira e di:
-Hola!
Era un rapaz da vila, co que case que nunca falara pero o coñecía.
-Feliz ano!.- Díxolle.
-Feliz ano!.- repetiu ela medio sorprendida por velo tan ledo alí diante súa, pois recordábao coma alguén mais ben solitario e que sempre semellaba tristeiro.
De súpeto él achegouse un pouco maís e dalle dous bicos, dous bicos que a deixaron sen saber que facer, sorprendida e a medio ubicar, tentando de voltar a realidade da noite na que estaban. Comezou a falarlle pero él non se interesaba polo mesmo que a súa familia, pregúntaballe por ela, por como estaba, por o seu soriso, semellaba interesado por ela pero iso non era algo que entrara nos seus plans para esa noite, inda que se sentía ben falando con alguén.
-Alegrome de verte!.- Díxolle e deixouna sen saber coma respostar.- A dónde ibas?
-Estaba dando unha volta para busca-los meus amigos.- Respostou ela.
-Veña, é cedo e seguro que inda non chegaron, invítote a unha copa.
-Gazas, pero vou ver se os atopo que cheguei hai un pouco e inda non estiven con eles.
-Pois entón xa nos miraremos despois. E de verdade que me gustou verte.
-Vale, xa nos miraremos.
E ela foi mirando coma se él se ía perdendo entre a xente, con gañas de seguir falando pois precisaba falar con alguén, con alguén con quen non houbera falado nos derradeiros meses, precisaba desprenderse de tantas cousas que non lle importaría contarllas a él ou a calquera que a quisexe escoitar. Precisaba falar do seu fracaso, da súa relación rota, do seu estado de dous meses, do seu medo o futuro, das súas inquedanzas, de tantas cousas, precisaba desfogarse e valeirarse por fin de tantas verbas caladas que lle daban voltas na cabeza.
Por fin unha chamada, unha amiga que lle di que está a cear cos sogros, que non vai sair, ela pregúntalle polos demais e un tras outro vaille contando que os casados están nas súas casas, e os demaís foran a unha festa noutro sitio, e así todos estaban fora. Dille que ten moitas gañas de vela e que mañán podían quedar para toma-lo café, e que o pase ben, que o pase ben .....ela soa. Agora o valeiro medra no seu interior, segue a andar sen rumbo e mentres decide facer algo de tempo antes de voltar a casa para non atoparse con ninguén ind adesperto. Cando se decata está de novo no bar do principio, onde soían estar os seus amigos, e entre a xente descobre o rapaz de antes, semella estar só pero entre o alboroto xeral descobre algúns dos que eran os seus amigos, sempre lle parecera un rapaz soitario e agora lle veñen á cabeza as veces que o descubrira mirándoa, e aquel verán no que ela fora camareira dese bar cando él era case que o seu mellor cliente. Mentres recorda distraida aqueles tempos non se decata de que él achégase ó seu lado e cando o quere buscar entre a xente aparécelle diante súa cun soriso que ela non coñecía na súa cara.
-Agora non me podes rexeitar unha copa.- Dille mirándoa os ollos dunha forma tan segura que a fai apartarlle a súa mirada.
-E que xa me iba.- Resposta ela.
-Veña só quero brindar contigo polo novo ano.
-Vale, xa que insistes tanto brindaremos polo novo ano.- Di ela mais polas gañas de rematar dunha vez coa conversa que por quedarse maís tempo nese lugar.
Ano novo, vida nova, pensa ela mentres brinda con él, e case se atraganta cando pensa no seu estado de dous meses, pero tentando disimular finxe un soriso e tenta ser cordial e non semellar triste. Pouco a pouco vaise encontrando maís cómoda falando, e vaise soltando na conversa. Obseva que él a mira con ollos dulces e abertos, cunha mirada franca e sempre ós seus ollos, a consegue facer sorrir un par de veces e no seu interior vai formándose unha extrana sensación, unha sensación que xa tiña esquecida, a sensación de estar cómoda con alguén, e así entre as verbas da conversa parece sentir que él está atraido por ela. Vaise deixando levar polos seus ollos e polas súas verbas, fala xa sen freo, fala e fala, e dase conta que está a entrar no xogo da conquista, está a ligar. O canal dos seus sentimentos abriuse definitivamente, vai soltando todo o que tiña metido dentro, e mentres segue a falar decátase de que se lle soltou unha bágoa, él cóllea pola man, ela reacciona tentando apartarse, él retira a súa man e mira para ela cos seús ollos azuis e limpos, ela tamán mira para él, sen aparta-la mirada, dase de conta de que xa o resto da xente non parece estar alí, están nunha esquina sós e mirándose os ollos. Él trata de achegarse maís a ela pero ela extoupa a chorar, e entre bágoas cóntalle que está preñada e deixase caer contra os seus hombreiros, sente coma él a colle e a aperta contra si dándolle un bico na fronte. Xa falándolle o oido dille que sempre lle había gostado, que levaba anos namorado dela e que non se perdoaba non haberllo dito antes. Ela ergue a cabeza e mírao ós ollos, a eses ollos que tamén agora estaban algo mollados e nos que se miraba reflexada, quere bicalo pero non ten o valor suficente, ten tantas dudas sobre a súa vida que non sabe o que facer. Él coa súa man agarima a súa cara e dalle un bico na meixela, ela volve pensar en bicalo e acercarlle os beizos pero ten medo a que él llos retire, a un fracaso maís, e esta noite prefire non perder o que gañou que é moito para o seu estado de tristura.
Despídense, ela dí que ten que marchar, defendéndose dos seus sentimentos, él cóllea de novo pola man e dille que pode contar con él para o que sexa e que lle gostaría volver a vela pronto. Ela comeza a nadar, despazo, coa cabeza baixa e tentando non caer na tentación de mirar para atrás, escoitao chamala polo seu nome, xírase e mírao alí no medio da rúa mirándoa e sorindo, quédase un intre calado e logo sóltalle : "guapa". Iso arrancoulle un gran soriso de satisfación e ledicia, mirouno cunha cara que se sabía alegre, gardando unha imaxe del e dese momento, deu a volta, volveu camiñar e deuse conta de que xa esquecera tódolos malos recordos
0 comentarios