Blogia
OS ROEDORES DO VALEIRO

Naufraxios

   De xeonllos no chan, sobre aquela alfombra rota e case desfeita polos anos, miraba cara á parede cos ollos abertos e perdidos.  O seu corpo movíase ó ritmo daquel home que a suxetaba fortemente polas cadeiras, soportaba as embestidas sen soltar nin un suspiro, sen apenas respirar, sentindo que a parede cada vez estaba mais preto e imaxinando que en calquer momento podería escapar através dela. Escoitaba os xemidos ansiosos del, imaxinaba a súa cara fea e sudada, coa boca aberta e a língoa case de fora, notaba os seus dedos premendo cada vez maís forte nas súas carnes, as poucas carnes que lle quedaban. Pensaba nos cartos que metera no peto do pantalón, no viaxe en autobús ata as chabolas, nos polvos marróns do xitano, en agocharse nalgures e perderse de todos e de todo, nada maís precisaba agora, un pico bastaría para esquecer. O home apuraba as súas embestidas, estaba preto o final, instintivamente botou as cadeiras cara atrás sabéndose liberada en intrés, tratou de cravar as unllas na alfombra e respirou fondo. O ritmo das derradeiras embestidas facía que os seus xeonllos rozaran maís forte na alfombra, comezaba a sentir a door  e apoiandose agora ben sobre as mans tratou de moverse para axudar ó home a rematar dunha vez. Estaba farta e cansa para moverse ata un pouco pero comezou a culear a cada movemento del, sentíase suxa, agotada, valeira, pero quería quitarse aquel tipo de diante xa. Sentíuno xadear entrecortado, meterse ben dentro dela, xa estaba, notou como afroxaba a presión das súas mans, os movementos seguiron xa sen empuxe, él foise botando fora pouco a pouco, ata que o sentíu sair. Non quiso moverse, nin darse a volta, escoitouno levantarse, andar polo cuarto, coller a súa roupa e vestirse. Ela seguiu alí fitando cara á parede, inerte, estando sen estar, vergoñenta de ser quen era, de estar así núa nun cuarto cheo de cochambre y vello, de saberse morta sen estalo.

   Ergueuse despacio, tratando de comproba-lo movemento do seu corpo, buscou a súa roupa polo cuarto inexpresiva, sen presa, coma quen recolle a mesa cando xa se foron os invitados. Foi ó lavabo, tratou de mirarse no espello aquel que xa de tan suxo apenas reflectía imaxes, tratou de atopalamoza que non fai moito tempo era. Non, non hai tanto tempo que estudaba a súa carreira, tiña noivos, amigas, unha moto e moitas gañas de vivir. Todo fora tan rápido..., o derradeiro noivo, as longas noites, o cambio de amigas, probar todo o que o seu noivo tomaba, durmir fora da casa, maís noites, maís cartos para mercar de todo e despois xa os días eran longas esperas ata conseguilo que necesitaban. E así foi pasando o tempo e as amigas foron desaparecendo, na casa eran broncas e maís broncas, o seu noivo comezou a picarse, ela non tardou en probar, e maís broncas cos seus país, comezou a roubar co seu noivo inda que a ela dáballe moito apuro.  Él non tardou en caer arrestado, xa daquela fórase da casa por unha tempada, pensara, e agora as broncas eran co seu noivo, ela non quería roubar, non lle gustaba aquelo, e así él desapareceu de golpe, fórase con outra rapaza. Abriu os ollos e non se podía ver no espello que era case negro, aseouse un pouco, quería chorar pero parece que xa non podía. As forzas pareceron desparecer ó pensar en baixa-la rúa, coller o bus, ir ás chabolas, tanto esforzo e tan poucas forzas!.

   Abriu a chave da auga para refrescarse un pouco, sentirse fresca. maís limpa, pero non era así. Saiu ó salón a busca-la súa roupa e deixouse caer no vello e suxo sofá apertándose cos seus brazos e tremendo non de frío se non de angustia e valeiro. Imaxes, recordos, felicidade, días, noites ían pasando pola súa cabeza se parar. As gañas de chorar fixeron que asomara unha mínima bágoa pola súa meixela que buscou a súa língoa cando chegou á boca. Tremeu forte pensando en todo o que había perdido, abrochouse o pantalón e tratou de acumula-las forzas para levantarse e ir a coller ese triste e verde bus, pero semellaba atada a ese sofá e a eses recordos. Pensou en deixalo para maís tarde, darse unha volta polo vello ós bares onde sabía que algo ía encontrar e tamén se cadra algún cliente co que recadar algo pola noite. Deixouse ir perdéndose en ilusións e outros tempos, quedando semidurmida e inerte, non sentía frío, non tiña fame, estaba cansa e precisaba descansar un pouco, só iso.

   Un sonido despertouna, era ó seu teléfono, preguizosa deixiouse estar no sofá, non quería voltar a súa podre vida, seguía a soar e conseguiu despertala por completo. Hastiada decidiuse a collelo quen sabe para que era, achegouno a súa cara coa man, sen ver quen era e ....esa voz, esa voz que parecía sair dos seus soños... As bágoas viñéronlle todas de súpeto os seus ollos, tratou de respostar pero as emocións que se lle agolparan non a deixaban. Dende o fondo de toda ela saíu ......"mamá" e calou apertando contra si o teléfono.

0 comentarios