Blogia

OS ROEDORES DO VALEIRO

MEDOS E CANSANZOS

Adoito ter saidas para cada situación que me poida acontecer, vístome de seguridade ante a xente que non coñezo, é un acto de autodefensa para agochar a miña debilidade e a miña persoladidade tímida e dubitativa. Pero hay situacións nas que a miña coraza desaparece de repente, sen que poida facer nada para evitalo; cando falo con algunha muller que me interesa nunca aparece o meu traxe de supermán, cambio o ton da voz, escoito aparvado tentando que non se me abra a boca e quede coma u papamoscas, e só teño ollos para ela.
De seguida comezo a pensar como me pode estar mirando ela, medito tanto as miñas verbas que sempre acabo falado tarde de maís ou quedo inmerso nun silencio pecho coma se me estivera reiniciando. Lamento os meus tics, tocome a cara de seguido, fumo demaís, e mirolle a cara tentando esquivar os seus ollos por medo a verme reflexado neles, dou multitude de pequenos sorbos a miña copa e sufro por imaxinar non estar caendo ben. Tanto tempo sen durmir e voando só fíxome maís dano do que eu pensaba, nin as miñas camisas a raias sálvanme de incómodas situacións que incluso as veces evito por medo a non superalas, olvideime de conversar e non sei flirtear, sei que metín tantas veces a zoca que deberia telo superado, pero non é así, e síntome un resto dun naufraxio, de un barco que algún día partiu e non sabía onde ía entre ondas de escoces e lóstregos dominicais, aférrome a non ter nada que perder, e a reinventarme sen olleiras, e a seguir pasa-lo tempo deica atopar algún destino ou seguir parando unha tempada en cada porto sen ter nada preto nin nada lonxe, esperando voltar algún día de fina choiva a sentir o que é estar a carón

TROPICO SEN VESTIDO

TROPICO  SEN VESTIDO

Clima tropical, chove e fai calor, afogo de poros pra dentro sen gañas de mirar maís alá do que poida tocar. Vexo esnaquizarse os pensamentos que con panos quentes gardaba sen necesidade nin rencor. Perdín dous quilos e centos de soños fillos de noites frías nunca soterradas pola lousa que debera ser o tempo xa transcorrido, volvín a sentir as bágoas mollar a miña testa xirando en busca do camiño de saida e gastei as forzas en pensar que todo segue igual, co terrible que iso pode ser, o círculo sempre permanece pechado e o corazón non me permite fuxir.
Vestidos azuis que fan voar as verbas agochadas dentro dunha copa, xeos, ollos mortos e coletas, libros nunca escritos e noites sempre odiadas con rencor. Un ano mal comezado, unha chamada inoportuna e moitos días sen comunicar, hai reloxes que sempre pararon na hora da que non se queren acordar e sempre busco a resposta a calquera pregunta sen preguntar. Anacos de miradas entre os fumes que pretenden ser azuis coma o vestido que no escaparate xa non está, pois trocou a roupa de tempada, e agora morreu o glamour e entre todos matamos a beleza por medo a compartir conversa cos espellos onde nunca ninguén nos viu.

ESPELLOS QUE NON DEVOLVEN AS MIRADAS

Trinta anos sen durmir, non hai tempo a pensar cando non te ves nos espellos, cando o demo descansa sempre aparece algún amigo, o caso é estar sempre na cresta da ola. Vivindo a destempo peiteado e con camisas escuras, tocando o dexeso ca punta dos dedos, os beixos sempre tensos esperando a saida dalguha verba, os miolos encollidos tentando non saber o senso de tantas percepcións. Alugando paraisos e illas desertas cada noite pechandonos nos baños dos bares, redondeando os cartos procurando non pechar o círculo pola posibilidade de poder volver a multipricar de novo os pans e os peixes.
Música de xeos redobra na nosa testa, ollos que se afunden nos rostros pálidos e secos tentando invertirse e ver cara dentro de nos fuxindo de todod o que nos arrodea. Estrelas colgadas das lámpadas de espellos, camareiras coma zombies anorexia de sentir noxo, mordendo a carne sen saboreala, polvos brancos sexo a golpes, negocios furtivos cárceres do amor, desafectos gardados na axenda con tonos de disco, obrigas por non evitar. Ración de intramundo semanal, ollos que non se moven, que se pechan ou que buscan o ceo nos focos do teito, soños por enterrar no pozo do valeiro eterno, movementos individuais en grupo, manadas de ansiedade felacións en coches alemáns, intermitencias verbais onomatopeias de socorro tatuadas nos torsos suor e perfumes italianos, berros corporais, esquivando as sirenas navegando sen patrón por teu mesmo mar, estamos no teu espello e non sabemos chorar, ensinamos os dentes pero non mordemos, sabemos quen eres pero non nos queremos amosar, non hai tregua posible cando a noria non se quere parar. Odiamos os nosos semellantes cada hora de cada día detrás das nosas gafas de sol, rachanos as fotografías pola metade para non sair xunto a ti, estamos fuxindo sen movernos, e desenrolamos os billetes para pagar o café.

ETERNA XUVENTUDE

Debo ter o complexo de Peter Pan, non me aclaro coas mulleres da miña idade, os trinta anos elas éntranlles unhas prisas incomprensibeis por vivir en parella, polas ceas íntimas, semella que pensan que xa levan moito tempo estragado en bares e vida de solteira. A maior parte das veces as conversas son de temas xa pasados, do felices que fomos e dos casamentos das amigas ou amigos, do difícil que se fai manter un piso unha persoa soa, dos creditos, e demais problemas monetarios, e inevitablemente de quedar outro día pra cear e tomar unha copa, non parecen disfruta-lo momento se non que prefiren trazar algún plan e non dan un paso sen saber onde van pisar. Non pretendo xeralizar, pero sempre caio nos tópicos, isto dígoo por unha noite recente na que quedei cuns amigos e unhas rapazas que non coñeciamos, agas un de nos, que eran moi agradabeis, pero moi serias a vez, moi centradas na súa vida, e nos plans que semella teñen trazados para o seguinte lustro, inclusives falamos de fillos e pisos na praia, e iso é algo que me amola porque eu non penso maís aló da seguinte semana, por iso prefiro falar con xente de vintepoucos anos, xente que ten a ilusión case intacta, que disfruta as cousas pequenas e que non lle piden nada a vida maís que ser felices como o foron ata agora. Disfruto coas suas caras de felicidade cando falan de algo que os ilusiona, saborean cada imaxe dos seus soños coma unha derradeira calada a un cigarro, e manteñen os ollos espertos, pois inda queda moito por vivir e por disfrutar, así que eu intento seguir sendo maís xoven do que son, pese a que a miña idade hai sitios nos que sexa mais de cinco anos maior cos demais, pero non teño prisa por chegar a onde agora non pretendo chegar, e non é por medo ó compromiso, senon por non caer no compromiso fácil e forzado.

ANO NOVO, IDEAS VELLAS

ANO NOVO, IDEAS VELLAS

Outro ano que seguimos a sobrevivir neste mundo, novoas metas, novas ideas, vellos vicios. Tra-las panzadas das festas navideñas debo escomenzar a perder peso, subín catro quilos que teño que baixar en dous meses, este é o meu primeiro onxetivo, logo este deberá ser o ano da independización do nucleo familiar, antes de oito meses espero vivir no meu propio fogar, polo de agora non teño obxetivos maís urxentes ca estes dous salvo no traballo, pero ise é outro cantar. No capítulo das ilusións sen valorar porcentualmente debería ser un bo ano para atopar unha moza e abandoar esta soidade que me afoga nos derradeiros tempos, outra sería deixar de fumar, pero a sra ministra xa puso data por todos nos: 2006.
Sería un bo ano para facer esa viaxe que tanto tempo levo esperando a Praga, xa me perdín duas voltas dalgúns amigos/as por lios no traballo, pero organizandome ben todo se andará, tamén debería sacar tempo para ir uns días a Malaga a visitar unha amiga e a Salamanca, a cidade da marcha sen fin, para unha festa que pode acabar coa miña saude por unha semana polo menos. Tamén me propuseron un fin de semana en Ourense de troula e vicios varios, os carnavais de Verín son cita ineludable dende hai sete anos, e gostaríame voltar por Ponferrada, unha vila que me encantou; algún sábado debería ir por Ponteareas a visita-los meus amigos camareiros/as, e Pontevedra ten un par de garitos novos que me recomendaron bastante, ademais de ser onde vive meu irmán, Sanabria é fermosísima no inverno, e a súa xente moi amigable e aberta, un primo que estudia en Oviedo xa leva tempo recordándome que nunca lle fixen unha visita, e en Xixón vive un dos meus grandes amigos, a novia dun amigo invitoume a pasar unha semana en San Sebastian, e en Salas dos Infantes , provincia de Burgos, hai unhas das festas mais etílicas as que asistín, e unhas rapazas moi fermosas. Teño un amigo facendo a teses en Finlandia e mais en Oporto, e moita familia en Arxentina por coñecer, outro amigo en Xapón dando clases por videoconferencia(alí debe estar todo compretamente deshumanizado), e duas amigas de prácticas en Madrid, outra cun master na Coruña, e un amigo que se mudou a Cangas, e algo mais que se me quedará esquecido de seguro, e teño un calendario diante que se me quda pequeno para tato viaxe.
Non me vai chegar o 2005 a nada, e menos cando comece a pagar o piso, que entrarei en economia de subsistencia, así que de momento sei que esté sábado vou sair por Baiona, coma todos neste derradeiro ano, e despois xa verei o que fago, seguro que comezo a pome excusas para non facer todo o que quero pero eu sempre fun así, por iso inda sego sen moza, fumando e vivindo cos meus pais, polo de pronto feliz ano para todos e que sexades o mais felices que poidades, e facer o que teñades que facer ou polo menos o que vaiades podendo, deica!.

TRANSITO DESTORSIONADO

Vivo desexando ser inventado
peregrinando entre os valeiros
das verbas que pechan os círculos,
as pisadas non teñen dirección
pero intentan deixarme atrás.
O corpo treme tras cada grolo
o vaso sempre cheo de inacabada
ansiedade, sen poder durmir
no leito dos fumes e os susurros,
miradas de medo a realidade
buscan o fin do seu sufrimento
facendo acenos de non saber falar.
Multiplicadores de substancias
xogando a ser sombras en
cada recodo dos teus espellos,
auga sen sede posible chove
dun ceo afeminado na hora
de ser xa. Odio as paixóns
non vividas afogando os berros
dende o berce calados, remexendo
na conciencia dos non calados
espíritos inertes na cadencia
decacional do derradeiro chamamento.

ACTO DE CONTRICCIÓN

Sempre atopo razóns para o arrepentemento tras unha borracheira tonta, que pretendia ser unha noite divertida e rematou sendo dous días de agomía estomacal; o alcohol fixo aflorar o meu subconscente e algúns habitos de pretencioso ligón desaforados. O frío rematou por afundi-lo meu estómago, e a noite rematou aroodillado fronte a taza do water, odiandome a min mesmo e chorando de incapacidade por controla-la situación. A figurada seguridade que parecia ter non era mais cunha fuxida sen rumbo dos meus internos problemas emocionais, tratar de olvidar unha semana durísima de traballo, unha semidecepción afectiva, e moitos problemas de incomunicación e soidade. Aceptei a proposta de deixalo coche en casa, de durmir fora, de tomar unhas copas con uns amigos que tiñan moitísimas gañas de troula, e inda tiven un mínimo de decisión para rexeitar algunha evasión maior en forma de drogas. O certo é que bebín tódo-lo que eles beberon, pero a min sentome peor ca eles, porque inclusives a xente que me coñece asústabase do meu estado calamitoso, e tan desagradable dar lástima e non poder facer nada pra remedialo, senon ó contrario cada nova verba ou cada nova acción era unha nova metedura de pata, cada vez maior, por que non resultaba ser o gracioso que pretendía, senón que debía ser desagradabel demais. Agora tras un día de sopas e tortillas francesas, recapacito os feitos non sei para que me servirá pero polo de pronto o arrepentemento está presente en cada imaxe pasada, e inclusive futura de moita xente que teño que voltar a ver, cando volva sair do caparazón.

BEIZOS PECHADOS

A frase "se os homes tiverades a boca mais pechada as mulleres abririamonos maís de pernas", comentario dunha amiga que inda que o tentamos disimular caeunos coma unha lousa enriba do noso orgullo de sempiternos adonis. Seguro que a reflesión ficou rumiando nas conciencias dos meus amigos e todos tomamos nota para evitar comentarios donxoanescos en ocasións venideiras. Meditando ben a frase poida que teña razón, por xeral os homes adoitamos facer comentarios paveros das mulleres coas que estivemos ou non quiseron estar connosco. Entendo por esa parte que as veces as verbas son coma un regato, que parecen pouca cousa, pero ó fin van chegando a un pequeno río, e logo a outro maior, e así ata que nosos comentarios fachendosos chegan coma rumor as persoas das que falabamos, e así van enveneandose polo camiño, e poden facer moito dano, e dar pe a unha reputación non desexada. Pero eiquí eu pregúntome, se o medo a esa reputación é o causante castrador das posibles relacións, non será cousa da dobre moral dos intercomunicadores dos rumores; porque dar fama de promiscua a unha muller e fácil demais para cáseque calquer home, maís as veces os comentarios poden ser sen fundamento e malintencioados por envexa de non poder estar con ela. Moito teñen que ver os resquicios machistas desta sociedade que veñen de tempos inmemoriais, o sexo inda segue a ser un tabú nas nosas familias, en moitos ambientes da sociedade, e mismo entre nos mesmos, todos temos gañas del, pero non estamos cómodos se alguén nos fala directamente de sexo, enseguida o tachamos de saido/a ou nos excitamos so por falar del, non estamos preparados para esquecer tantos anos de castrante educación, dos colexios de monxas, das películas de dous rombos, do interviu gardado dentro do diario de noso pai, son moitas cousas e non é tan sinxelo tentar formatear de novo os anos vividos en pequenos recordos. Polo que entendo que as mulleres están nunha posición menos ventaxosa ante os nosos comentarios das doce horas despois, non por elas, senon por toda a xente que cecais non ten sexo dende hai xa algún tempo, e polos prexuizos que tanto dano fan a toda nosa sociedade que enseguida crea esterotipos de palbras soltas que chegan os seus miolos. Remato deixando a frase no aire: "se os homes tivérades a boca mais pechada as mulleres abriríamos maís as pernas", podedes darme o voso parecer antes de pecha-la boca para sempre.

EQUINOCIO SEN RENCOR

Parece ser que o verán tocou o seu fin, este sábado de temporal e choiva fíxome quedar na casa, de mala gana, pero de forma prudente, a noite non estaba para andar polas rúas mollados coma pitos, que xa non temos idade para iso e algunhas cousas maís. Aproveitei a mañá dominical para ires gardando bañadores, chanclas, toalla, bermudas, etc..., semella unha despedida de vestiario, que este ano pareceme que chegou así de repente, co ben que me encontraba eu este verán, ata lle collín certo gusto á praia, pero a partires das seis da tarde, porque antes é afogante. E así, sen preparalo, nin querelo atópome en outono, antesala dun incerto inverno que a priori costarame pasar, coma se dunha fría e dura travesia se tratase; entristeceme tanta escuridade, as cores planas e afogadas, a chuvia que te cala ata o derradeiro músculo do corpo, salir pola noite tan abrigado, escapares do frío, as navidades que xa nunca mais voltarán a ser brancas e inocentes. O mal tempo faime maís caseiro, acomódome no calor do fogar e sempre me poño mil disculpas para saires á rúa, índa que me veñan recoller e logo me traian a casa, trágome calquera tonteria que pasen pola tele, escoito todos os discos que tiña esquecidos dende tempo atrás, leo entre horas, e non dou pasado o tempo, pero nin por asomo vou baixar o videoclube, todo está tan lonxe cando non che apetece ir!.

SALTO XERACIONAL

Fuxo das discotecas, da música de máquina e de productos de televisión, dos locais onde cobran por entrar e un home rodeado de esteroides ollate de arriba a baixo coma escaneándote. Esquivo as conversas da xente da miña idade, arrepíanme os créditos, os pisos, as bodas, os fillos, a idea de depender para seguir vivindo. Deixei de sair con xente de miña idade e salteime unha xeración inda que o meu corpo recórdamo cada domingo, os amigos comezaron a casar, vivir coa moza, o crédito non lles permite sair polas noites, e eu quedei semiafastado, sen moza, sen crédito(inda que pouco me queda), sen fillo, sen mirar noite de festa o sábado pola noite, ou salsa rosa, sen ir a merca-lo pan o domingo en chandal. Agora saio con xente de vintepoucos anos, con a pausa que me da a experiencia de xa haber vivido moitas das cousas que eles inda tratan de expremer como se o tempo se lles acabase, polas noites prefiro estar sentado que saltando, a miña peor moña xa pasou e non é sempre a derradeira, as drogas xa as experimentei de sobra coma para perseguir os camellos as tantas da noite. Pero o que mais custa é o trato coas rapazas de vintepoucos, a elas quédanlle moitas experiencias por vivir, saben que hai moitas frores no xardín, e queren pisala herba e senti-lo seu frescor, mentres eu sentome na hamaca cun mosto na man nun recuncho do xardín e procuro disfrutar do atardecer fumando un cigarro. A vida son etapas que un ten que percorrer por un mesmo, unha aprendizaxe continua e que cos anos mirase dunha forma mais pracenteira, recordando as malas experiencias coma un pequeno door de moas; tras unha noite sei que haberá un novo día, tras unha moza voltas a levanta-la vista e volves ver que quedan moitísimas frores no xardín ,cadansua co seu aroma, cadansúa co seu color. Non necesito chegar as oito da mañán a casa para disfrutar unha noite e se non me bebo oito copas é por que non me apatecen, ós concertos vou a escoita-la música e non a dar saltos e repetir as partes das cancións que me coñezo de memoria, se conduzo non bebo por que a min nunca me tocou a loteria, e non creo que é difícil que te paren os green/in/man, e aparte diso condúcese mellor sen estar peido(disto podo dar moita fe). Pero algo que me encanta desta xeración de xente nova coa que ando son as súas ganas de vivir, notáselles na cara sobor de todo cando falan do que lles gusta, do que estudan, ou do que queren chegar a ser, levan a ilusión dentro na súa mirada, preocúpanse mais por coñecer do que facía a xente da miña xeración, son maís directos, se algo non lles gusta o dicen, inclusive se preocupan maís polas demais persoas, non molestan os que están traballando, non se deixan asoballar e saben que merecen ser tratados coma unha persoa maior que eles; devecen por coñecer sitios novos, xente nova, unha canción que lles faga senti.la música coma só se sente cando tes vinte anos, unha fragancia nova doutra nova fror no xardín, o orballo das noites do final do verán, unha caricia na meixela, unha aperta de cariño, ou un bico de amor. Hai miradas que enamoran con eses reflexos de alegria nos ollos, ese brillo de felicicidade completa que non se apaga nin na semiescuridade dun local, hai rapazas as que non lles podes mirar mais que para os seus ollos e afundirte na profundidade do seu iris facéndolle o amor sen tocala, mergullandote entre tanta dozura, esquecendo por un intre que ti xa tiveches vintedous anos e que ninguén che contou o maravillosos que eran.

O REMATE DUN CICLO

Os días foron pasando e o verán vai chegando ó seu final, eu resístome a gardar as bermudas e as camisetas pero as noites comezan a refrescar, e queiramos ou non o ano vaise inclinando cara ó seu remate. Onte estiven en Baiona e a vila xa está volvendo a normalidade dos meses en que pertenze ós seus veciños, os baionicos e as baionicas que é un novo xentilicio, os poucos turistas que quedan xa fan que a vida volva a transcorrer mais despacio, sen as prisas e agobios da tempada alta, a min gostame maís así, inda que eso non é o que opinan os que viven do turismo. Cada día sinto mais apego a esa vila, tan chea de carácter e de boa xente, estou pensndo en vivir alí unha tempada para centrarme un pouco e coller algo da sua maneira de vivi-la vida ó seu ritmo, penso que é o que agora necesito para repousar tanto o corpo coma sobor de todo o espírito; e ese é un privilexio que podo ter e non quero pasar sen el. Tamén algún amigo está pensando en mercar apartamento alí, estamos incorporándonos os poucos ó ambiente dos baionicos e as baionicas, queremos ser un deles, renegamos da cidade, Vigo está morto e cheira como tal, absórvenos tanto individualmente coma de maneira colectiva, rouba nosos soños, racha nosas ilusións, afóganos e inda nos cobra por sufrilo así, na súa inmensidade, somos os servos da Zona Franca, os remeiros da Gran Via, os que vivimos baixo o sireno, vítimas sen selo dunha urbe egocéntrica e claustrofóbica. Fuximos dos garrafóns do Arenal, dos atascos das Camelias, dos cheiros da depuradora, das eternas obras por tódolos barrios, da alcaldesa enfermeira, do fútbol de segunda, do cristo da victoria, das rebaixas medio ano, dos concertos de bisbal, do cinturon, a rolda, o palacio de congresos, e todas esas hipóteses; adeus lagares, adeus falperra, adeus inundacións en Bouzas, sei que ei de voltar, pero quero ser capaz de vivir sen os cláxones de madrugada, os locales de de seño, os baños sempre ocupados por xente que non vai mexar, sen a dobre fila, sen paga-la ora, sen telecidade, e sen os berros dos teus veciños. Que ben se queda un despedíndose así, pero non nos enganemos, todo iso é certo pero forma parte dun todo que ten tamen as suas partes boas, das que agora non me lembro por que levo prácticamente dous anos sen salir por Vigo, e a diario se vou polo centro e por cousas do traballo e ando ó meu. Pero voltarei as maravillosas praias, os minicines norte, as rebaixas medio ano, a pagar os meus impostos, a traballar, a mercar música e libros, pra vover sentirme afogado polas rúas que non deixan pasa-lo sol, en definitiva por volver saber como é a cidade na que nacín e que entre todos a fixemos así.

As noites semellan frios transitos entre desinhibicións mal interpretadas, tremen de frío os corazóns entre centos de miradas de indiferencia. Os sentimentos buscan agocho nalgún perdido rincón dos mortificados corpos ante as traizóns dos despreizados bicos que semellan roubados. Ontes pretéritos que loitan por fuxir da memoria baixo as minisaias que os soños nos rouban. Amizades de bar, ereccións engominadas, adoramos as deusas que se atopan detrás da barra, complicidade de deseño suprautilidade das verbas. Rumiando os licores varios, imaxineria iconoclasta en vidros de mil formas e coores, agrupo nos petos toda-las substancias pra irme enveneando os poucos pretendendo querer esquecer o que non puido pasar ou deberia ser a outra realidade que non se contou. As miradas que se esquivan como os polos do mesmo signo, pretendemos que nos queran por non poder evitalo, mostrandonos inertes de paixóns, coma gando disposto pra por el puxar; loito nos ollos ante cada fracaso, apertas evitadas por non querer dar un pasiño mais, lume nas veas administrado por via oral. Non querendo ser nunca nos mesmos, valeirando as camisetas pra ver sen ser vistos, voyeurs das nosas ilusións, choramos o noso cadaleito fuxindo do posible door, agrupándonos pra semellar mais fortes ante os agarimos por dar, pechando as mans con cigarros que queiman o invisible muro que nos separa da libertade emocional.

Aplomes e desaplomes

Non qreremos durmir por medo a espertar, deixámonos mecer polas noites inacabadas e os vosos asubios de inadaptación. Copa tras copa, momentos de tocador, ansiedade nasal, hemorraxias de insensibilidade. Somos os asasinos da conversa, facemoslle buracos os cartos, os espellos de tantos outros, no que ningués se ve nunca reflexado, tanto nos mesmos coma todo noso arredor. Fuxindo de paixóns e afogando os sentimentos, ffutura xeración viagra movéndonos a ritmo de house e tecno por DJ´s excluíntes inimigos da indivialidade compartida. Inestabilidade vital agolpada en barras de deseño, vestida coas mellores marcas do escaparate, disfraces dos nosos afogados egos, vivindo en manada sen necesidade de pastor. Andróxinos por necesidade, non hai búsqueda posible cando o puzzle incompleto sempre queda na mesa; ninguén coñece a ningén, e mellor así, aforramos saúdos e demais verbas que poderian derivar en conversa. Ollos valeiros, vísceras envenenadas, gafas de sol, espellos das almas, adolescencias mutiladas, pastillas de moitos nomes dentro de minisaias de cadanseu coor. Vivindo de farol sen alumear, non faremos barullo pra non molestar, devecemos por non durmir endexamais, por esgotar tóda-las horas nunha soa noite, por que o sol quédese durmido noutro lugar que nunca sexa este. Non disfrutamos, transitamos con grandes cantidades de substancias tóxicas dentro de nos, non é certo que sexan tan malas, e total a vida din que son catro días, e algunha noite haberá que aproveitar, nos soamente somos bacterias vidas a mais e non sentimos necesidade de pensar, porque non queremos ter nunca tempo pra facelo. Taquicardias o volante das horas por chegar, noites devoradoras de estrelas, profunda soidade mirando o teito, estómagos valeiros, futuros en hipótese, presentes pretéritos, e entre punto e punto raia.

Bienvenido al weblog grovicus

Ya tienes weblog. Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora busca el enlace admin abajo en esta misma página.
Deberás introducir tu email y contraseña arriba para poder acceder.

En el menú que aparecerá arriba podrás: ver la página inicial (Inicio); escribir y publicar un artículo nuevo; modificar las preferencias de la bitácora, por ejemplo: los colores; Salir del weblog para desconectar de forma segura y ver la portada tal y como la verían tus visitantes.

Puedes eliminar este artículo. ¡Que lo disfrutes!