Perdido na Discoteca
Pese a que non son do meu gusto nas derradeiras semáns deixeime levar polos meus amigos ata unha discoteca para rematar coas noites dos sábados. Resúltanme aburridas, abafantes e claustrofóbicas pero non sei se será por un desaxuste hormonal ou por falta de sexo pois cedo e vou cando eles a ese sitio que sempre me prometen estará cheo de mulleres. O tema do sexo non mellorou, eu vou camiño do tipo do chiste aquel de nada de nada, alo menos algunha rapaza si que coñecín inda que non fun quen de levala onde eu quisera, vamos a miña casa. Eu trato de segui-los costumes dos meus amigos e non repetir duas semáns seguidas tentándoo coa mesma pero a miña educación ou os meus modales, ou coma me di un amigo as miñas gañas de quedar ben as veces pérdenme e sempre saudo a quen coñezo e cunha rapaza que coñecín xa fai tres semáns ata falo algún intre con ela. A rapaza devandita é unha mociña nova, para meu gusto demasiado nova, duns vinte anos non moito maís, e iso é algo que me ten confundido, pois a min as rapazas da súa idade non me resultan interesantes normalmente, pero esta é diferente, é simpática, sempre acude a saudarme, pódese falar con ela, é maís o outro día estaba cunha rapaza algo maior ca min e bastante fermosa pero cunha conversa mais plana cun mapa e deixeina o mirar a rapaciña e funme xunto a ela. Non, non é amor, nin moito menos, pero encóntrolle algo a esa rapaza que non encontro noutras moitas, amén de ter a beleza nascente que se ten a esa idade e vestir coa moda da discoteca ensinando moito e deixando entrever mais, a esas idades pódese facer. Pero este derradeiro día descubrín algo maís, inocentemente pensaba que os porteiros vixiaban ós meus amigos por ir algo bébedos, pero non, sospeito que o vixiado era eu, porque no momento que saín descubrin á rapaza cun deles en situción algo agarimosa, eu saudei cun sorriso e saín pola porta o seu carón. Os porteiros das discotecas xa no meu tempo tiñán o seu clube de groupis?, non sei se se escribe así, que os tiña mitificados por ser maiores que elas, altos, fortes e os que as podían colar dentro, inda que non creo que por iso me tiverán que estar vixiando, pero eu sonche moi paranoico, inda que haber había ata tres detrás miña por momentos, e eu non gacía nada raro, e o vicio de pecharme nos baños xa hai algún tempo que o esquecín. Pois,......, agora doume de conta de que me perdín, de que estou a falar de algo que non é do que ía a falar, veña, o tema é que sigo sen entender ó que vai a xente ás discotecas, e as costumes e os idiomas deses sitios, pero polo camiño que vou dantro dun tempo algo maís saberei ó respecto.
0 comentarios