Fillos da morte
Contábame o meu avó que sendo él noviño durante uns anos dedicouse a ires polos pobos cuns tíos seus a paceres augardente cunha pota, cobándolle á xente por destilar o bagazo restante despois de face-lo viño. Eran tempos de escasez e a xente non podía ires a Portugal a mercarse unha pota un domingo calquera. Pois estando no Morrazo acudiu onda eles un rapaz horfo de pai para que lle fixeran a augardente que tan mediciñal era nos fríos e húmidos invernos preto do mar. Meu avó, ó saber que o rapaz seguía indo ó mar a pesares de que no mar fora ónde morrera seu pai preguntoulle se non tiña medo de sair cada día a pescar habendo morto así seu pai, e aquel rapaciño respostoulle, como bo galego, primeiro con outra cuestión: e oteu pai onde morreu?, na cama, respostulle o meu avó; e entón ti non tes medo de deitarte cada noite?, finalizou o rapaciño sabendo que non habería contestación. Meu avó díxome que ese día fíxose maior de golpe, perdeu os medos e as dudas da adoescencia á vez, tamén nesta volta de augardenteiro no morrazo perdeu a inocencia e algunha cousa mais pero esta é outra historia.
0 comentarios