Blogia

OS ROEDORES DO VALEIRO

MERGULLADOR DE PECEIRA

   Unha noite non hai moito falando cunha amiga de relacións, medos e fracasos dinme conta de que eu son que mellor me coñece, sei cales son os meus medos, as miñas inquedanzas, onde podo chegar e como ei de respostar ante calquera ocasión, así que coma ela me dixo non preciso de acudir a psicólogo algún e son uns cartos que me aforro. A cousa semella doada, ó saber cales son os teus medos e temores e as situacións que os provocan só teño que plantexalos e forzarme a superalos pouco a pouco, vale, nada compricado, non?, pero inda sabendo todo iso non son capaz de facelo. Non sei coma asumilos e enfrontarme a eles, coñézoos de fai tempo, cos seus nomes, as súas esceas e nalgún caso ata a súa cara, pero de ahí non paso, non, non son capaz de enfrontarme a eles. Din o primeiro paso que é recoñecelos, xa hai tempo que os recoñezo e me afogan, agora si, non sei a súa causa, e isto é algo que me fai darlle mil voltas ó meu pasado, a tódolos recunchos dos meus recordos tanto en color coma en branco, negro ou sepia, teño escanado anos e anos de vida pasada, vivida e non dou coa solución, co principio do problema, todo resulta unha introspectiva inútil, un mergullamento valeiro e que só me fai perder oxíxeno e folgos para seguir o camiño do día no que vivo. E canto mais procuro saber dos meus medos maís valeiro me sento, ó darme conta do que non son quen de facer síntome menos capaz, menos cheo e menos vivo, e inclusives semella que as cousas que antes non me costaban traballo agora son coma grandes rochas no meu camiño que precisan dun esforzo meirande cada día. Para algunha xente son alguén seguro de min mesmo, que sabe o que quere e coas ideas ben claras, en parte é certo, pero de que serve saber o que se quere se non eres quen de conseguilo, ou sexa que é coma coñece-lo camiño a seguir pero ter medo a camiñalo, non?; e se me perdo, e se o camiño resulta maís duro do que semella, e se non teño folgos para chegar ata alí, e se.....,. iso si excusas doumas todas, son quen de enganarme a min mesmo por non face-lo que non quero ou por enfrontarme os meus medos. E di a xente que todo me vai ben, que non me podo queixar, que vou cubrindo etapas firmemente e que son un loitador nato, pero non, non é así, loitador non son bo loitador, son ambicioso é competitivo, cecais extremadamente competitivo, pero non loitador, pois non son quen de loitar contra o meu meirande inimigo que son eu mesmo, e fora do traballo non son maís que un ser valeiro e triste, se nen sequera son quen de contar eses chistes que tantas risas conseguian, o paso do tempo borrou a miña parte alegre e festeira para irme deixando só é espido de emocións e de amizades; do resto é certo que non me podo queixar, que pouco a pouco vou facendo o meu camiño e que non me amedrento doadamente. Son teimudo ata o punto de ser capaz de deixar atrás vicios e insanas costumes que durante tanto tempo vivín, cando chegui ó punto de darme conta de que todo elo anulábame a miña personalidade cortei de súpeto, deixei as noites eternas, os polvos nos labados, as mil copas engulidas con fame, e as ilusións de ser quen non era nin quería ser, uns anos despois volvín as copas, pero dunha maneira mais mesurada, e case sempre as podo contar ó remata-la noite cos dedos dunha man, case sempre, porque hai días e compañas que fan que un se perda nos universos de Baco. Ben, paréceme que xa me liei con cusas que non viñan a conto, pero outra das miñas características é a dispersión, enlazo unha cousa con outra e non sempre remato onde quero, pero isto non é algo que me preocupe tanto coma o outro, o dos meus medos e temores e a forma de superalos, pero o pensar moito nunha cousa e chegar a desexala sen conseguila entrache o medo de poder perdela e así non eres quen de ir a por ela, inda que isto non sei ben se é outra das miñas excusas ou o saquei dalgures. Pois así, pensando nos meus medos, buscando os meus traúmas e dexesando non ter memoria en moitos casos sigo rematando un Domingo maís e disposto a comenzar unha semana que coma todas comenzará con forza o Luns e será eterna o Mércores, e se precisara dos psicólogos para axudarme a dar o segundo paso?, non, decidídamente dame medo que alguén se poida mergullar nas miñas augas tan calmas por arriba e tan bravas por abaixo.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

AUTO DE LUNS

   Chove e vas conducindo pola estrada mecánicamente, case sen fitar nos demais autos, coa música alta, os cristais a medio baixar e tarareas as cancións, vale, se os cristais están a medio naixar entón non chove, está nubrado e vai algo de calor, si unha calor morno e húmido. Daslle mil voltas a un caramelo que levas na boca, sen azucre e de limón, por inercia miras as caras dos conductores dos autos cos que te cruzas, tarareas as cancións e sorris. Hoxe vas algo mal de tempo, coma sempre, coma sempre que a noite anterior decides erguerte un pouco antes o día seguinte, tanto ten, notas a humidade na túa pel, inda que sexa cedo notas xa o calor do día, baixas un pouco maís os cristais e bebes un trago de auga dunha botella que levas coma sempre no teu auto, xa podes sair todo o apurado que queiras pero do auga nunca te esqueces, dúas botelliñas de medio litro, así fan o litro que acostumas a beber cada mañá. Fas plans para esta semana, para toda ela, para o resto do mes, para todo este ano , non chove pero ti vas convencéndote de facer cousas que só de pensalas te agotan, ideas cambios na túa vida, soñas con pretender ser un tipo normal, casarte, ter fillos, volves mirar as caras da xente que te vas cruzando, moves a cabeza, sabes que eses soños non son para ti, non, certamente non te ves casado e con fillos, recortas os obxetivos, volves a comezar, soñas con alguén que te quera, alguén a quen querer, no parabrisas do auto aparecen imaxes de felicidade e de amor, vas formando unha imaxe feminina que te acompañe, sorris felíz, soñas e colles unha goma de mascar, sabor fresa, sen azucre, caixa de cartón, que mercas tódolos luns nun supermercado que abre as dez da mañá dónde tamén mercas os caramelos e cada quince días dúas botellas de auga, o resto dos días as vas recheando das garrafas que tes na túa casa. Reduces unha marcha, estas a chegas ó dobre carril e debes aproveitar para adiantar algún auto dos que te preceden, daslle a seguinte canción que sabes que é algo maís cañeira e pisas o acelerador adiantando o primeiro auto. Os plans agora vanse pasando pola túa cabeza a gran velocidade, semellas decidido a levalos para diante, é luns, e sempre comezas as semanas igual, automentalizándote para non sucumbir ó peso da derradeira semana, do derradeiro mes, ó peso da túa vida inconsistente e que para ti semella valeira, sabes que debes deixar de soñar, pero sempre che gustou poñerte obxetivos, sempre fuches un gran competidor, nunca che pudo a presión, asumias retos e responsabilidades sen sequera dudar, sempre cos pes no chan pero coa decisión de quen sabe que non pode errar, pero agora é diferente, xa sabes o que é errar, e maís de unha vez, segueche gustando competir, segués marcándote obxetivos, pero sempre con medo a non chegar, perdeches a seguridade que tiñas en ti mesmo, perdeches unha noiva que che quiso maís do que ti eras capaz de absorver, setiches vértigo a unha vida en parella, a compartir piso, fuxíches e ela continuou o seu camiño e atopou alguén que lle deu o que ti non, e iso foi o que te derrotou, agora sentes medo, non queres voltar a sentirte así, perdedor, ou rexeitado, coma cando queseches voltar a falar con ela, coma cando te invitou ó seu aniversario e quedaches cara a cara co seu noivo, sénteste perdedor e un perdedor non fai nada por gañar. Soñas e tarareas unha canción, moves o brazo bailando ó aire, encendes un cigarro, e no parabrisas só quedou a figura da muller, nítida e ben definida, unha cara familiar e lonxana, bebes outro trago de auga, miras para os coches cos que te vas cruzando, de esguello miras o cristal e volve estar ahí, tratas de aparta-la mirada de ela e miras cara fora do auto, sábeste derrotado a golpe de luns, colles un cigarro, negáste coa cabeza e os plans para o resto da semana xa se esfumaron. Hoxe é luns, non, non chove, debes votar gasolina e cambiar os cd´s, sénteste valeiro, sorris, tarareas as cancións e prepáraste para vivir unha semana semellante ó resto, vaixas de todo os cristais para que entre o aire e se leve ese cheiro a soños rancios e traidores, abres ben os ollos e sorrís, ríndote de ti mesmo.

AS RUINAS DO TEMPO

AS RUINAS DO TEMPO

   Nada, non sentía nada, soamente un valeiro e un setemento de pérdida o afogaban, non tiña calor nin frío, nin soño nin gañas de ir a outro sitio. Os recordos pesaban coma un lastre imposibel de deixar atrás, non pensaba neles maís sabía que hai estaban e non era que de esquecelos. Queria esquecer, resetear a súa memoria e voltar a renacer, revivir, contruirse de novo entre as ruinas que agora él era. A noite resultaba extrana e excluínte, e non era quen de tentar buscar un sitio nela, xa non o arroupaba co seu manto de soños coma antes, soamente era tempo que seguía a pasar e soidade non compredida. Mírase nun espello, os ollos están ben abertos, nada de miradas enroxecidas reflexo de cen copas, só uns ollos grandes e cansados, precisos de pecharse para non seguir mirando. Procura sen atopalo buscar alguen que lle dea un empoxonciño por hoxe, unha viaxe pequena a outro estado, un pouco de respiro e paz para non cargar por un rato con tanta derrota xunta. Nin teléfono, nin verbas, nin un soriso, nin nada que mirar, e a estrada semella infinita e valeira a estas horas da noite, está canso, agotado de conducir so e sempre escoitando os mesmos cd`s. Ata as roupas da xente semellan perder o color, tonos escuros e tristes, estados de ánimo que se gardan no armario e que reflexan cadencias no vivir e economía oral. Agotado de non avanzar pide potra copa, si, outra maís, total non ten outra cosa que facer, non ten plans para mañán, para esta semana, para ...., non ten ningún plan, así que non se sente obrigado a seguir, e por eso está agora eiquí. Fala sen gañas e sen facer esforzos por pronunciar ben, non pretende ser escoitado, soamente precisa soltar as verbas cando lle suben pola gorxa, así coma cando precisa mexar ou defecar, non ten porque facelo diante da xente. Sente maniotas mentais, os seus miolos loitan por buscar mais espacio, séntense pechados nun espacio pequeno para gardar tanto recordo e tanto soño, néganse a deixar atrás ningún fotograma, a compilación debe ser minuciosa e exacta para arrepentirse de todo cando chegue a hora de rendir contas. Camiña só polas pequenas rúas, négase a fumar o derradeiro cigarro do paquete, o son dos seús pasos atormentano e aminora a marcha, sábese perdido nun mar de valeiros, de salas blancas e vacías, de noites excluíntes, de miradas rexeitadoras, de silencios punzantes. Camiña só e a estrada é longa demaís para chegar ó final. 

SOÑANDO SEN DURMIR

SOÑANDO SEN DURMIR

   Os ollos pérdense nun punto da parede do bar  ou nun punto morto entre a xente, as conversas que te arrodean van perdendo volumen, abres a boca e desaparece a mirada da túa cara. Cunha man mantés collida unha copa, coa outra un cigarro prendido, escoítase á xente que te arrodea de fondo pero ti non oes nada, non queres oir. Nom pensas en nada, non queres pensar, e coma se tiveras medo a pensar ou os teus pensamentos, esa inquedanza continua, eses soños perdidos no teu intestino, das unha calada ó cigarro e deixas que o fume saia paseniñamente pola boca. La deas a cabeza, as tuas pupilas están enormes, dexesas non estar onde estás pero non podes fuxir, non, inda non te vas a render, polo menos así, públicamente, a vista dos demais. Queres dicir algo, opinar nunha conversa que se dirime ó teu redor, pero non podes, non tes forzas para facelo, sigues calado, ninguén nota a túa ausencia. Tratas de pensar en algo, tramar algún plan que levar a cabo, unha estratexia que che permita salir da túa situación, ser maís sociabel, maís agradabel, que a xente quera falar contigo e ti coa xente, tratas de pensar, pero non queres soñar e ti só sabes soñar. Buscas unha mirada, alguén que este a ver para ti, con ollos de desesperación, todo o mundo rexeita a túa mirada, ninguén a pode manteñer, daste conta de que debes semellar un tolo, pero non che importa, estás afeito ó rexeitamento da xente e non tes ánimos de cambiar a túa actitude polo de agora. Pensas en anos xa pasados, pensas nunha xuventude onde os excesos eran compañeiros de noites coma esta, tanta xente que falaba tanto, tantos sitios, tanto non durmir e tanto non ser quen son, semellaba que a felicidade tiña precio pero non aceptaba reclamacións. Os ollos queren pecharse pero debes impedilo, iso si que te delataría, moves a cabeza, tratas de mantela ríxida, volves beber un grolo da copa, sorris por se alguén mira para ti e volves a mirada para o resto do bar buscando algo que te faga mante-la atención fixa. Segue sen haber ninguén aque mire para ti, apuras as derradeiras caladas ó cigarro e pégaslle un bo grolo á copa, por un momento pechas os ollos sentindo coma te mareas, os abres rápidamente e pos todo o teu empeño en escoita-la conversa da xente que se senta contigo na mesa, sorpréndeste, inda son seis ou sete persoas, miras para eles, forzas un sorriso elevantándote dis que vas ir ó baño. Pensas que cando volvas debes coller outra copa, camiñas torpemente entre a xente e non miras para atrás. Si, desta vez vou deixar de soñar, pensas mentres te miras nun espello que reflexa unha imaxe de alguén coa expresión lonxana, pálido demaís para esta época do ano, e que se lle notan os osos debaixo da pel, desta vez vou deixar de soñar, lavas as mans e arrima-la porta co cóbado. Diríxeste á barra para pedir outra copa, tardan en atenderte, volves a perde-la mirada, tres, dous, un,.,.,.,outra vez estás a soñar.

PERDENDO O ENFOQUE

PERDENDO O ENFOQUE

-Ben, imáxinate a escea. Un bar, un bar calquera, con pouca luz, non moi grande, ou cunha parte estreita que nos permita coller nun plano a dúas persoas que non estean xuntas.

-Vale, un bar escuro e dúas persoas. Non é compricado, segue.

-Pois eso, un bar , dúas persoas, home e muller, ela será a camareira e él o cliente. Un cliente apoucado, rostro cansino pero unha mirada crara e chea de misterio.

-Ollos azius e grandes, e cara seria. Penso que non será compricado de atopar. E ela, como será ela?.

-Ela morena, si, morena e cunha mirada afundida, lonxana, coma se estivera cansa de mirar. Delgada e cunha cara inexpresiva, coma de un loito non chegado, unha beleza esquecida ata por ela mesma. E vestida de negro, dun negro alegre, con vida, pero sen perder a súa escuridade, iso é moi importante, o negro na semipenumbra do bar.

-Veña, non lle atopo tantos matices a unha coor pero algo atoparas seguro. E ela xa me estou a facer unha idea de coma pode ser, si, xa a estou a ver. Ben, xa a teño, e góstame eso da beleza esquecida, si, non perdida, só esquecida. E entón coma comeza o movemento?.

-Si, pois o caso é que él entra no bar, valeiro e semiescuro, vale. Temos que poñer un ventilador, si, oio ruido de ventilador, ta-ta-ta-ta-ta-ta, si, e enfoca-lo bar dende a porta, facer un corredor estreito e con mais luz no fondo que por onde él entra. Así que vemos o que él ve, un longo e estreito corredor que vai ata un fondo semi iluminado, que é onde ela está, sentada lendo un libro, ahí debémola iluminar con algún filtro que lle dea un toque de coor que a resalte entre o resto do fondo, vale.

-Si, iso faise xogando co obxetivo e os filtros, a cousa polo de agora non é compricada, segue, segue a contar.

-Ela leé un libro, un libro non moi grande, que cando se vexa o libro non sexa moi grande, xa encontrarei algún. Pois entón él vai avanzando cara ó fondo do bar, a él non o vemos agora, só o vemos entrar e despois veremos o plano que él vai vendo conforme vai deica o fondo do bar, vale. Entón él vai cara ó fondo do bar e ela non está a ver pra él, non o ve pero sabe que está a entrar, sabes, oiu o ruido da porta o abrir e o pechar pero non a vemos levanta-la cara. Semella concentrada no libro pero sabe que alguén entrou e tamén sabe quen entrou, enténdesme, mira pra o libro pero non está a leer.

-Si, haí haberá que xogar coa expresividade da cara e axudamos con luces e algo de desenfoque, ela terá que facer algo coa mirada e tensar algún músculo da cara, tamén temos a inclinación da cabeza. Vale, pero unha cousa, eles coñécense ou non?.

-Si pero non, a ver, pode ser un cliente que xa viñera outras veces e que o mirara por ahí, pero nada concreto, polo de agora temos que manter a intriga, non dar datos. Quero manter a intriga de si se coñecen ata maís tarde, pódense coñecer pero non teñen ningún trato, pode der que a él lle gostase ela, pode ser que a ela lle gostase él, pode ser que foran examantes, pode ser que estean atraidos ambolos dous, pero nos non o vamos a mostrar, eso vai ser cousa deles e de quen os quera ver ou do que cada un quera mirar nesa situación.

-Pois teremos que ser moi neutros, respetar a libreopinión, mais luces, mais xogo de obxetivos e filtros. Primeiros planos en picado e non metelos os doús nun mesmo plano. Suspense, silencio e pouca maquillaxe.

-Non, silencio non. No bar haberá unha música de fondo, non sei algo de bossa nova, non sei ou quizais flamenco, algo de flamenco tranquiliño, non sei, ei de buscar algo que lle veña ben, iso deíxamo a min que algo ei de atopar. Pero vamos a seguir, él vai e séntase na derradeira cadeira da barra, si, ó fondo do bar e na barra, nun taburete, séntase e mira cara dentro da barra, ben, primeira a mira a ela e despois se senta no taburete. Míraa con cara triste, coma senténdose invisibel, coma se pensase que ela non o había mirar. Pois míraa e séntase, fixa a mirada nas botellas da barra e queda coa mirada perdida. Ela aparece por tras del e entra na barra, entra coa mirada cara o chan, non cara ó chan pero cara abaixo, desganada e aburrida, semellará frustrada ou valeira, valeira de vida, sen ilusión, sen gañas, unha beleza esquecida e lonxana, que non anda se non que frota na súa nube.

-Ben unha muller que frota na súa nube, hai que practicar o andar dela, un andar sen pisar o chan, nada de movemento de cadeiras, sempre plano superior e en movemento.

-Entón él pídelle algo, un refresco, un zume, algo, . Non, primeiro saúdanse, un hola chegará, un hola sen tono algún, pronunciado sen gañas, hola,hola, sen mirarse os ollos, puro formalismo, pura rutina. Pois saúdanse, él pídelle algo e, non, pera, el dille hola e ela respóndelle con outro hola e tamén dille algo maís, un que tal?, si, un que tal case sen interrogación está ben. Si, pois ela dille hola, qué tal? pero moi baixiño, entón él vai e dille posme un zume ou un refresco ou algo, pillas, él pídelle algo e non lle responde, esquiva o falar con ela,pillas, faino sen querer pero faino, por inercia, por apoucado, por o que sexa pero faino. E ahí ela da a volta, si, dase a volta buscando o que él lle pediu e murmura unhas verbas, vale, ela ó dar a volta di algo para ela mesma, pero él o vai escoitar, pillas, él vaina escoitar. E ela dirá algo así coma, non sei ben o que vai dicir, non sei, algo coma non sei pra que prefunto, algo así, ou isto pásame a min por falar cando non debo, non o sei, non teño claro o que ten que dicir ela neste momento, pero será algo coma eso, pillas, vasme pillando a idea.

-Si, voume facendo unha idea, trama de suspense, nada compremetedor, vale, vouno vendo, si, voume metendo na historia. Gostoume iso da beleza esquecida, mira que eres raro ti, e un bar oscuro e con flamenco, isto recórdame a algo, ou será a túa casa, fixo, flamenco e bossa nova, fáltanche as velas e os teus tangos electrónicos ou eso que escoitas coas luces pechas e en penumbra. Vale, non sigo, xa me fixen unha imaxe do que queres, non me resulta compricado imaxinarmo, ata te miro a ti de él, si., pégate o persoaxe, pégate pero que moito. Que non rio de ti home, so digo que ti podes ben ser él, xa, xa sei que escribes sempre cousas que che son coñecidas e reais, vale, pillo, non queres ser él, veña, so era unha apreciación. Mira xa apareceu a camareira, que tomás, un zume, un refresco, un auga, ou qué?. Hola!

COTILLEOS DE BAR (AMORIOS DE XUVENTUDE)

   (Retazos dunha conversa escoitada ó chou nun bar unha tarde)

-Pareceume moi mal o que me fixeches a noite.Dixo ela.

-Síntoo, pero xa había quedado e ademaís xa o tíñamos falado para ir este día de marcha, e tamén viña o Xose, que fai tempo que non o miraba.Dixo él.

-Pero ti ben sabías que era o meu aniversario, e iso doeume.

-Nena, non te poñas así, xa estivemos pola tarde xuntos, ti tamén o queres todo.

-Pensas que por un regaliño e un polvo a correr xa cumpriches, dende logo semellas un crío.

-Ti eres a miña moza, pero eles tamén son os meus amigos e caseque non me deixas tempo para estar con eles.

-Pero se son uns nenos, sempre de borracheira, esnifando tódalas noites, e coas tías son coma cafres. Así lles vai, que non se comen un rosco e só lles fan caso as putas que son coma eles.

-Non entendo por que che caen tan mal, a ti nunca te fixeron nada.

-Só faltaría, ben sei que non me aturan, pero o desprezo é mútuo-

-Non é que non te aturen, pero non lles gosta que non me deixes estar con eles mais tempo. Tamén tes que entendelos.

-Xa te teño dito que si queres estar con eles eu non te ato, vaite e deixame tranquila, que eu non te preciso para nada.

-Sempre estás igual, eu quérote, pero tamén me gosta estar con eles, penso que hai tempo para todo, ti tamén podes sair coas túas amigas, eu non cho prohibo.

-Pero ben que ves cando estou con elas e algún tío se achega a falarme. E atrás de ti veñen os teus amigos facendose o machito e dándolle a brasa ás miñas amigas que non os aturan.

-E que eu ben sei coma son os tíos, e se miran a unha tía soa van ó que van, que eu ben o sei.

-Eso era o que facías ti, non?. Anda que sodes coma os animais, só vos falla marcarnos coma se fósemos unha propiedade vosa.

-Boh!, deixao, que ben sabes que eu o fago por que non te dean a paliza.

-si,si!. E onte que tal?, ligáchedes moito?.

-So saimos de marcha, nada do outro mundo.

-E hoxe coma non que daches con eles?, ou esque xa non sodes tan amigos?.

-Xa te dixen que o sentía, non sabía que che había importar tanto.

-O día do  meu aniversario, non, non me importou tanto, mais ben cada día importame menos.

-Non sexas tan mala, que hoxe xa estou contigo.

-Se de vedade non sei nin porque che collo o teléfono.

-Veña nena, non o volverei a facer. Prométocho!.

-Cantas veces escoitei iso!. Non te enganes que sabes que non o vas cumprir.

-Si nena, dígocho en serio. Non te volverei fallar.

-Xa, xa!.

-Dime que queres que faga para remedialo que che fixen e o farei.

-Deixa de dicir tonterías non te vaias arrepentir.

-De verdade nena, dígocho de verdade.

-Vale, vale.

-E agora por que non nos vamos a dar unha volta por ahí a velo atardecer nun sitio tranquilo?.

-Ti pensas que xa o arranxaches todo así con catro verbas e cariña de ovelliña, non?

-Veña, non sexas mala, ímonos e seguimos a falar noutro sitio.

-Estás apañado se pensas que hoxe tamén toca. Semella que só me queres para iso.

-Veña, non levantes a voz, anda ímonos xa.

-Un puto crío, eres un puto crío.

   Levántanse, el tenta de bicala e ela apártase. Pagan as consumicións e marchan cara a porta. Polo camiño él trata de agarrala pola cintura e ela mírao con cara seria pero sen apartarlle o brazo. Abren a porta e sae ela diante o que él aproveita para abrazala por detrás e darlle un bico na meixela. Péchase a porta, semella que o bar volve a súa vida.

ESPIDO E MUDO

ESPIDO E MUDO

   Sempre tiven unha pequena sensación de estar descolocado, pero agora realmente non encontro o meu sitio, un sitio onde esar cómodo e sentirme ben. Son inquieto por natureza, pese aser moi tímido non gusto nada da soidade, son calado demaís moitas veces por non dicir o que sento ou quero por mdo a non ser entendido ou a incomodar a alguén, así que vou escudándome nos silencios. Adoito a perseguir amores imposibeis, e rodeome de amigos que non sei se realmente me comprementan ou me restan personalidade. Visto de forma moi clásica e dou unha imaxe de distanciamento non desexada, e síntome desubicado caseque en tódolos sitios onde vou. Nos círculos de xente cercana falo moito de min, cecais pola sensación de non ser escoitado, reflexo os estados de ánimo que paso con claridade no meu rostro. Son un perfecto decoñecido para mita xente que está farta de verme, apático e sempre serio, inseguro e altaneiro, parece que teña medo a abrirme para non ser ferido no maís fondo de min. Sempre adoitei andar entre grupos de xente sen case nada en común, que inclusive non se caían ben, e coa miña inseguridade nunca souben nadar ben nesas augas turbias que unían eses grupos de xente. Fai tempo que non me sento cercano a ninguén, que non teño un gran amig@ a quen contarlle todo o que me pasa, todo o que sento, todo o que calo, todo o que teño. Sego saíndo por inercia, por medo a soidade dunha noite en casa con a cama só para min, deixome ir e non me gusta cambiar de sitios, sempre preferin os pequenos mundos, pois xa aprendín tempo atrás que unha maior oferta non é sinónimo de pasalo mellor. Teño case esquecido un pasado negro de ilusións irreais, moita xente coñecida nas noites de soños brancos e prostitución dos sentementos, quedei farto de ser o que non queria ser, de queima-la noite en mil cigarros e algo maís, de estar fuxindo de seguido duhas sombras que eu mesmo creaba. Son unha alma libre e tódolos meus amigos o teñen asumido, inda que agora esa imaxe que creei as veces vólvese na miña contra, pois pra moitas cousas xa non se conta comigo, e cando algo non me apetece non o fago, por moi en minoría que esté, nese punto sou algo inflexible, pero só coas persoas que tamén o son cos demaís, non me gusta seguer a corrente por que si. As cousas non están nen son coma eu quero, e eu desesperome con iso pero pouco podo facer para cambialas, e cado penso en facer algo síntome canso para semellante esforzo coma eu o vexo, así que non fago moito ruido non vaia a molestar.

RECORDOS SEN COMPAS

RECORDOS SEN COMPAS

   O rebumbio secuestra a conversa, mais eu non sei polo que me gosta o flamenco, e o fume agocha as miradas temerosas. O compás é un sentemento encadeado, unha pileta de bágoas gardadas nunha cárcere de carne. A filosofía de noite faixe por ordenador, cada un coa súa teima e todos coa mesma, artistas por horas, bucadores de ilusións, ladróns de paixóns, paiasos á forza, delatores do sexo. Fermosa a que mire, fermosa a que mire, ti non, ti non. Escritores de silencios, persoas por ser, mártires por vocación, todo morre cando non se rega, whisky, xeos, cigarros, recordadores de tempos que agora semellan ledos, amantes sen querer, soños con falta de dono que se agolpan en cada mesa. Fermos a que mire, fermosa a que mire, e era dermos a que mirou. Pegadores sen golpes nun combate inexistente, hay doces que se comen sen masticar, fuxidores de vacios, leedores de baldosas, insatisfacións en camisetas de cores. Arrepentementos de dous segundos, incomunicación entre o corazón e os miolos, pagadores de sorisos, perfumados coma frores, fuxidores das rúas, impacientes por sair correndo dos ollos que os miran, noites perseguidoras de persoas que fuxen de recordos non recoñecidos. Góstanme os animaís, góstanme os mares doces e salgados, góstame a carne que se come sen masticar. Língoas sen papilas, buscando aparcamento, carencias dentro dos zapatos, beizos mordidos para non dicir o que se quere, augas envasadas, fontes de anos pasados e cansados, bancos con sábanas, acordes que rouban a simpatía, peixes que non nadan en ríos de lava. Noites e maís noites, e morremos cada mañán coma vampiros que non saben voar, ilusión intravenosa, devoradores de lúas, perseguimos o fin sen darlle tempo a chegar. Que puta é a memoria.

OUTRA MESA, OUTRO BAR

OUTRA MESA, OUTRO BAR

-Pois eu sego sen entender como te pode gostar.

-Pois porque si, non hai que darlle maís voltas, digo eu.

-E que non pegades nada, semellades compretamente diferentes.

-Non o sei, tampoco a coñezo coma para sabelo, pero penso que non somos tan diferentes.

-Fíxate como veste, se non vai co teu estilo, e ese pelo que lle cae, semella unha xitana.

-(sorrindo)Encántame ese pelo, e góstame moito o flamenco e as xitanadas.-E arráncome a cantar un tema dos chunguitos-.

-Nada, que contigo non hai maneira. Xa caeras da burra se algún día consegues algo con ela.

-Pode ser, iso nunca se sabe, pero non me mates a ilusión, que é o único que teño.

-Pero mira que pantalón, que falta de estilo. Se nen sequera sabe prepararse, esa cintura caida, esa camisa. Se polo menos levara tacóns.

-Eche tan compricado comprender que haxa alguén que non teña os teus mesmos gustos?. A min se me gusta alguén é por ser coma é, sobor de todo por ter unha identidade propia, iso é o primeiro que me chama a atención.

-Debe ser, porque do resto anda pola media, ou mais abaixo depende do día.

-Pois a min físicamente atraeme, e moito, seméllame realmente fermosa.

-(risas)Pois debe ser que o amor é cego coma din, porque se non deberías preocuparte.

-Cada un é cada un, e eu dígoche o que penso, non te minto.

-Veña, non te poñas romántico agora.-(Mais risas)-. Pero recoñece que inda que che goste, non é unha tia pola que deses a volta.

-Cantas veces din a volta para mirala!. E ti ben o sabes, é algo que non podo evitar.

-E ata é desagradabel, semella antipática e borde. Nunca a vin sorindo e con cara alegre.

-O que ti digas , pero, ¿a que é fermosa?.

-(Xesto de resignación). ...........Deixote por imposibel.........

-Si, realmente fermosa!

-Remata a copa e imos a outro lado.

MESA DE BAR

-¿Qué festexamos?

-Que meu noivo deixoume!

-Non é para tanto muller, algún día tería que pasar.

-¿Como dis?

-Non me malinterpretes, só quería dicir que esas cousas pasan. Nada é eterno e menos o amor

-A ti o romanticismo dache alerxia, non?

-So trato de ser realista, non me gosta facerme moitas ilusións para non decepcionarme.

-Pero hai veces que tes que arriscar para conseguires o que queres, e a ti gostache o risco.

-Si, pero o risco medido. Non me gosta saltar ó vacío sen rede.

-E logo dis que non che gosta a xente calculadora, ti es así, non das puntada sen fío.

-O que non me gosta é correr riscos innecesarios, pero eu non planifico o meu futuro.

-E que mais ten. O que che quero dicir é que cada vez te asemellas á xente que non te gostaba.

-Non sei, a vida faite cambiar, inda que parece que sempre rematamos cometendo os mesmos erros.

-E os homes mais que as mulleres.

-¿E ti o querías moito?

-Mira que es cabrón.

-¿Non volveches chamalo?

-Non me estrana que esteas sen noiva, eres un tocacollóns.

-Mira que te pos guapa cando queres!

-¿Ti xa o sabías verdade?. Que feo te pos cando queres rir. Mal bicho.

-Muller, que importancia ten que xa o soubera. Eu so trato de quitarlle ferro ó asunto.

-Pero sego pensando que eres un cabronazo.

-E eu que deberías cortarte o pelo.

-El odiábate. Non te podía mirar diante.

-Otro maís de tantos. A min sempre me pareceu algo quedo, como se lle faltase un pouco.

-A ti é doado notarcho, non sabes disimular.

-Non merece a pena, o mellor é ser transparente, se algo non che gosta non hai porque por boa cara

-Convídame a un ron.

-Só se me contas como o chamabas na cama.

-Vaite a merda!.Jajaja

-Con cola non churri?

FALANDO DE LETRAS

FALANDO DE LETRAS

-Pero, a ver a ti quen che gusta igrega ou ceta?

-Non sei, é que son compretamente diferentes pero namoraríame de calquera delas.

-Por iso, son dous tipos diferentes de muller, non hai algunha que te chame algo maís?

-Pois depende do día ou do meu estado, é que eu son compatible con calquera.

-Vale, físicamente igrega está mellor, iso está claro.

-Pode ser, inda que as veces ceta está radiante.

-Iso son os teus ollos que te enganan, eu repítome e digo que igrega é maís fermosa inda que non me caia nada ben.

-Non sei porque demos non te cae ben pois non te fixo nada

-Debe ser que ten unha cara que sempre está seria, tampouco a coñezo como para xulgala.

-Nembargantes ceta sepre ten un soriso nos beizos, e sabe ser agradabel.

-Iso mesmo, sabe ser agradabel, pero ten xestos de altanería que a delatan, dígocho eu que miro as cousas dende fora e podo xulgal mellor.

-Pode ser, pero é bo saber estar nos sitios e quedar ben, inda que non por pricipios hai situacións que así o requeren.

-Iso é pensar demasiado, daslle moitas voltas os miolos, non penses tanto e decídete ou fai algo de unha vez. Xoga as túas cartas, primeiro unha e logo outra, canto menos o penses mellor, non tes nada que perder.

-Si que teño, teño medo a errar e ó fracaso, ¿e se me equivoco?.

-Macho tes un lio que non te aclaras, veña non é tan compricado, pero ti mesmo, escolle unha e adiante, que se non vas rematar mal, sei que non é doado pero non hai outra.

-Xa, pero primeiro téñome que aclarar e polo de agora prefiro disfruta-lo tempo que vai pasando mentres tanto.

-Pois non deixes pasar moito tempo que xa sabes que voa, o tempo e as probabilidades.

-Si......., pero eu sonche así, coma unha tartaruga, pasiño a pasiño. E mentres algo hai que facer, tomamos outra?

-Veña, pero pídea ti que necesitas estira-las pernas para que o sangue se te mova e chegue os miolos para pensar mellor.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

   Días anubrados, baixón emocional, estado depresivo, camisas escuras. As bágoas semellan querer sair en cascada, as noites son cárceres de soños que se ven esvaecerse. Sentimento de derrota, de derrota definitiva, e xa non me quedan forzas pra loitar, pesadelos en carne viva, cleptomanía e voz valeira de ilusións. O telón está a caer e non son quen de atopa-lo desenlace a miña historia, pérdome en silencios tocando a guitarra sen cordas e sen poder cantar, valeiros e frío, sombras e cigarros que me perseguen a cada paso que dou. Sensación de necesidade que non logro entender, recordos de substancias prohibidas e xa esquecidas me atormentan a cada trago da miña copa, golpes nos miolos contra as paredes dos servicios, picor nasal e anestesia bucal, deuses que non nos salvan das nosas celdas sen chave posible e seguen sen saber quen somos. Augas que non choven de ceos irreais mollan a miña gorxa dun doce maná, cadencias nas conversas que poden ser evitabeis e que nunca chegan a conxugar as respostas, lume nas mans, peiteados de dez minutos e sorisos zombies. Cíclica depresión que sempre volta, afogándome dende dentro e facéndome menguar, repítese cada certo tempo coma se miña vida fose un péndulo que vai e ven dun estado a outro pero sen atopar nunca a felicidade compreta, e voume notando alonxarme do resto do mundo sentido que todo me sae mal, que ninguén me fai caso, que debería fuxir, saltar, rachar, facer algo, soltar adrenalina, ou ....., non sei, algo teri que facer.

ANINOVO SEN LUCIDEZ

ANINOVO SEN LUCIDEZ

   Dicíame un amigo, todo cheo, primeiro ano novo sen drogas dende xa non me acordo, mentres apuraba o sexto whisky. Os servicios ateigados, as cabezas erguidas cara un ceo inexistente, os canutos eran aromaterapia e eu sen deixar de fumar. Cinco minutos dando apertas, bicos, saudos varios e un ano por festexar, non sei ben o que nin con quen, pero con xente así pola rúa igual mpnto un bar. As rapazas fermosas, coma as convidadas solteiras das bodas, ollos de estrelas, cadeiras cinceladas, doces, simpáticas e co soriso nos beizos, e nos atontados ante tanta beleza, soñando imposibeis, só atinábamos a mirar, sorrir e mirar. Noite de desgaste, cazadores de ilusións, loitas nas barras buscando a mellor situación, hipoteses mortas por errar no cálculo, verbas caladas outro ano maís. Bailes descompasados cos ollos pechados, caramelos de menta e whisky con auga, si con auga tiven que repetir algunha vez, doenzas antigas e unha cama fría. Primeiro ano novo sen drogas, e para que as necesitamos décíalle eu co cuarto whisky nas mans, non as boto nada de menos, foron moitos anos sen durmir, sen sentir e sen soñar, roubábanme os soños, iso era o peor, a ansiedade por non soñar, o medo a sentir, a ter necesidade de alguén, a sufrir, a estar desperto. Hoxe está moi guapa a morena, comentaba un amigo, mentres eu a miraba coma dentro do meu soño, sen medo a espertar, pero felíz de poder soñar, e a xente seguía a beber, agolpada na barra coma se tiveran medo a rematar a noite sen estar bebidos, e as horas pasaban coma invitadas despistadas a unha festa na que non parecían para nada contar. E quen é esa morena da que te falan pregúntame unha amiga, sen mirala os ollos dígolle que ninguén en especial, gardándome os soños con chave, e dirixíndome cara a barra a pedir outra copa maís, hoxe estás moi guapo dime mentres me daba a volta, coma sempre respostei sen pensalo, arrogancia coma perfume e imaxe de seguridade non creible. E deron as oito e tantas da mañá e saín as luces do novo día, camiñando do lado do mar, que era a música perfecta para unha derrota que non existíu, con pasos seguros e a camisa desabotoada lixeiramente diríxome imaxinando hipóteses irracionais cara a miña cama húmida e fría, pero cancha de fermosos soños que nada me podrá roubar.

   Unha noite destas sentados nunhas escaleiras, pasando frío e falando das nosas vidas, estaba cunha amiga nunha rúa húmida e escura de muros de pedra vella e xélidos.

- Entón por qué non vas cos teus amigos e segues de marcha?

- Por que non me apetece e ademaís góstame falar contigo.

- Parece que che pesan os anos e non aguantas moito de troula!

- Pois é que a min a estas horas non me chama moito meterme nun sitio onde a música non che deixe falar.

- E por iso vas pra casa, non?

- Eu non teño sono, pero se ninguén me acompaña a outro sitio terei que ir pra casa

- Eu teño frío e estou cansa, porque si non iría encantada contigo

-Pois se que res subo a túa casa e seguimos a falar

-Non, que despois xa sei o que pasa

- Nada muller, só era por non pasar frío

- E ademaís a ti non che gustaba unha tipa

-Si, xa sabes quen é, a min gostánme morenas-. Ela era rubia, pero de sempre.

-Entón que fas aquí conmigo?

-Ela estaba con outro e eu só estou a falar contigo, non fago nada malo.

-Malo eres ti, pretendes subir a miña casa, disme que che gusta outra, non me chamas nunca, e non me invitas a cear na túa casa como a outras-. Dicía mentres eu lle tocaba o cabelo loiro.

-Raiña, nos somos amigos e góstame falar destes temas contigo, pero eu nunca te engañei prometendo cusas que non podía cumprir.

-Pero aproveitaste que estou soa, deixoume o noivo, e fai tanto frío. Pero non quero durmir contigo, chámame mañán e falamos, vale?.

-Mañán poida que me invite algunha morena a comer, e eu ante as miñas debilidades vólvome feble.

-Pois chámame un día de estes e tomamos algo.

-Pois voume durmir, só e sen soño, sen gañas e sen conversa. Boas noites!, durme ben.

-Non te enfades...

-Se eu non estou enfadado, pero teño frío e inda teño que andar uns pasiños ata chegar a casa. Deica raiña!.

-Chamame!

   E a noite foi moi fría, e o día seguinte non houbo comida con ningunha morena, e tras uns cantos s.m.s. a tarde unha morena estaba coas amigas e a outra, pois a outra estaba pero despois xa non estaba, mentres me perdín nos seus ollos oscuros e profundos coma unha moite sen estrelas na cima de un monte mais aló de onde nunca chaguei.

- Non sabes o aburrido que é estar soa, cada día, cear soa, mirar a tele baixo unha manta quedándote durmida do aburrimento-. Dicía ela baixando os ollos esquivando a mirada.

- Si, debe ser duro-. Dixo él mordéndose a língua por non dicirlle que el a coidaria noite tras noite e aguantándose as gañas de abrazala ou acariciarlle a cara.

- Non sabes o que é non ter quen te coide cando estás enferma, quen te mime cando estás cansa, non ter con quen compartir unha cea, unhas palabras, a manta e o sofá, alguén con quen....., con quen mirar como chove na rúa tra-la fiestra.

- Eu hai días nos que tamén boto de menos alguén  con quen falar, botar unhas risas, alguén que me alonxe desta soidade que me atrapa por momentos.

- Somos uns febles, non sabemos disfruta-la vida, hai que mirar pra diante, xa atoparemos quen nos entenda, ou alguén con quen compartir os tempos futuros-. Dicía ela dibuxando un soriso con forza pero sen gañas.

- Si, debemos afacernos a estar sós, polo menos non pensar nelo e disfrutar dos momentos de compaña con amigos-. Dixo él sen sentilo, desexando collela da man e darlle un bico nas meixelas, e levantando a vista pra mirala os ollos cuha mirada que sabía valeira.

- Veña, brindemos por os tempos mellores que virán.

- Por eles, porque encontres un home que te quera e te faga felíz!.

- E ti tamén que atopes a alguén.

 

   E a noite continuou, coma tantas outras, perdida no pasado, e os días seguiron o seu curso tan fríos come antes, tan valeiros coma outros, eles seguén a buscar a esa persoa que os comprenda e lles de o cariño que necesitan. O tempo non curou as feridas da soidade, nin as películas románticas cada un baixo súa manta, cada un soñando con rostros tralo cristal frío e humido tralo que non chove nin hai ninguén.

ESTANDO SEN SER, SENDO SEN ESTAR

ESTANDO SEN SER, SENDO SEN ESTAR

   Noites de frío e auga, vasos humidos e moito tabaco. Estampados, bufandas, abrigos e poucas verbas; debilidades en sofás, silencios entre frases e derrotas sen rumiar. Pouca xente, cancións de bjork e falta de sorisos, anceios que non morren, imaxes zombies e latidos que fan dano. Outono máximo, escondite de pasións e inimigo da suor, sueters marróns e camisas a raias, verdes difuminados entre soños sen dormir. Non se fixo a mel para os homes de negro, nin as copas para non se valeirar, non naceron os comprementos no corte inglés e todo vale menos chorar, chorar sen antes falar, pois as rutinas son as que amadriñan o cariño e o amor nace dunha mirada sen esquivar. Sete graos na rúa e moito tempo para esquecer, ollos apersoais caras uniformadas e mesturas de fumar, aires de mar, pedras e conversas, xeos que morden os sentimentos sen quentar. Vampiresas, demos, pantalóns cortos, licor café, berros, sereas, coletas e gañas de abrazar, pasos sen cadencia, secuencias de antaño, vasos de plástico, doces e castañas ímposiveis de saborear. Cores que acarician coma o sol de setembro, xeonllos magullados, teléfonos que non soan, obrigas e aniversarios, piropos gardados no peto, películas por ver, envites, órdagos, pares e xogo; loitos de espírito, parellas nos baños, calor nas mans, deuses por uns minutos na terra sen conquistar, espellos sen peitear, xogos por iniciar. Cecais se poidera mercar unha felicidade real non sabería que facer con ela, cecais se poidera deixar de soñar morreria algo dentro de min, cecais se abrira maís os ollos aprenderia a vivir mellor, cecais............ou somos, ou non somos, ou que.

QUEN DIXO QUE NON SERIA PEOR?

QUEN DIXO QUE NON SERIA PEOR?

   Un ano maís na chepa, e parece que nos derradeiros días envellecín coma dez de súpeto.Pasei o fin de semán agoniado, a disgusto conmego mesmo, tenso pola celebración e polas visitas, durmindo pouco e necesitando dar marcha atrás. Encerrome maís en min mesmo e sufro con o corazón partido, non fago nin digo o que quero, e teño unha ansiedade que me afoga todo o corpo, debo deixar de escoitar tanto soul. Comidas, ceas, festas eran un sufrimento constante, esíxome demaís querendo sempre dar a mellor das imaxes, poñéndome o listón cada vez maís alto, non querendo defraudar. Preciso de un pouco de cariño, de algo de comprensión, de que me corresponda o amor. Négome as miñas posibilidades, e sufro por non poder expresarme coma quero, por cada verba dita fora de tempo, por cada mirada sorprendida, por cada latido sen eco. Pecho as portas do meu corazón pretendendo non facerme dana, pero feríndome cada vez maís, non teño forzas para loitar nunha batalla que imaxino perdida, pero non aturo soportar unha derrota pola que non fago nada por evitar. Agóchome tralas gracias pretendendo ser un pequeno bufón, pretendendo ser escoitado para sentirme vivo, anulo a miña diversión petendendo ser quen quizais non son, repito os mesmos comentarios, os tópicos, e as bromas  para facerme notar, pero pouco a pouco voume amedrentando e encollendo a miña persoa para desgracia do meu corazón, que necesita de espacio para sentir, e mira coma eu o vou afogando por non querer darme unha oportunidade. Estou semidepresivo por non querer ser eu, por unha cobardía sen final, son que maís dano me fai, péchome en min mesmo por medo a min, fago muros coas miradas, e non deixo sitio para unha posible porta para poder escapar.Outro ano maís, e esto vai fatal, os domingos non deberían ser tan domingos, e os aniversarios, pois non sei se deberían celebrarse, ou si?

POBRE TAHUR

POBRE TAHUR

   O meu amigo fora unha lenda, un dos meirandes xogadores de poquer da cidade, un mito das tascas e dos bares, dos tapadillos e das discos da comarca. Estabamos sentados nunha mesa, bebendo unha copa de caña, sen apenas falar, senténdonos sós. El tiña o corpo encollido, era unha sombra do que fora, case que non tiña color na súa cara, e os seus ollos semellaban valeiros. Aqueles ollos que foran a súa meirande arma, os ollos que queimaban ás súas víctimas, que desprendían unha mirada de brasas, unha mirada que podía tocar, acariciar, besar, foder sen tocar, unha mirada que gañaba as partidas sen reparti-las cartas. Non había rival posible, porque elas non estaban preparadas para igualar a aposta, non se sabían xogadoras nin ligaban xogo, ninguén se lle resistía, era maís que convincente, era a seguridade en persoa, o que remexia os ases, e gardaba as cartas marcadas. Estaba afeito a calquer terreo para dobregalas posibles rivais, ía buscando mesa en dónde estuvera, apostaba con cartas, sen elas, mínimo parella do que fora, apostaba forte con dobres ou trios, tantas noites, fulles, póqueres, repóqueres, xogadas insospeitadas, ollos suxos, cartas e asentos de coche; camas a descuberto , suor, xemidos, subo mais, dobro, sexo, saliva e roupa tirada. Centos de noites, ducias de mulleres, xogos sen inocencia, tapetes e roupa interior, esa fora a súa vida, xogador de damas, gañador de póquer, ladrón de amores, fuxido de día, morcego de noite.

   Mantíñase en silencio, bebendo a copa de caña pouco a pouco, meditando unha mala xogada, unha partida perdida, que pra él inda non acabara, resistíase a que acabara perdendo por unha vez e rexeitaba esa idea, pero ben sabía que o fin da súa época había chegado. Decidinme a preguntarlle, maís por pena que por curiosidade real, como fora esa derradeira partida, que o facía estar así de apoucado. A mirada, díxome, a súa mirada, non puiden con ela, robábame a alma, o corazón, a vida toda, canto maís a miraba mais valeiro quedaba, pero non podía apartar os ollos dos seus; eu pensaba que inda que fora duro xa case a tiña a punto, só esperaba o momento para subir a aposta ata que ela non pensara que iba de farol, pero ela comezou antes ca min as apostas fortes, e cando eu subía ou igualaba levantaba os ollos e non me rexeitaba a mirada, retábame inda maís, e eu non podía con esa mirada, gris e fría, pero que me atravesaba, e ela veña a subir a aposta, ata que...., rouboume o corazón, eu non me daba conta pero estaba a foderme, a foderme vivo.

   Pousou unha man sobre miña man dereita, colleume un cigarro do paquete, e dixo: eu non estaba preparado para iso, eu estaba acostumado a mandar, a impoñerme, a rexeitar, pero non puiden facer nada, estab espido ante os seus ollos, espido por dentro e por fora, ela ben sabía o que estabamos a xogar. Deulle outro pequeno trago a caña, levantou a vista e semellaba afogar en cada calada ó cigarro,  semellaba afundirse na súa desesperación, semellaba estar rendido, rendido de toda a súa vida de tahur, valeiro de soños e esperanzas, a derrota fóralle moi indixesta. Con un gran esforzo abriu a boca  pra decirme que tiña que marchar, que debía ir facer a compra pra a semana, que ela fora de tendas e non lle daría tempo; e levantándose dixo: ven facernos unha visita algún día, pra ve-lo pisiño, senon cando te deas conta xa estaría casado e os domingos ían a casa da sogra.

ESPIÑAS E CORAZÓN

ESPIÑAS E CORAZÓN

Pecho os ollos e escoito unha canción, tarareo a melodia, repito o estribillo, e asoma unha imaxe á miña cabeza, unha rapaza morena cun sueter a raias de cores. Agora o tempo é pasado, as poucas verbas intercambiadas quedaron esquecidas na rede dos meses anteriores ó verán, e as miradas cruzadas seguen cravadas no meu corazón. Tras unha aventura fallida volvo pensar nunha que nin sequera tiven o valor de darlle a ocasión de que fallara, retrocedo casi un ano de pensamento e retomo a imaxe da rapaza da coleta. Inda que agora teño menos forzas que antes, pois o derradeiro golpe foi difícil de asimilar, eu nunca fun un bo encaixador, e o tempo corre da miña contra, terei que xogar ben as cartas e non envidar en van. Polo camiño falleille a algunha xente, outros me fallaron a min, abusei dos sms, non fixen chamadas que teria que haber feito, vinme querendo a outra, vinme deixándome querer, pero sempre me chegaban comentarios referidos a ela, cando non era eu quen preguntaba. Seguro que voltarei ós mesmos bares, poida que só, poida que ti non, pero estou acostumado a perseguir espexismos entre os fumes da noite, e teño os ollos educados pra buscarte entre os cinturons de pinchos. Deixádeme creer nesta derradeira oportunidade, sacar as espiñas do meu corazón e soñar con esa actriz das películas románticas; estou disposto a equivocarme outra vez, e ben sei que o daño pode ser case irreparable, pero como un neno egoista eu sempre quero tódo-los regalos, e índa sego a facer a lista eu.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

TEMPO PRA NON SER

TEMPO PRA NON SER

Afacéndome a poñer sueter, cambio de estación, mudando de camisas, doblando as bermudas, todo vai cambiando de color. Aburrido de tantas borracheiras tontas, de torpes palabras, de risas sen sentido, estou saturado dos meus amigos, das noites nas que non semellan persoas, de ve-los marchar camiño do basic coma en peregrinación deica un lugar sagrado. Buscando a saida sen luz, afogo deica dentro de min, silencio as queixas e non rio, non, esquecinme de reir e de chorar, vendínlle os meus sentimentos ó tempo, á súa representación en forma de reloxo, son un mais deles, somos moitos, ambiciosos, e despiadados, non fuxas de nos porque estás perdido.
Non teño días entre semana, todo é unha unidade indivisibel dedicada ó trabllo, non podo parar, non sabería que facer, destruio os meus soños sen loita, anulo a miña vida social, tempo perdido, sorisas inuteis, rexeito polo de agora o tempo de loar a tv, as series de entre seman, as familias felices, inda non me sento preparado para añorar tan pouco e sentilo tanto. Escúdome en pesamentos inúteis, pretendendo un quizais, ó que non teño tempo a adicarlle, malgasto enerxías pensando en posibilidades e rapazas morenas, imaxino os envites dunha partida ficticia dun mus impoibel. Escoito demasiada música triste ou é tanta música triste a que me fai a min estalo, non sei que foi o primeiro pero tanto me ten, alugo algunhas verbas por poucos cartos, busco caricias no aire, racho espellos cos meus ollos valeiros, camiño só en busca de compaña, deica o mar, deica á rompente das olas, deica un porto onde descansar.Hai doces que pretendo pero non sei coma saborear, hai sombras nas que me reflexo e fan ruido ó pisar, as horas perdidas son coma puñais, e as feridas non se curan con alcohol non me quero enganar, persigo olladas no tempo que tanto dano me fai, trágome as bágoas por vergoña, e métoas nun vaso de cristal.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres