Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

Dende a fin do mundo

Dende a fin do mundo

  

 A marea había rematado, desembarcaran en Río Gallegos para coller un avión ata Buenos Aires e facer transbordo para Madrid e despois Vigo, pero él había decidido quedarse, quería pasar un tempo por alí só e lonxe de todo. Non tardou en coñecer a cidade e sen rumbo fixo que seguir unha noite ceando nun restorante coincidiu cun paisano que lle comentou que o seu barco zarpaba rumbo ó pacífico e recordou a sona da cidade mais ó sur do planeta, ushuaia, a fin do mundo, non é que él creera moito en mitos, inclusive quedara decepcioado con finisterre, esperaba algo maís bravo para ser o fin da terra, pero pediulles o favor de que o levaran ata alí. Á idea de quedar na arxentina non fora gratuita, non quería voltar á súa casa e ver que a rapaza que amaba xa non estaba na vila, había marchado, como tanta xente, a trabalar a unha gran cidade, non chegaran a ter unha relación porque él non se aclaraba entre ela é a súa antiga noiva, e ela cansárase de esperar e decidira marchar. Haí foi cando él decidira embarcar, tiña un primo que traballaba no mar e por medio del enrolouse nun pesqueiro que faenaba no Atlántico Sul, o traballo nunca lle dera medo e o sueldo era bo, inda que ante todo él quería alonxarse da vila unha tempada, coñecer outros lugares, despexar un pouco.  E así pasou uns meses de humidade, moito tabaco, noites sen durmir e traballo sen parar.

   Cando chegou a Ushuaia, quedouse fitando ós montes nevados sen poder baixar a vista ó plano normal, sentíuse invadido pola inmensidade, moito mais que os primeiros días no mar, aquelo era unha exaltación as proporcións da natureza, sentíase grande e pequeno ó mesmo tempo, respirou fondo, pechou os ollos, e esta vez si que se sentiu lonxe de todo. Cunha mochila coma toda equipaxe, o gordo facturárao a empresa cara a Vigo, dedicouse a pasear por aquél sitio, miraba cara ás montañas, cara ó mar e ó estreito de Beagle buscando algún resquicio da Antártida, miraba a xente traballando e inmersa nas rutinas de a diario, todo era novidade para él e sentíase un rapaz novo que nunca saira da súa casa. Camiñou cara ó monte mais próximo, non por querer subilo se non por afán de camiñar cara algún sitio, ía cun paso lixeiro e mentres se deixaba acariciar polos ventos fríos e silbadores do lugar comezou a pensar en ela, en como lle gostaría que estivera agora alí, anda él, co seu gorriño de lá en moitas coores, por un intre soñou que a tiña ó seu lado e xirando a cabeza buscouna cunha esperanza infantil. Sentouse nunha rocha, mirando á vila dende onde estaba, coa perspectiva duns metros mais arriba, voltou a buscar a Antártida no horizonte e predeu un pito, levantou á vista cara ó ceo e, pechando ós ollos, mirouna bailando con él nunha noite de festa, deixouse levar un rato pola imaxinación e negandose a si mesmo o soño sacou o pito dos beizos e dixo para si mesmo "a fin do mundo" mordendose o beizo inferior e pensando que carallo facía él alí. Baixou á vila e buscou un sitio onda comer, camiñando polas rúas descobriu nunha tenda de recordos unha postal cun ceo ardendo coma o lume de vermello e decidiu mercala, e no restorant El Gallego, mentres esperaba polo seu caldo, escribiu por detrás da postal "nunca tan preto de ti me sentín".

0 comentarios