Blogia

OS ROEDORES DO VALEIRO

Parentes

   Fora do Copacabana Carmen sentíu frío, estremeceuse mentres seguía o paso de Ramón, sempre tan decicido, sempre tan o seu aire, calou ben a chaqueta tirando das mangas e apurou o paso. Colleron o auto e dirixíronse cara a praia, coma outras veces antes, só que agora non ían rindo e facéndose bromas, tiña gañas de chorar e sentía como as súas pernas comezaran a tremer. Aparcaron nunha explanada xa coñecida, en fronte do mar, non había xente a pasear e comezaba a anoitecer. Quedara coa súa curmán para ires as suas xuntas para casa así que non ían estar moito tempo, él miraba ó fronte, serio, tenso, pensando sen dúbida e metido nas súas cavilacións, ela, calada, mentres tremía entre o frío e un temor que comezaba a apoderarse dela. Por fin Ramón falou, comezou dicindo que tiñan que solucionar aquelo, que non era bo para ningún dos dous, que o había pensado moito e o mellor era poñerlle fin. Carmen, tras un rato de incómodo silencio, comezou a falar nervosa e a media voz, dixo que ela quería seguir adiante, Ramón faloulle dun amigo  o que lle acontecera un caso similar e que coñecía un sitio en Barcelona onde o poderían solucionar, que neste momento ter un fillo truncaríalle a vida os dous, Carmen sentíu gañas de chorar, él comezou a falar maís a presa e alporizado, mirouna de fronte por primerira vez dende que sairan do Copa, segui a falar pero ela xa non escoitaba. Como remate ela dixoque tiña presa, que a esperaba  asúa curmán e que se eso era o que él pensaba non tiñan maís que falar. Arrancou o auto violentamente e volveron o camiño andado, ela ía tragándose as bágoas e él conducindo a presa e mordéndose os beizos, a deixou na esquiña da parada do bus e despedíronse sen falar.

 

Lucia e Xavier levaban mais de un ano xuntos, a relación fora asentándose e pensaban en ires a vivir xuntos. Co gallo dunha boda na familia Xavier decidiu invitar a Lucia a acompañalo e de paso presentala os seus. Os dous estaban algo nervosos e despois da ceremonia e as felicitacións os esposos tocou a presentación á familia, pais, irmáns, avos, tíos e padriños. No auto, camiño do banquete, Lucia fitou calada e seria, Xavier tentou saber que lle pasaba pero ela semellaba pensativa. A comida pasou lenta e con poucas verbas entre eles, ela seguía extrana e Xavier non quería meterse moito no que lle pasaba e tentou de leva-la tarde o mellor posible. Na hora do baile aproveitaron para despedirse e marcahares, era mellor, pensou él, tal como Lucia estaba, forzando un sorriso que non lle viña a cara. Ó chegar á casa del sentáronse no sofá e collendoa das mans el tentou saber que lle pasaba, se era pola súa familia, se se atopaba mal ou se sentira incómoda. Ela, tornando a súa mirada cara él, mordeuse os beizos e tentou de comezar a falar, dando rodeos foi contándolle cousas da súa vida que él descoñecía.Díxolle que era filla de solteira, que os seus país casaran xa con ela nacida, que nunca coñecera nin había querido coñecer ó seu pai. Él non conseguía relacionar os feitos con nada que pasara na boda e manténdose calado deixaba que ela fora falando. Seguíu Lucia dicindo que o que era seu pai soamente o mirara nu npar de fotos que a súa nai conservaba e que llas ensinara tras moito loitar con ela. E, por fin, que cando lle presentara o seu padriño recoñecera a ese home, o home das fotos, o home que era o seu pai. Quedou muda por un intre, seguía seria e cos ollos perdidos, fixo por coller ela forte nas mans del e agarimouno. Sentíase, dixo, desconcertada, sobrepasada por unha sensación extrana e desconcertante. Nunca había querido coñecer a ese home, díxolle, non era tanto odio coma indiferencia total, o dano non llo había feito a ela senon a súa nai, pero nos seus plans non estaba esta situación, tiña teima de vover a velo, sentíase desacougada e non sabía coma ubicarse sabendo que era familia del.

 

Terapia de sexóloga

   Desculpándose co pretexto de recoller unhas compras deu por rematada a sesión, intranquila e tensa. Anoxada con sego mesma, pechou a porta, depediu o paciente e respirou fondo, incrédula co que acababa de sentir e sentía, nunca experimentara aquela sensación nunha sesión e aquelo a molestaba. Tratou de serearse pero a excitación ainda a tiña presa, dirixiuse ó baño con aire resolto tratando de dominar ela as sensacións. Senteda no water, tocouse a braga e notouna humedecida, debatíase entre sentemenos contradictorios e non era quen de tomar as rendas. Case vinte anos pasando consulta, falando de sexo profesionalmente, centos de pacientes, miles de horas de terapia, pero hoxe, hoxe este pacente fíxoa excitar. Era un mozo tan natural, falaba tranquilo e claro, non dubidaba, non estaba apoucado coma tantos que non saben coma contar o seu problema. Xa cando apareceu a primeira vez notou que era alguén especial, tiña imán, a súa fala cadenciosa e lenta, os ollos, limpos e de mirada nítida, que non piden comprensión nin se esconden coma os demais pacentes, escrutan, piden respostas, miran de fronte e de preto. Disfrutaba falando de sexo, facía bromas, ría, calaba cando ela lle explicaba as cousas mirándoa cos ollos brilantes. Tocando cun dedo seu sexo comprobou a súa humidade e tensouse inda maís, pensou, por un intre nel, en como falaba das súas experiencias, en coma lle contou que facía él o sexo, en eses ollos curiosos, subiu e baixou o dedo caendo presa dunha excitación morbosa e doce. Tensou as pernas, expirou fondo, estaba cachonda, presa  da excitación do recordo del, sendecidirse a coller un papel hixiénico apretose un muslo pensando en conter os seus pensamentos que voaban nunha fantasía descoñecida para ela. Apoiando as mans nas pernas agachou a cabeza e díxose basta. Sereouse e compoñendo o seu vestuario, limpose, mordeuse os beizos e refrescuouse a cara, un fato de cuestións viñéronlle a mente, non era profesional o que estaba a pasar, pero non podía poñerlle remedio, asumindo a súa inquetude, aparcou para outro momento maís lúcido e sereo as respostas que precisaba. Se total, tampouco él tiña necesidade de terapia, o seu problema era algo normal, algo que se solucionaba nun café...ou nuha cama.

Saindo a frote

   De noite espertou suando, coma se un lóstrego que lle pegara nos miolos, abrui ben os ollos e ficou sorprendida e lúcida. Chegara o pobo para o enterro do seu pai, pasara tres días entre sentementos encontrados de dor, desarraigo e valeiro. As cousas correran maís ca ela, tres días, so tres días e había dado fin a relación, inconsistente, pero relación co seu mozo, chamara o traballo para pedir 10 días maís e rematara discutindo co seu xefe e ameazando con marcaharse, fora coa súa irmá de excrusión polo monte, saíu unha noite a tomar algo e acostárase co seu primeiro mozo. Tomou consciencia de toda a información e sorprendeuse ó atopar que non se arrepentía de nada. Era coma se unha partde de si mesma, unha parte que estaba agochada no seu interior saira a frote para facerse protagonista despois de tantos anos cubrindo etapas dispostas e obxetivos marcados por outros. Asomouse a fiestra a botar un cigarro, o calor da chaira pegoulle na cara, mirou os montes do fondo, alá camiño de Portugal e respirou ese aroma morno da terra que case esquecera. O silencio, ese silencio que tanto odiara antes agora pareceulle música para  a alma, a estrada vella de Madrid, deserta agora despois da construcción da autovía, e apenas un puñado de luces alá arriba na pobo. Todo eso que agora a rodeaba, tan familiar e tan desprezado estes derradeiros anos, todo eso formaba parte dela, unha parte que tomaba importanza así de súpeto enchendoa de vida e orgullo.Deixou a fiestra aberta e meteuse na cama enchida de todo aquilo, pechou os ollos e pensou, o galo non tardará en cantar.

PETER PANS E LOLITAS

A década decadente, entre os trinta e os corenta, Peter Panes e Lolitas, un futuro lonxano e formal demais para quenes inda teñen frescos recordos de xuventude gloriosa e inconformista. Semellamos ancorados a unha vida de insoportabel rutina e soños en etapa terminal, continuos bucles de tempos pasados que foron maís fugaces do que pretendemos recordar e tan compricados coma outros. Costa poñer os pes sobre a terra e seguir o camiño, miradas a curto prazo e moitos xuros por pagar. Seguimos na búsqueda dun escape redentor, travestismo de fin de semana, vigorexia con caducidade, ansiedades tatuadas no rostro. Medio mozos, medio homes, medio mulleres, medio sen centrar, memoria suicida, claustrofobia mental. Relacións de semáforo, noites víricas, lóstregos de vitalidade, sexo desacoplado, fame de utopía, medos de almofada. Perruquerías, zapatillas, vaqueiros caidos e depiladoras eléctricas, eterna xuventude, físicos inconformabeis, camisetas negras e sorrisos de espello. Non hai todo posibel en medio dunha nada constante e estremecedora, ambicións con alfinetes, dentes que non morden, comida xaponesa e comunicación non verbal. Búsqueda constante dunha identidade non segura, escapsimo 2.0, neveiras famentas, viaxes imposibeis, noites de cine en avi, ceas con copas, lambrusco, salsa de solla, bolsas de xeos e partidas de trivial.

A resaca, un estado de ánimo

   Finalmente quedou reducida a domingos grises inda que vaia sol, estómago recheo dunha medexa de aire e pesadez, dor de cabeza, penitencia e contricción, sequedad de pel, sede, agonía, fame ansiosa e maltratadora, cansanzo de corpo e alma, limbo de primeira feria, frío destemplado, movementos lentos e inconsistencia emocional. A resaca, rémora de noites estiradas ata o fin, de copas vertixinosas e tempo sen medir. Repetida coma un bucle en brancos e negros, mil días, mil dores pequenas, mil mortes celulares, mil despertares non querendo facelo. Pero dentro de esa repetición e igualdade encontreime recentemente cunha pequena muda de sentido, maís emocional que lóxica, un impulso de enerxía revivida e carente de novas emocións. Hai resacas que a mente tira do corpo para facer cousas, nas que tes gañas de sair, ver o sol, vivir a luz, as cores, nas que a ansiedade se transforma nun estado de felicidade e complacencia. Un estímulo na noite, unha cita, sexo, un encontro, poden mudar o estado de ánimo dando volta a loita emocional poñendo por riba a parte optimista sobre todo o negativo, e de súpeto a lucidez non se agocha tras unha falsa euforia, a mente sométese ó corazón e o desequilibrio tórnase claridade de ideas. O presidio corporal de tantos días responde a disciplina das endorfinas baixo uns límites físicos ineludibeis pero en clara posición de sumisión ante un destello de forza maior. Todo debe ser a conta dun preciso descanso mental, que atopa en eses pequenos instantes de pracer un oasis entre tantas ansiedades e estrés de negativismo, e entón durmir poucas horas non semella inconvinte para seguir a vida con firmeza e precisar de actividade mentres dure esa sobreexcitación hormonal. Un descanso na loita interna e bipolar que azouta a mente é agradecido polo corpo que fica manso e prediposto a obedecer, volvéndonos maís permeabeis as radiacións de positivismo e vitais.

Economía Sumerxida

Prendeu a música ó decatarse de que ía conducindo en silencio, por costume, sempre adoitaba a escoitar os cd no coche. Ía absorto nos seus pensamentos, engulido nunha sensación de infantil ridículo, fumando un cigarro, un vicio adquirido de volta ó ter tanto tempo libre. Volvía de casa de Nuria, derotado por aclararse con ela, ceibar os seus sentementos, por dicirlle que estaba a enamorarse de ela, coma fai 12 anos. Soltoullo na cama, inda suorosos e con a quentura do sexo recente, esa sensación de comodidade complice e rexeneradora, saliu así sen pensalo, embulido pola seguridade que ela lle daba cando estaban xuntos. Que estúpido era, pensar que ..., todo pasou tan rápido, coma estaba en paro e sempre fora moi mañoso as veces facía algún arregliño en casas para sacar algo de cartos, un día chamoulle un amigo dicíndolle que o marido de Nuria quería instalar unhas luces ó redor da casa para iluminar o xardín e a piscina. Foi de boa gaña, facía tempo que non a miraba e tiña gañas de vela, co seu maletín de ferramentas, un jeans, unha camiseta e unha tremenda sorrisa. O marido non estaba, o traballo, e antes de explicarlle o chollo, ela convidouno a tomar un café, charlaron das súas vidas, sorisos, outro café e un cigarro que non rexeitou despois de tres anos se fumar. Comezou a traballar, cables, focos, suor e unha cervexa para despedirse ata o seguinte día. Semellaba que en tres días recuperaran a confianza de antaño, ela ofrecíalle unha parada cada pouco tempo, cigarros, cafés, cervexas, recortaban a distanza de formalidade, tocábanse facendo bromas e así pasaban as tardes. Él pola mañá limpaba a casa, levaba a súa filla o colexio e a recollía para comer, preparaba a comida para a súa muller e esperaba ansioso que chegara a tarde para ir xunto a Nuria. O chollo casi estaba rematado cando ela lle dixo se podía colocar tamén mais focos polo xardín e cambiar algunhas luices da casa, él aceptou encantado, tomaron unha cervexa e subiuse a escada a rematar cun foco que alumeaba cara a piscina. Ela apareceu en bikini e meteuse na auga a darse un baño, él non puido evitar mirala, ela deuse conta e saindo da auga mollada e brilante dixolle que baixara e se dera un baño, que ía moita calor. Metéronse os dous na piscina, falando, chapotearonse xogando coma cando eran mozos, entre as brazadas, o movemento e os xogos remataron xuntos, de frente, ela deu un paso de frente miráronse os ollos e entre os dous salvaron os derradeiros centímetros que os separaban. Bicáronse, a modo, saboreando sensacións pasadas, ela prendeuno nos seus brazos pegándose maís, sairon da auga e seguiron na toalla, xa sen a parte de arriba do bikini, foron ata unha parte algo maís recollida contra o xardín e alí os bicos deron paso os movementos desbocados e así rematou o cuarto día. A semán seguinte non é difícil imaxinar coma sucederon as tardes, era un caluroso mes de maio, así entre piscina, cama e sofá transcurria o chollo de colocar as luces, sempre algunha desculpa nova, algunha demora no material, mais piscina e mais sexo.

   Joder, para que complicarme tanto, pensaba él esperando nun semáforo, somos adultos, é algo que pasou e xa está. O tempo libre, iso é o problema, coño. Dende que quedou en paro dáballe moitas voltas os miolos, ansiedade e horas valeiras, sentía a necesidade de cambiar algo na súa vida, un hoco, un algo que saira á superficie agora que non tiña moito que facer. Ordenador, internet, cursillos e visitas o INEM, limpa-la casa, coida-lo xardín, levar a filla o colexio, recollela, facer a comida, pero todo iso non o enchía dabondo, sentíase inútil, o non poder levar cartos a casa caía como unha lousa sobre o seu orgullo. Pero dicirlle a Nuria que a quería fora unha rapazada, setíase mal consigo mesmo, ferido e doente no mais profundo, fodera todo, co ben que  o pasaran e porque non algún día voltar a repetir esas tardes, pero agora non, agora todo se fora ó carallo. E mañá con que cara ía mirala, merda, como desculparse sen quedar coma un neno?, dáballe magoa rematar unha aventura que tanto o enchera nestes días, devolveralle á vida. Por outra parte, pensou, mellor así, tiña unha muller que se preocupaba por él, non o abafaba por estares sen traballo e non esixía mais do normal, unha filla que significou a maior ledicia da súa vida, unha bonita casa e mito tempo pro diante para levantar cabeza.

   Abriu o portal automático, aparcou o coche, entrou polo carreiro do xardín e a súa filla saiu a recibilo, bicouna e colleuna en peso, entrou na casa, bicou a súa muller e sen saber ben como sentíuse cheo coma facía tempo, sorrinte e cun vigor que afloraba do seú oscuro mar interior. Todos falaron de coma lles fora o día, sentados na terraza e bebendo uns refrescos, o solpor tintaba de vermellos e laranxas o xardín, era felíz, moi felíz, díxolle a súa muller que mañá remataría o chollo e deixando a súa filla no chan subiu a prepara-la factura para presentarlla o marido de Nuria.

TRI-DUO-EGO

Era a mañá seguinte, a ventá estaba aberta, ventilando un cuarto de sabanas enroladas, a porta do baño entrepechada mentres ela saía da ducha pudorosa como era tapada cunha toalla e véndose no espello mentres se peiteaba os cabelos. El seguía na cama, esperto dende facía tempo, sen gañas de coller olibro que tiña sobre a mesiña, inerte, pensando sen saber que pensar. Despois daquilo acostáranse sen moitas verbas e trataron de durmir inda que ós dous lle costou, en silencio sucedéronse as voltas na cama, os supiros, os movementos nervosos e un paseo del para beber un vaso de zume. Fora unha sorpresa grande para él, nervos o principio, carnes mornas despois e unha excitación e desexo nunca vividos mais tarde rematando en movementos, suores e suspiros. Os ollos vendados, as mans presas, o corpo nú, tacto, oido, sabor, sexo, extrano e cunha descoñecida ademais da súa muller que o tocara, sentira e foderan entre as dúas, ou entre elas, ou unha, ou...?. A súa imaxinación ruxía cos motores a ralentí presta a construires unhas imaxes posibeis ou non, cos ollos pechados quedou sen imaxes na carpeta, era coma un conto sen título, un libro sen portada, él sentira, estivera alí, fora o centro, unha esquina, o borde, estivera pero non podía porlle imaxes a aqueles momentos, a meirande excitación da súa vida. Un recordo sen imaxes deixate orfo ademais de intrigado, agora tendido na cama setía gañas de fumar un cigarro, de almorzar, de darse unha ducha de coller a súa muller e facerlle o amor, estaba cheo de ansiedade e de preguntas pero ela ó acostarse lle dixera que aquilo fora unha sorpresa, un agasallo polo seu aniversario e nada maís, e non quería comentar o tema, coñecéndoa sabía que aquilo habíalle costado moito, vencer o seu pudor, os prexuizos, a vergoña, fora un acto de grande xerosidade moi grande pola súa parte. Érgueuse e foi á cociña a prepara-lo almorzo, que menos que facer algo por ela esta mañá pensou, despreguizouse, estirou o seu corpo feliz e preparou a mesa.

Cando almorzas con alguén que non quere falar calqueira pequeno ruido é molesto, e as verbas non saían, quería dicir algo pero non sabía que dicir, non quería que a conversa se fora o tema da noite anterior pola súa culpa, e sabía que a súa mente estaba inda pensando nelo. Ela comía cos ollos baixos, sen querer miralo, masticaba despacio, pero con cara de non saborear, querendo que o tempo pasara sen preguntas, sen conversa, sen ruidos, só que pasara coma a moa dun muiño que xira e xira mentres pasan os minutos, as horas e a vida segue sempre cara adiante. Tiña o pelo mollado, a cara limpa e fresca e un aroma doce e humido, parecíalle maís fermosa que de costume, quedou q mirar pa ela quedo, cunha bolacha na man e a boca entreaberta, sorprendeuse desa percepción de percibires tanta beleza na súa muller, sempre fora unha rapaza riquiña, rubia, algo maís alta ca él, de corpo esbelto e poderoso, un corpo de muller como a él sempre lle gostara. Deuse conta de que ela o descobrira mirándoa pero non tratou de disimulalo, mordeu a bolacha e segui a mirala, ela pusose algo intranquila o sentirse observada, colleu o vaso con zume, bebeu e o volveu deixar facendo algo de riudo demais, buscaba onde fixa-la mirada sen encontrarse cos seus ollos, mollou un croisante no café e sorbeu cos ollos pechos. Notando a súa incomodoade él envalentonouse a falarlle, esa situación dela, nervosa e chea de pudor fixo que collera a confianza precisa para dicir algo:

-Hoxe estás especialmente fermosa-. Ela case atraganta co café e de esguello miara cara a él tragando a naco que tiña na boca pero apartando rápido os ollos.-Perdoa, non quería que te atragantaras, pero tiña que dicircho-. E dibusou un sorriso nos seus beizos tratando de darlle confianza.

-Pos.....grazas!-. Acertou a dicir levantando a vista para por primeira vez no día mirarse de fronte.

-Non, grazas a ti, síntome moi afortunado de terte preto de min, de que sexas a miña esposa.

-................

-Seica te sorprende, xa sei que non son moi dado a estas cousas, pero tamén sabes que non podo calar o que penso e quería dicircho porque así o sento.

Ela voltou levanta-la vista e medio sorrindo mirouno cos ollos metade doces metade amargura. Fitou mirándoo, unha loita de pensamentos envolvíanlle a mente, non sabía se definitivamente sorrir, se chorar, se alegrarse, se entristecer, queríao, sentíase protexida con él, acompañada, escoitada, comprendida case sempre, realmente non tiña moita queixa del. Él sempre estivo nos malos momentos, falou cando tiña que facelo, calou cando tiña que calar, non, non era mio agarimoso per otampouco ela o era nin gostaba de selo, pasou de serer un coñecido gracioso a un amigo con quen poder falar, e de ahí a unha parella, así sen moitos sobresaltos, mentres os dous encamiñaban as súas vidas profesionais deron en vivires xuntos coma algo natural, e a boda só significou un pasiño maís, algo que tiña que chegaar e chegou. Todo pasaba pola súa cabeza mexturado coa noite anterior, a vergoña para preparar ese encontro, unha noite de trula e borracheira coas amigas, as confesións con unha delas, o que pasou dunha broma a algo serio. Si, fora cunha amiga, con quen mellor?, a ela non lle pareceu mal a idea, sempre fora mis decidida, uns cantos cafés, algunha conversa por teléfono, uff, como lle costara decidirse a dalo paso. Tiña medo de facelo, medo a perder algo que non sabía ben o que era, indefensión, pudor, temor a sentirse comparada, a perder na comparación, dúbidas e maís dúbidas que nunca chegaron a desaparecer de todo por moito que a súa amiga a tranquilizara, en que lle vendaría os ollos a él, en que só fora unha vez, só unha vez e non maís. Él erguesuse e comezou a recolle-la mesa, o silenzo semellaba unha capa demasiado curta para cubrires a falla de conversa, ela levantouse e foi cara ó cuarto, tiña que face-la cama e quería facerlo soa. Escoitaba os ruidos da cociña, do fregar as tazas, abrir e pechar alacenas, o edificio tamén comezara ese mudo traqueto das mañás de domingo, inspirou forte, abriu a fiestra, hoxe ía ser un día longo e non podía quedarse soa para purga-las súas teimas e culpas. Rematou de alisar a funda nordica e él asomou pola porta e entrou no baño, deixouse caer sobre a cama sentindose envolta nunha capa de pecado e pensou en poñerse unha copa mentres o esperaba.

 

Mr. Blonde e os pequenos

   Mr Blonde leva na cara o curriculo, as vivenzas, o cansanzo e o tempo. Outra noite, outro sitio, outra merda outras risas, mais e mais, sempre o mesmo, e os nenos que lles tiran manises os monos. Non se sorprende xa de nada, o bucle resulta canso demais, semella unha condea da que non pode escapar, 10 anos e un día saindo de noite, por bares, tugurios, entre nenos, nenas, ionquis, mais nenas e mais ionquis, camellos, amigos e almas castigadas das que pende un corpo. Apoiase e observa, os nenos queren xogar coas gacelas, pero xa non teñen a axilidade dos felinos, os anos na reserva non perdoan, medio sorrí e pide un pito, eles sempre levan tabaco enriba e mais os días de excrusión. Non debe beber demais inda que é o que a noite lle pide, como encargado dos nenos debe levalos o hotel a salvo das hienas, masca goma e sorrille a unha moza sabedor de que o seu corpo xa non está para correr, nin unha verba, nin un movemento, hai que gardar as forzas para cando sexan precisas. Beben sen descanso, a travesia do deserto durou moito tempo, e saben que teñen que aproveitar a parada no oasis e facer día de carnaval no mes que sexa, bolsas que pasan de man en man coma se foran cromos, aseos sen espellos, esquinas imposibeis, cabezas erguidas e bocas tortas. Mr Blonde séntese o perdedor pero mantén a postura coma o cantante dos Ramones, corren os cartos, dereitos, torcidos, en círculo, en barra, 100, 200, 300, hai crédito, free finance, chove  e escampa, fálalles no seu idioma apaiase na parede e pìde outro pito e as ofertas de rubio-negro fan que se sorprenda por primeira vez na noite. Cara de duro como a mellor defensa, traxe impecable, ollos de mirada profunda escrtadores dentro dos bares, mete a camisa por dentro e se deixa convidar a unha copa, cambia de marca de whisky coma prevención a certas horas por costume para evitar os seguros efectos ó día seguinte, unha semiconversa, unha aperta, unha gracia, un sorriso, e volta a buscar un sitio dende onde poida ter vixiados a tódo-los nenos. É tarde, está moi canso xa, pide outro pito e os vai colocando en fila para coller os autos, un par deles pérdense entra as gacelas que lles pasan saltando preto, moi preto, pero nunca o seu alcance nun xogo triste coma un deja-vu, trata de impoñer a súa autoridade, un ultimatum, arrancan os autos, chegan o lugar de descanso da única etapa, soa o teléfono, os nenos rezagados, vencidos e agotados nos seus xogos chaman a Mr Blonde, que carallo hai ou no nhai taxis?

Os fíos do vento ( o conto que custou parir)

    Paseando pola praia, despacio, parándose, observando cada recodo coa súa cámara de fotos, tratando de atopar algo que encha o seu sentemento de valeiro, unha imaxe, un recordo, un momento para recordar. O ceo muda entre grises de diferentes tonalidades, nubes de cinza, nubes de carbón queimado, nubes e ceo ,que case non é azul, plomizo e ausente. De cando en cando o aire golpéalle a cara, unha ráfaga fresca coma un caramelo de menta que lle sacude e lle fai notar os pes na area e a sensación de estar vivo, sempre lle gustou o vento na súa cara, espértao e acercalle ó mundo. De seguro que hoxe non vai atopar unha posta de sol coa que prácticar os novos coñecementos de fotografía adquiridos lendo páxinas de internet, pero enfráscase en captar as ondas contra a praia, contra as rochas, os recodos da costa na parte en que o monte cae sobre o verde-azul océano. Séntase, deixase caer na area e observa alí á súa dereita a vila, a vila á que decidiu fuxir uns días, maís por fuxir do que era que por atopar o que quere ser, non fai moito que estivera alí por primeira vez e xa daquela sabía que ía voltar pero non pensaba que fora tan pronto. Moitos eran os sentementos que o levaran a estar así de  agotado, sentíase valeiro, só, sen ánimo, sen amor, sen perspectivas de ningún tipo, e o peor de todo era que non se vía capaz de mudar todas esas cousas que tanto o desacougaban. Así, deitado sobre a area de lado afanábase por atopar ó mellor ángulo para capturar as casas que se erguen sobre a paraia e o porto, o color grisáceo da tarde dáballe un ton que facía semellar unha imaxe antiga. Dispara, érguese un pouco, volve a disparar outra foto, e cheo de area rola pola praia seguindo o vó dun corvo mariño. O mesmo hostal, o mesmo cuarto ó fondo  do pasillo alí onde o vento golpea mais forte, as mismas vistas de leiras apenas traballadas, casas colocadas sen orde, ca vila ó fondo e por entre os edificios o mar asomando omnipresente. Érguese e camiña pola praia acércandose a vila, salpicase a area da roupa e deixa caer a máquina pendurando sobre o seu peito.

   Mentres ía camiñando cara as escaleiras que suben ata o paseo sobre a praia mira como por elas baixa unha moza com algo nas mans, un aparello de cor azul e branca, chega á area e deixando no chan o aparello comeza a desliar unha especie de tanza, estirando e desdobrandoa. Segue camiñando mais paseniño intrigado por saber que sería aquelo que a moza extende cando ela comeza a correr pola orilla e o aparello comeza a coller vo, unha cometa, iso é o que era, que comeza a erguerse cara ó ceo loitenco co vento, subinod maís, baixando un pouco, tratando de manterse a frote entre o aire. cando a moza pasa maís preto dél obsérvaa un pouco mellor, debe ter vintetantos anos, ,morena, cun sueter marrón e uns pantalóns vaqueiros, crúzanse unha mirada curiosa e cada un segue na súa dirección. Sube as escaleiras que a moza acababa de baixar e séntase nunha terraza do paseo, valeira e gris, pide un zume e fita a mirar para onde a moza loita co vento para manter a cometa no aire. Ábstraese disfrutando do momento de ledicia da moza na praia, sempre lle enterneceron eses pequenos momentos de de felicidade vividos de forma tan natural. Movido polo sentemento voyeur do observador fora da escea votou a man á cámara e tirou unha foto, como quen cobra unha peza única que só a él lle ten sentido, seguiu o mevemento da cometa e tirou outra foto. De súpeto quedou enganchado á aquela escea de loita física entre a cometa, a moza e o vento, cada quen tratando de governalos outros elementos, buscou novos enfoques, usou filtros para mudar a cor, vermello, azul, verde, acercaba o zoom, alonxábao, probaba todo o que lle ía vindo á mente outras veces tan reacio a sair despois de tanta teoría da fotografía releida centos de veces. Un cigarro abandoado no cinceiro consumiuse só, os xeos do zume derretéronse, a luz da tarde foi mudando a tonos mais escuros e plomizos, dandolle forza o gris das nubes que se tornaban prateadas mentres o día comezaba a desaparecer empuxado pola noite que viña chamando con ráfagas de vento que golpeaban freecas a súa cara. O tempo pasou sen darse conta e unhas pequenas gotas caeron sobre a mesa traidas como follas no aire, a moza debeu sentir tamén as gotas e facendo baixar a cometa comezou a recollela e abandoou a praia camiñando cara ás escaleiras por onde antes baixara. Él gardou a cámara na súa funda, pagou o zume e tratando de non cruzarse con ela pola vergoña do voyeur tirou a andar polo paseo cara o hostal para asearse e cear.

    Apenas levaba uns metros camiñados cando escoitou que alguén o chamaba-señor, oia señor- xirouse para cerciorarse que era por él e mirou que era o camareiro da terraza quen berraba, -deixou atrás o acendedor-. A moza da cometa que pasaba onda o camareiro colleu o acendedor dicíndolle algo e tirou cara onda él estaba facendo que lle entrara unha sensación mezcla de vergoña e descolocación.

-Creo que isto é teu-. Dixo ela cun soriso candochegou xunto a él.

-Si grazas-. Acertou a respostar.

-Inda que non sei se quedarmo en pago polas fotos que me sacaches-. Dixo cunha expresión compracida e sorinte.

-Eh, ..., perdoa, é que era unha imaxe moi plástica, un cuadro digno de enfocar e non sei, tirei unha foto e logo non puiden parar. Sintoó.

-Non te preocupes home, non me molesta-. A cara del estaba colorada e falaba atropelándose.- O que si quero é mira-las fotos, iso si que mo debes.

-Claro, si, eh., cando queiras, descárgoas no ordenador e podes velas ou se queres douchas para ti, como ti queiras.

-Non home non, eu con velas xa me dou por pagada, podes quedar ti con elas.

-Pois ti dirás, eu estou aloxado no hostal, se queres podes vir e mirámolas agora.

-Agora non podo, teño que facer algunhas cousas, un poco mais tarde, pero tampouco te quero molestar, terás que cear ou algo.

-Pois facemos unha cousa, convídote a cear cando remates e miramos as fotos. Así págoche por fotografarte sen permiso.

-Dacordo, quedamos despois, e toma isto é teu-. E deulle o acendedor que ind atiña na man.

   No cuarto do hostal descargou as fotos e grabou un cd con elas, sentíase contento cunha sensazón non habitual en él, un sentemento esquecido en forma de rebumbio que saia o exterior. Duchouse, puso música, correu as cortiñas e a noite cos seus negros ropaxes asomou á fiestra, escoitábase bater o vento nun xogo de ráfagas e carreiras escapando do mar e recordando que él tamén vive entre nos. Prendeu a tele, xogou co teléfono, comezou a vestirse mentres daba voltas polo cuarto sen rumbo e sen sentido, rematou de peitearse e decidiu baixar  á cafetería. Había unha pouca xente na barra, pediu unha cervexa e sentouse nunha mesa, seguía inquedo e ansioso, a paciencia nunca fora o seu forte, prendeu un cigarro, colleu un periodico e púxose a leelo. Ela non tardou en chegar, sentouse e él deulle o cd coas fotos, voveu a bromearlle co que pasara á tarde, voltulle a vergoña e o falar atropelado. Pasaron ó comedor, él deixouse guiar polas suxerencias dela, en porto de mar peixe, coma era lóxico, un entrante pequeno e viño branco. A conversa comezou a facerse mais tranquila, falaron de fotografía, da vila, dos lugares para visitar, das súas vidas,a situación era moi amena e cordial. Xa cando pediron o postre falaban de seguido, fluidamente e coa viveza dos que se interesan por coñocerse.

-Espero que me sacaras guapa-. Soltoulle ela xa con confianza.

-De seguro que si, espero que che gusten as fotos.

-É unha mágoa que non as poida ver ata mais tarde, tiña curiosidade por velas.

-Se queres podemos subir ó meu cuarto e as podes ver no ordenador.

-Non, que dirían de min, aquí todos nos coñecemos, e logo as faladurias sonche moi malas nas vilas.-E dixo esto con expresión compracida e reservada.

-Perdoa, non quería ,.., comprometerte, eu, ..

-Xa, home, xa, era só un comentario, non te atragantes-. Dixo Sorindo con gañas.

-Pois xa me dirás que che pareceron as fotos.

-Espero que si, pero para iso terás que voltar, hoxe era o meu días libre e non creo que nos volvamos a ver.

-Entón mañá non hai cometa na praia?-. E fíxose o apenado mirándoa os ollos.

-Non, ademais, creo que vvai chover, que este aire ven do mar e trae humidade.

-E non podemos tomar unha copa e seguir charlando un chisco?

-Podemos, claro que si.

   A noite quedara fresca e coa profundidade coa que se amosa cando a lúa non luce, as nubes eran un todo escuro e impenetrable. Seguiron a falar tomándose unha copa, soriron, beberon e conversaron durante unha hora que pasou moi rápido para os dous. Ela tiña que marchar, o seguinte día madrugaba, na rúa despedíronse mecidos por un aire que xogaba acercándoos e alonxándoos facendo que os pensamentos fluiran rápidos e presurosos, atrapandoos no seu labirinto.Él deulle o seu teléfono por si algún día pasaba por onde vivía, ela díxolle que tiña que voltar se quería saber o que lle pareceran as fotos, e o vento os separou, cada un tirou polo seu camiño,  alí onde a rosa dos ventos desnorta ou nos leva a bo porto, envolvidos nos seus fíos  invisibeis de forzas, rachas e direccións cada un sabía o que tiña que facer.

Lugar sen conto

Lugar sen conto

  Vai tempo que non son quen de escribir nada, algúns días trato de comezar un conto pero o pasar do tempo  e ver que case que non pasei das dez liñas e a cousa non leva negún setido borro e voume facer outra cousa. Non sei se esta vida aburrida e lineal que levo fixo fuxir os soños que sempre bulian dentro de min, porque un conto ven sendo un soño que che colle esperto. E despois deste fin de semán que pasei nun sitio deses que deixa marca pretendía escribir un conto que se desenrolara alí, pero nada, levo tempo tratando de sacar algo e non sae nada e fumo de seguido pero nada. A ver, comezarei polo principio, o lugar é Malpica, Malpica de Bergantiños que así parece chamarse, un sitio bravo, duro, forte, ideal para contar unha historia breve, de dous persoaxes soamente, home, muller, nada profundo nen presuntuoso, non sería unha historia romántica, inda que nun encontro entre duas persoas sempre poida quedar o rastro de algo, unha impresión, curiosidade, pero non pretendía falar de amor.

   Tendo claro o esceario, este daría os seus condicionantes físicos e xeográficos. O mar, bravo e doente, pai e deudor, sempre presente atacando o espigón coas súas lingoas de salitre e espuma, sería un condicionante paixasístico da historia. O vento, castigador e ruidoso, importantísimo no conto, un vento que pode falar, que golpea nas caras dándolles cor e firmeza, que fai tremer os corpos e bater as ideas, remove os sentidos, leva os corpos cara adiante ou cara atrás, lévase os recordos quedos e trae as novas ilusións, arrastra o día e a noite, sempre presente e coas súas direccións, estes días facía nordés, que semella malo para a pesca e arrastrador de nubes. A vila, colgada sobre o mar en loita contínua co vento de tódalas latitudes, coas súas casas vixiantes dos barcos do  porto, do regreso dalgún ser querido, dun prato que comer, cheas de colorido sempre a piques de perderse, en orde nin mais lei que a da supervivencia. E sendo un lugar así ten que marcar os que alí nacen ou viven, os sitios duros dan carácter e personalidade, marcando para a vida a un.

   Agora, pretendendo escribir só unha historia pequena, debería escoller cando se desenrolaría, e así debería ser un día nubrado, con vento, á tardiña estaría ben, algunha gota perdida de chuvia, ben outono ou inverno, roupa de abrigo, un  paseo, pola praia ou a vila, o porto ou un café nun bar, que nos bares é onde se desenrola a vida nos pobos mariñeiros. E o encontro entre as dúas persoaxes, unha mirada que atopa uns ollos descubridores, un choque, algo casual, porque non un can, home, muller, as súas condicionantes, pasado, presente, futuro, perseguidor, fuxido, atopado, sentimentos, vivenzas. Tamén podería ser de noite, a noite que nos fai quedar nuos ante todo, cando espertan as inquedanzas, un entrido diario que nos permite ser quen non somos á luz do sol, abrigo dos indefensos, que nos da folgos e calor para poder vivir un día mais. Unha noite sen lúa nen estrelas, un bar, unha conversa a berrros, un café, unha copa, moi típico mais moi agradecido. Non sei, terei que pensalo ben.

   Recordoume Malpica á Baiona que coñecín anos atrás, invernos estudando para uns exmes de febreiro, días grises, paseos de tarde ata onde as ondas do mar golpeaban as rochas e o muro da palma e cigarros fuamdos tratando de distinguir as ilas Cies entre a pouca luz que quedaba, salitre, infinito mar, rúas escurecidas, húmidas e valeiras. É curioso, pero mergullando pola rede atopei que estas dúas vilas poideron estar vencelldas nalgún tempo atrás por unha vía comercial, a vía per loca integradora de pobos da costa atlántica co seu trasego sociocultural. Inda que de aquí non creo que saque nada para o meu conto, non se me ocurre como encaixar tanto nun pretendido conto pequeno.

   Pois nada, segue sen sair a historia a frote. O ceo si que o teño claro, será gris e de chumbo, no sei se de tarde ou de noite, pero vai pesar como unha lousa sobre as dúas persoaxes, será un mantoe unha cruz o mesmo tempo. Fállame saber coma move-los dous, home, muller, pode haber un pequeno diálogo, non demasiado, o narrador levara o peso do conto, co mar, o vento e a vila coa súa vida. Si que sei que algún día volverei a Malpica, pois como dixen marcoume, quedei con gañas de mais, de coñecela mellor, deixarme conquistar, e mentre deberei tratar de sacar o conto de dentro  de min, porque estar está e de vez en cando véñenme imaxes que non consigo amasar. Os ingredentes vounos teñendo claros, fáltame un bo amasado para remata-la empanada, e un forneado lento e longo.  

Deica

Naufraxios

   De xeonllos no chan, sobre aquela alfombra rota e case desfeita polos anos, miraba cara á parede cos ollos abertos e perdidos.  O seu corpo movíase ó ritmo daquel home que a suxetaba fortemente polas cadeiras, soportaba as embestidas sen soltar nin un suspiro, sen apenas respirar, sentindo que a parede cada vez estaba mais preto e imaxinando que en calquer momento podería escapar através dela. Escoitaba os xemidos ansiosos del, imaxinaba a súa cara fea e sudada, coa boca aberta e a língoa case de fora, notaba os seus dedos premendo cada vez maís forte nas súas carnes, as poucas carnes que lle quedaban. Pensaba nos cartos que metera no peto do pantalón, no viaxe en autobús ata as chabolas, nos polvos marróns do xitano, en agocharse nalgures e perderse de todos e de todo, nada maís precisaba agora, un pico bastaría para esquecer. O home apuraba as súas embestidas, estaba preto o final, instintivamente botou as cadeiras cara atrás sabéndose liberada en intrés, tratou de cravar as unllas na alfombra e respirou fondo. O ritmo das derradeiras embestidas facía que os seus xeonllos rozaran maís forte na alfombra, comezaba a sentir a door  e apoiandose agora ben sobre as mans tratou de moverse para axudar ó home a rematar dunha vez. Estaba farta e cansa para moverse ata un pouco pero comezou a culear a cada movemento del, sentíase suxa, agotada, valeira, pero quería quitarse aquel tipo de diante xa. Sentíuno xadear entrecortado, meterse ben dentro dela, xa estaba, notou como afroxaba a presión das súas mans, os movementos seguiron xa sen empuxe, él foise botando fora pouco a pouco, ata que o sentíu sair. Non quiso moverse, nin darse a volta, escoitouno levantarse, andar polo cuarto, coller a súa roupa e vestirse. Ela seguiu alí fitando cara á parede, inerte, estando sen estar, vergoñenta de ser quen era, de estar así núa nun cuarto cheo de cochambre y vello, de saberse morta sen estalo.

   Ergueuse despacio, tratando de comproba-lo movemento do seu corpo, buscou a súa roupa polo cuarto inexpresiva, sen presa, coma quen recolle a mesa cando xa se foron os invitados. Foi ó lavabo, tratou de mirarse no espello aquel que xa de tan suxo apenas reflectía imaxes, tratou de atopalamoza que non fai moito tempo era. Non, non hai tanto tempo que estudaba a súa carreira, tiña noivos, amigas, unha moto e moitas gañas de vivir. Todo fora tan rápido..., o derradeiro noivo, as longas noites, o cambio de amigas, probar todo o que o seu noivo tomaba, durmir fora da casa, maís noites, maís cartos para mercar de todo e despois xa os días eran longas esperas ata conseguilo que necesitaban. E así foi pasando o tempo e as amigas foron desaparecendo, na casa eran broncas e maís broncas, o seu noivo comezou a picarse, ela non tardou en probar, e maís broncas cos seus país, comezou a roubar co seu noivo inda que a ela dáballe moito apuro.  Él non tardou en caer arrestado, xa daquela fórase da casa por unha tempada, pensara, e agora as broncas eran co seu noivo, ela non quería roubar, non lle gustaba aquelo, e así él desapareceu de golpe, fórase con outra rapaza. Abriu os ollos e non se podía ver no espello que era case negro, aseouse un pouco, quería chorar pero parece que xa non podía. As forzas pareceron desparecer ó pensar en baixa-la rúa, coller o bus, ir ás chabolas, tanto esforzo e tan poucas forzas!.

   Abriu a chave da auga para refrescarse un pouco, sentirse fresca. maís limpa, pero non era así. Saiu ó salón a busca-la súa roupa e deixouse caer no vello e suxo sofá apertándose cos seus brazos e tremendo non de frío se non de angustia e valeiro. Imaxes, recordos, felicidade, días, noites ían pasando pola súa cabeza se parar. As gañas de chorar fixeron que asomara unha mínima bágoa pola súa meixela que buscou a súa língoa cando chegou á boca. Tremeu forte pensando en todo o que había perdido, abrochouse o pantalón e tratou de acumula-las forzas para levantarse e ir a coller ese triste e verde bus, pero semellaba atada a ese sofá e a eses recordos. Pensou en deixalo para maís tarde, darse unha volta polo vello ós bares onde sabía que algo ía encontrar e tamén se cadra algún cliente co que recadar algo pola noite. Deixouse ir perdéndose en ilusións e outros tempos, quedando semidurmida e inerte, non sentía frío, non tiña fame, estaba cansa e precisaba descansar un pouco, só iso.

   Un sonido despertouna, era ó seu teléfono, preguizosa deixiouse estar no sofá, non quería voltar a súa podre vida, seguía a soar e conseguiu despertala por completo. Hastiada decidiuse a collelo quen sabe para que era, achegouno a súa cara coa man, sen ver quen era e ....esa voz, esa voz que parecía sair dos seus soños... As bágoas viñéronlle todas de súpeto os seus ollos, tratou de respostar pero as emocións que se lle agolparan non a deixaban. Dende o fondo de toda ela saíu ......"mamá" e calou apertando contra si o teléfono.

Fillos da morte

   Contábame o meu avó que sendo él noviño durante uns anos dedicouse a ires polos pobos cuns tíos seus a paceres augardente cunha pota, cobándolle á xente por destilar o bagazo restante despois de face-lo viño. Eran tempos de escasez e a xente non podía ires a Portugal a mercarse unha pota un domingo calquera. Pois estando no Morrazo acudiu onda eles un rapaz horfo de pai para que lle fixeran a augardente que tan mediciñal era nos fríos e húmidos invernos preto do mar. Meu avó, ó saber que o rapaz seguía indo ó mar a pesares de que no mar fora ónde morrera seu pai preguntoulle se non tiña medo de sair cada día a pescar habendo morto así seu pai, e aquel rapaciño respostoulle, como bo galego, primeiro con outra cuestión: e oteu pai onde morreu?, na cama, respostulle o meu avó; e entón ti non tes medo de deitarte cada noite?, finalizou o rapaciño sabendo que non habería contestación. Meu avó díxome que ese día fíxose maior de golpe, perdeu os medos  e as dudas da adoescencia á vez, tamén nesta volta de augardenteiro no morrazo perdeu a inocencia e algunha cousa mais pero esta é outra historia.

 

Dende a fin do mundo

Dende a fin do mundo

  

 A marea había rematado, desembarcaran en Río Gallegos para coller un avión ata Buenos Aires e facer transbordo para Madrid e despois Vigo, pero él había decidido quedarse, quería pasar un tempo por alí só e lonxe de todo. Non tardou en coñecer a cidade e sen rumbo fixo que seguir unha noite ceando nun restorante coincidiu cun paisano que lle comentou que o seu barco zarpaba rumbo ó pacífico e recordou a sona da cidade mais ó sur do planeta, ushuaia, a fin do mundo, non é que él creera moito en mitos, inclusive quedara decepcioado con finisterre, esperaba algo maís bravo para ser o fin da terra, pero pediulles o favor de que o levaran ata alí. Á idea de quedar na arxentina non fora gratuita, non quería voltar á súa casa e ver que a rapaza que amaba xa non estaba na vila, había marchado, como tanta xente, a trabalar a unha gran cidade, non chegaran a ter unha relación porque él non se aclaraba entre ela é a súa antiga noiva, e ela cansárase de esperar e decidira marchar. Haí foi cando él decidira embarcar, tiña un primo que traballaba no mar e por medio del enrolouse nun pesqueiro que faenaba no Atlántico Sul, o traballo nunca lle dera medo e o sueldo era bo, inda que ante todo él quería alonxarse da vila unha tempada, coñecer outros lugares, despexar un pouco.  E así pasou uns meses de humidade, moito tabaco, noites sen durmir e traballo sen parar.

   Cando chegou a Ushuaia, quedouse fitando ós montes nevados sen poder baixar a vista ó plano normal, sentíuse invadido pola inmensidade, moito mais que os primeiros días no mar, aquelo era unha exaltación as proporcións da natureza, sentíase grande e pequeno ó mesmo tempo, respirou fondo, pechou os ollos, e esta vez si que se sentiu lonxe de todo. Cunha mochila coma toda equipaxe, o gordo facturárao a empresa cara a Vigo, dedicouse a pasear por aquél sitio, miraba cara ás montañas, cara ó mar e ó estreito de Beagle buscando algún resquicio da Antártida, miraba a xente traballando e inmersa nas rutinas de a diario, todo era novidade para él e sentíase un rapaz novo que nunca saira da súa casa. Camiñou cara ó monte mais próximo, non por querer subilo se non por afán de camiñar cara algún sitio, ía cun paso lixeiro e mentres se deixaba acariciar polos ventos fríos e silbadores do lugar comezou a pensar en ela, en como lle gostaría que estivera agora alí, anda él, co seu gorriño de lá en moitas coores, por un intre soñou que a tiña ó seu lado e xirando a cabeza buscouna cunha esperanza infantil. Sentouse nunha rocha, mirando á vila dende onde estaba, coa perspectiva duns metros mais arriba, voltou a buscar a Antártida no horizonte e predeu un pito, levantou á vista cara ó ceo e, pechando ós ollos, mirouna bailando con él nunha noite de festa, deixouse levar un rato pola imaxinación e negandose a si mesmo o soño sacou o pito dos beizos e dixo para si mesmo "a fin do mundo" mordendose o beizo inferior e pensando que carallo facía él alí. Baixou á vila e buscou un sitio onda comer, camiñando polas rúas descobriu nunha tenda de recordos unha postal cun ceo ardendo coma o lume de vermello e decidiu mercala, e no restorant El Gallego, mentres esperaba polo seu caldo, escribiu por detrás da postal "nunca tan preto de ti me sentín".

Perdido na Discoteca

   Pese a que non son do meu gusto nas derradeiras semáns deixeime levar polos meus amigos ata unha discoteca para rematar coas noites dos sábados. Resúltanme aburridas, abafantes e claustrofóbicas pero non sei se será por un desaxuste hormonal ou por falta de sexo pois cedo e vou cando eles a ese sitio que sempre me prometen estará cheo de mulleres. O tema do sexo non mellorou, eu vou camiño do tipo do chiste aquel de nada de nada, alo menos algunha rapaza si que coñecín inda que non fun quen de levala onde eu quisera, vamos a miña casa. Eu trato de segui-los costumes dos meus amigos e non repetir duas semáns seguidas tentándoo coa mesma pero a miña educación ou os meus modales, ou coma me di un amigo as miñas gañas de quedar ben as veces pérdenme e sempre saudo a quen coñezo e cunha rapaza que coñecín xa fai tres semáns ata falo algún intre con ela. A rapaza devandita é unha mociña nova, para meu gusto demasiado nova, duns vinte anos non moito maís, e iso é algo que me ten confundido, pois a min as rapazas da súa idade non me resultan interesantes normalmente, pero esta é diferente, é simpática, sempre acude a saudarme, pódese falar con ela, é maís o outro día estaba cunha rapaza algo maior ca min e bastante fermosa pero cunha conversa mais plana cun mapa e deixeina o mirar a rapaciña e funme xunto a ela. Non, non é amor, nin moito menos, pero encóntrolle algo a esa rapaza que non encontro noutras moitas, amén de ter a beleza nascente que se ten a esa idade e vestir coa moda da discoteca ensinando moito e deixando entrever mais, a esas idades pódese facer. Pero este derradeiro día descubrín algo  maís, inocentemente pensaba que os porteiros vixiaban ós meus amigos por ir algo bébedos, pero non, sospeito que o vixiado era eu, porque no momento que saín descubrin á rapaza cun deles en situción algo agarimosa, eu saudei cun sorriso e saín pola porta o seu carón. Os porteiros das discotecas xa no meu tempo tiñán o seu clube de groupis?, non sei se se escribe así, que os tiña mitificados por ser maiores que elas, altos, fortes e os que as podían colar dentro, inda que non creo que por iso me tiverán que estar vixiando, pero eu sonche moi paranoico, inda que haber había ata tres detrás miña por momentos, e eu non gacía nada raro, e o vicio de pecharme nos baños xa hai algún tempo que o esquecín. Pois,......, agora doume de conta de que me perdín, de que estou a falar de algo que non é do  que ía a falar, veña, o tema é que sigo sen entender ó que vai a xente ás discotecas, e as costumes e os idiomas deses sitios, pero polo camiño que vou dantro dun tempo algo maís saberei ó respecto.

CONTO DE NADAL

   Decidira ir a despedi-lo ano a casa dos seus pais, a súa casa ó fin, pois era a que sentía coma súa inda que agora estivera vivindo lonxe, noutra cidade, compartindo piso con outras dúas mozas, pois o prezo dos alugueiros non a permitía vivir soa. A navidade e a noiteboa quedárase no piso, soa, lembrando os derradeiros seis meses, os seis meses que alí levaba vivindo, o ter que traballar os días seguintes axudou a que non fose a súa casa, pero o cambio de ano quería vivilo lonxe dese sitio e así escolleu librar a primeira semán do ano para ir celebralo coa súa familia.

   No taxi iba fitando con tristura todos eses paixases tan coñecidos e que agora se lle antoxaban tan lonxanos, lembraba as tardes na praia mentres se puña o sol, os sitios onde xogara de nena, onde trancorrera a súa primeira historia de amor, o seu primeiro bico, os seus primeiros segredos, as amigas,tantas cousas que alí vivira e que agora se lle atollaban esquecidas ou desaparecidas nun tempo que xa rematara. Buscou o seu teléfono no abrigo e como xa supoña non descubriu ningunha chamada perdida, ningunha mensaxe nova, ningún sinal que a fixera aledarse un pouco e si un valeiro maís para sumar o seu estado de infelicidade.

   Entrou na casa con dúas maletas e silensoxa com unha pantasma que pasea o seu pesar polos lugares onde transcorreu a súa vida. Pronto apareceu a súa nai, semellaba leda por mirala, quiso darlle unha aperta pero non se atreveu, ela non era así, forzou un soriso e pouco maís, deixou as maletas nun recuncho e seguina a cociña deixándose levar polas súas verbas e os seus pasos. Foi escoitando sen demasiada atanción todo-lo que ela lle foi contando da súa irmán, do seu irmán, do seu pai, dos seus sobriños e de todas cantas cousas súa nai lle iba dicindo sobre o que fora pasando neste tempo e que  semellaba que ela toña que saber. Axudouna un chisco na cociña e despois dirixiuse ó seu cuarto a deixa-las maletas. O seu cuarto, mirábao con ollos curiosos, como voltando a descubrilo, con todo o que alí soñara, as noites de felicidade e enamoramento, as noites de bágoas e sen durmir, as mañás encollida sen quererse ñevantar e deixándose quentar polo sol da fiestra; observou as súas fotos, onde aparecía cun amplo soriso e non se recoñecía nelas, deixou caer as maletas xunto á cama e pechou os ollos queréndose quedar durmida e soñar en todos os momentos da súa vida alí vividos.

   Despertouna a súa irmán, quedárase durmida, con ollos preguiceiros puido mirala, falándolle, dándolle inha aperta despois, semellaba leda de vela, sen folgos esgueuse e xuntas baixaron ó cuarto de estar. Alí estaba o seu cuñado, o seu pai, o seu irmán, cuñada e os seus dous sobriños, así de súpeto topouse coa vida, coa ledicia que se vivía naquel cuarto, bicos, sorisos, cuestións e mais cuestións sobre a súa vida nova nesa cidade que xa semellaba un lonxano recordo na súa memoria pese a habela deixado só facía unhas horas. A súa nai chamouna dende a cociña e a puso en marcha, achegábase a hora da cea e coma sempre inda todo estaba a medio rematar de facer, púxose en faena, sentíase útil, un engranaxe maís, ía recoñecendo ese espazo como seu, deixouse levar polas prisas da súa nai e pola gostosa tensión que nesas ceas sempre houbo nesa casa.

   A cea transcorriu coma toda-las ceas que recordaba coa súa familia, amena, coas típicas bromas e algarazadas entre os seus irmáns, coa súa nai leda e faladeira sempre disposta a volatar a enche-los pratos, preocupada de que non falte de nada. Chegaron as doce e foise comendo unha a unha as uvas sen saber ben se pedir un desexo ou esquecer un anaco da súa vida, dos derradeiros meses. Tentou chamar a unha amiga pero foi imposible, as liñas debían estar saturadas, e ante a insistencia dos seus pais e irmáns decidiu salir, ela tamén pensou que era o mellor antes que seguir unha sobremesa chea de cuestións das que non quería falar y de seguir tentando formar parte daquel cadro de familia chea de ledicia, pois a súa tristura ameazaba con sair ó exterior dun momento a outro e non quería que fose diante dos seus.

   Foi ó bar onde soía quedar cos seus amigos pero inda non había ninguén, e despois de falar cun dos camareiros decidiu sair a rúa e pasear un pouco soa, deixándose levar entre a multitude de ledicia e alcohol que ateigaba as rúas nese momento. Pensaba na súa derradeira relación que agora estaba rota e para ela finalizada, nunha cidade que a axfisiaba, nun traballo mal pagado e sen visos de futuro, pero non quería dar  marcha atrás, ela non o iba a facer, sería recoñecer un fracaso e iso iba contra o seu orgullo, pois fora ela a que tomara a decisión de marchar da súa casa, perdón da casa dos seis pais, e non ía voltar coa derrota por diante, iso non. Seguía a pasear distraida, sen mirar a nada e dandolle mil voltas os seus pensamentos, cando se topou diante dun rapaz que a mira e di:

-Hola!

   Era un rapaz da vila, co que case que nunca falara pero o coñecía.

-Feliz ano!.- Díxolle.

-Feliz ano!.- repetiu ela medio sorprendida por velo tan ledo alí diante súa, pois recordábao coma alguén mais ben solitario e que sempre semellaba tristeiro.

   De súpeto él achegouse un pouco maís e dalle dous bicos, dous bicos que a deixaron sen saber que facer, sorprendida e a medio ubicar, tentando de voltar a realidade da noite na que estaban. Comezou a falarlle pero él non se interesaba polo mesmo que a súa familia, pregúntaballe por ela, por como estaba, por o seu soriso, semellaba interesado por ela pero iso non era algo que entrara nos seus plans para esa noite, inda que se sentía ben falando con alguén.

-Alegrome de verte!.- Díxolle e deixouna sen saber coma respostar.- A dónde ibas?

-Estaba dando unha volta para busca-los meus amigos.- Respostou ela.

-Veña, é cedo e seguro que inda non chegaron, invítote a unha copa.

-Gazas, pero vou ver se os atopo que cheguei hai un pouco e inda non estiven con eles.

-Pois entón xa nos miraremos despois. E de verdade que me gustou verte.

-Vale, xa nos miraremos.

   E ela foi mirando coma se él se ía perdendo entre a xente, con gañas de seguir falando pois precisaba falar con alguén, con alguén con quen non houbera falado nos derradeiros meses, precisaba desprenderse de tantas cousas que non lle importaría contarllas a él ou a calquera que a quisexe escoitar. Precisaba falar do seu fracaso, da súa relación rota, do seu estado de dous meses, do seu medo o futuro, das súas inquedanzas, de tantas cousas, precisaba desfogarse e valeirarse por fin de tantas verbas caladas que lle daban voltas na cabeza.

   Por fin unha chamada, unha amiga que lle di que está a cear cos sogros, que non vai sair, ela pregúntalle polos demais e un tras outro vaille contando que os casados están nas súas casas, e os demaís foran a unha festa noutro sitio, e así todos estaban fora. Dille que ten moitas gañas de vela e que mañán podían quedar para toma-lo café, e que o pase ben, que o pase ben .....ela soa. Agora o valeiro medra no seu interior, segue a andar sen rumbo e mentres decide facer algo de tempo antes de voltar a casa para non atoparse con ninguén ind adesperto. Cando se decata está de novo no bar do principio, onde soían estar os seus amigos, e entre a xente descobre o rapaz de antes, semella estar só pero entre o alboroto xeral descobre algúns dos que eran os seus amigos, sempre lle parecera un rapaz soitario e agora lle veñen á cabeza as veces que o descubrira mirándoa, e aquel verán no que ela fora camareira dese bar cando él era case que o seu mellor cliente. Mentres recorda distraida aqueles tempos non se decata de que él achégase ó seu lado e cando o quere buscar entre a xente aparécelle diante súa cun soriso que ela non coñecía na súa cara.

-Agora non me podes rexeitar unha copa.- Dille mirándoa os ollos dunha forma tan segura que a fai apartarlle a súa mirada.

-E que xa me iba.- Resposta ela.

-Veña só quero brindar contigo polo novo ano.

-Vale, xa que insistes tanto brindaremos polo novo ano.- Di ela mais polas gañas de rematar dunha vez coa conversa que por quedarse maís tempo nese lugar.

   Ano novo, vida nova, pensa ela mentres brinda con él, e case se atraganta cando pensa no seu estado de dous meses, pero tentando disimular finxe un soriso e tenta ser cordial e non semellar triste. Pouco a pouco vaise encontrando maís cómoda falando, e vaise soltando na conversa. Obseva que él a mira con ollos dulces e abertos, cunha mirada franca e sempre ós seus ollos, a consegue facer sorrir un par de veces e no seu interior vai formándose unha extrana sensación, unha sensación que xa tiña esquecida, a sensación de estar cómoda con alguén, e así entre as verbas da conversa parece sentir que él está atraido por ela. Vaise deixando levar polos seus ollos e polas súas verbas, fala xa sen freo, fala e fala, e dase conta que está a entrar no xogo da conquista, está a ligar. O canal dos seus sentimentos abriuse definitivamente, vai soltando todo o que tiña metido dentro, e mentres segue a falar decátase de que se lle soltou unha bágoa, él cóllea pola man, ela reacciona tentando apartarse, él retira a súa man e mira para ela cos seús ollos azuis e limpos, ela tamán mira para él, sen aparta-la mirada, dase de conta de que xa o resto da xente non parece estar alí, están nunha esquina sós e mirándose os ollos. Él trata de achegarse maís a ela pero ela extoupa a chorar, e entre bágoas cóntalle que está preñada e deixase caer contra os seus hombreiros, sente coma él a colle e a aperta contra si dándolle un bico na fronte. Xa falándolle o oido dille que sempre lle había gostado, que levaba anos namorado dela e que non se perdoaba non haberllo dito antes. Ela ergue a cabeza e mírao ós ollos, a eses ollos que tamén agora estaban algo mollados e nos que se miraba reflexada, quere bicalo pero non ten o valor suficente, ten tantas dudas sobre a súa vida que non sabe o que facer. Él coa súa man agarima a súa cara e dalle un bico na meixela, ela volve pensar en bicalo e acercarlle os beizos pero ten medo a que él llos retire, a un fracaso maís, e esta noite prefire non perder o que gañou que é moito para o seu estado de tristura.

Despídense, ela dí que ten que marchar, defendéndose dos seus sentimentos, él cóllea de novo pola man e dille que pode contar con él para o que sexa e que lle gostaría volver a vela pronto. Ela comeza a nadar, despazo, coa cabeza baixa e tentando non caer na tentación de mirar para atrás, escoitao chamala polo seu nome, xírase e mírao alí no medio da rúa mirándoa e sorindo, quédase un intre calado e logo sóltalle : "guapa". Iso arrancoulle un gran soriso de satisfación e ledicia, mirouno cunha cara que se sabía alegre, gardando unha imaxe del e dese momento, deu a volta, volveu camiñar e deuse conta de que xa esquecera tódolos malos recordos

A Frase Solta

A Frase Solta

   Levo un par de ideas tentando sacar unha historia dunha frase que escoitei fai unha semana, fíxome gracia a frase, non sei por que pero duxen velaí un comentario con miga. Onde a escoitei é o de menos, nun sitio calquera preto dun pobo con río digamos, o esceario era: dous mozos falando do que fan fora do traballo, de lecer digamos pois, sobor de todo dos fins de semana e maís en concreto das noites dos domingos polo que poiden apercibir. A frase en concreto foi: "Os portugueses séntanlle moi ben os cornos"; seino, non é unha frase fraciosa, nin ocurrente, pero a min pareceume unha boa ocurrencia, unha boa saida nun diálogo atascado, inda que diálogo diálogo non era moito. A ver o contexto da frase era algo así coma un bar, un bar ou pub, non sei ben o que, nunha estrada entre duas vilas, na típica estrada entre dúas vilas no sur da provincia, non moi lonxe da fronteira co país veciño, inda que esto non sei moi ben se pode ser influinte na causa da frase en cuestión. Pois o bar ou o pub parece que era un deses bares/pubs onde hai duas ou tres camareiras novas, case que sempre extranxeiras e que soen estar de ben ver supoño, vamos digo eu, un deses sitios que non é un prostíbulo pero pasan pola barra del. Eses sitios soen ser frecuentados por mozos novos, mozos das vilas veciñas ou de maís lonxe, que acuden ó reclamo das camareiras, vamos digo eu que alí haberá algo de todo, ó que vai ver, o que mira e non se atreve a falarlle, o que lles fala as mozas para fachendearse cos seus amigos que non son quen, o que vai tentar facer algo maís que falar, e o que vai pensando en foder sen comprender que iso non é un prostíbulo, como dixen antes.

   Pois xa temos o esceario dos feitos, ata aquí chego ben para sacar a historia, pero agora cando teño que seguir..., imos ver como seguíu a historia, ou como eu percibín do que escoitei que pasou alí. O tema era que un dos rapaces que fora alí, ou un dos que ía con él, penso que foi así, púxose a falar cunha das mozas, que era nova alí, xa se sabe que a novidade sempre chama maís, inda que esteamos en rebaixas, e falando con ela e tentando que fixera algo maís que porlle os cubatas, poruqe neses sitios débense beber cubatas, e de ron ou de xinebra, cubatas con coca-cola, si, en vaso gordo e con dous xeos, así o imaxino eu, pois o mozo parece que quería ligar con a moza nova, ou non ligar se non votarlle un polvo, para que andar con voltas nun sitio deses, que xa se sabe a esas góstalle a todas, non?, ou iso tamén me parece que entendín na conversa. Pois o mozo apretando forte, tirando do repertorio e con un par de cubatas entra a matar e parece que ela sen perder nunca o soriso, imprescindible ó estar de cara ó público e no trato co cliente, dille que ten un noivo, un noivo portugués, ó que o mozo dos dous cubatas de ron con coca-cola respostoulle automáticamente e sen pestanexar: "ós portuguesés séntanlle moi ben os cornos", e neste punto si que quedo sen saber como tirar, a conversa pode derivar para calquer lado, o conto pode acabar ben ou mal, nun coche no asento de atrás, nunha discoteca de domingo, pode rematar ahí, ...., ata pode rematar cun portugués asasino, pero debo seguir pensando como porlle remate a historia porque a conversa que escoitei o outro día quedouse ahí, ou polo menos para min, quedei tan engaiolado coa frase que non quesen escoitar mais. Penso que será mellor que o portugués non apareza, que teñen fama de mal xenio e pódese armar.

Anxo caido

Anxo caido

   E moito peor ca Xudas, despois de negar ducias de veces, vas e volves probar. Esa sensación, de anestesia e orgasmo extenuado, esa sensación da expiración valeiradora, cantos recordos que se gardan nun plático. E dis, vale, só é hoxe, e convenceste que só é esta noite, e á vez convenceste de que non tes que renderlle contas a ninguén, de que estás só e sen un futuro alentador, xa estás convencido de que ela marchou e non sabes se para sempre. Bebes outra copa, outra copa, perdes a conta, bebes por inercia, queres desaparecer, anhelas os tempos dos silencios de noite e o autismo que as drogas produce. Sabes que agora é diferente pero non o queres recordar, non podes mirar á xente á cara e tratas de escoitala música, sábeste pálido, nervoso, sábeste fantasma nunha esquina do bar. Descóbreste perdedor asumindoó, non o tratas de ocultar e só pensas en pasados non mellores pero si tranquilizadores e sen o peso do tempo, non podes fuxir de ti mesmo e o asumes como unha derrota maís. Mañá será outro día en negro ou en vermello, tanto te da porque ti non pensas xogar nin tes crédito para apostar, esqueceches as cartas marcadas e o sabor da victoria. Os cartóns de crédito xa non bastan para mercar felicidade nen tempo, as agullas do reloxo crávanse como frechas no teu peito e os vasos cada vez son maís grandes, as noites xa non son inflamabeis nin eternas e semellan condeas de pensamentos fracasados, pensas en que hoxe é un día especial e tratas de esquecer de que hai un mañá, un pouquiño nada maís, sei que non está ben pero non o quero saber. 

EXTIRPACIÓN. (1ª CONSULTA)

-Boas tardes

-Boas tardes

-Qué se lle ofrece o cabaleiro?

-Pois verá, eu viña para que me extirpe o corazón.

-Para cambialo, quererá dicir.

-Non, para que mo saque. Non o quero, faime moito dano e prefiro vivir sen el.

-Diantres, ista si que é boa. E está vostede seguro?

-Si, estouno. Se vivo sen corazón non terei sentementos, entón deixarei de sofrir, e se non sofro poderei vivir mais tranquilo e ser felíz.

-Mire que se lle quitamos o corazón será moi compricado dar marcha atrás. Ou sexa, meterlle un corazón a quen non o ten é moi compricado, sempre hai rexeitamento, un corpo habituado a vivir sen sentimentos repele calquera tentativa de voltar a sentir. Eu non coñezo ningún caso de extirpación de corazón, hai xente que o perde ó longo da súa vida, o perde e cecais nunca o recupera, pero que eu sepa ata o de agora ninguén quiso que lle fose sacado voluntariamente.

-Enténdame doutor, eu sofro moito, e todo é por culpa deste maldito, prefiro unha vida oscura e gris que tantas penas que me amargan. Na miña vida fai tempo que non existen os bos momentos, as alegrías, nen tan sequera a ilusión así que prefiro perder a nula capacidade de desfrute que me poida quedar en aras de non sofrir maís. Será coma manter con vida a un enfermo crónico e evitarlle o dolor. Senon será este dolor o que me mate de tristura.

-Mírase que é vostede un caso extremo. Pero non quere probar antes algo non tan drástico, algo maís conservador, non sei, un vaciado de cerebro, un reseteado de imaxes, unha limpeza de recordos, home, podemos tentar facer algo desto antes que recurrires a unha ciruxía tan drástica.

-Non, eu non quero ter corazón, vamos, que non o quero ter dentro de min, que sento que me afoga. Non quero que me faga nada diso que me di, porque sei que voltarei a vivir os mesmos erros, as mesmas decepcións, a sofrir as mesmas penas, e voltarei a estar igual ó cabo dos anos, e eu non quero voltar a estar coma estou agora.

-E se o pensa un pouco maís, para estar todos maís seguros?. Démonos uns días antes de tomar a decisión.

-Que lle digo que estou seguro doutor, non lle dea maís voltas.

-Vale, pois pase por aquí dentro de quince días e faremos as probas da anestesia.

-Dacordo doutor. Deica entón .

-Deica, e véñame un pouco maís animado homiño.

VERGOÑAS BREVES SEN FRANCES

VERGOÑAS BREVES SEN FRANCES

   Ela abriu a porta, sen moitas gañas, coma sempre, tentando non mirar ós ollos a quen aparecese tras dela. Ese era o momento que maís odiaba, o momento de senterse descuberta, observada, senterse espida, valeira e avergoñada á vez. Comezou coma sempre mirando de abaixo arriba, costándolle ir levantando a cabeza e a súa mirada, tentou forzar un sorriso e balbucíu un - hola- que case se lle queda colgado dos seus beizos ó mirarlle á cara a él e recoñecelo. Quedou muda, sen saber como reaccionar, paralizada de súpeto por ser descoberta, quería pechar a porta, chorar, facelo pasar, tentar de falar con él, sair correndo, pero seguía alí de pe coa porta na man e cos ollos abertos e a boca sen pechar.

   El respostou o seu saludo case sen mover os beizos, sorprendido por atopala a ela tras esa porta, afundíu a mirada no chan e cáseque tan avergoñado coma ela comezou a poñerse vermello. Non sabía se dar marcha atrás e voltar chamar ó ascensor, se tentar de dicir algo que rachase a tensión ou se votar a correr escaleiras abaixo e non parar ata chegar a súa casa. Non a esperaba ver a ela, e moito menos alí, xa facía tempo que non a miraba, había marchado e ninguén sabía moi ben a donde e o que fora dela. Moitas veces pensaba o que lle podía haber pasado, imaxinaba onde estaría e o que estaría a facer, pero xa facía tempo que a había esquecido e nunca pensara atopala así, nun sitio coma este e facendo esto. Estaba tenso e nervoso, incómodo pola situación pero o seu corpo permanecía anclado sen poder moverse.

-Pasa. - Acertou a soltar ela pensando que estar así tanto tempo era peor.

   Pechou a porta tras del e sacando forzas de algún lugar xa esquencido pasou por diante del e encamiñouse ó salón. O mal xa está feito pensaba, así que decidiuse a falar con él, ó cabo sempre fora amable con ela e parecíalle boa persoa inda que non chegaran a ser amigos. Sentou nunha punta do sofá deixándolle sitio a él e espacio dabondo entre ambos para non sentirse molestos.

-Senta.-Dixo.- Perdón, queres tomar algo?

-Non grazas.- Respostou él, que adoecía por algo fresco, moi fresco que lle quitara aquel sofoco que sentía.

   E sentou tentando mirar para calquer lado menos para ela, rogando que prendese a televisión, que se fisexe de día e a luz entrase de súpeto naquel cuarto. Estaba ríxido e mirando o moble que tiña fronte a él mais que cara ela, arrepentíase de haber chamado a ese número, de haber buscado entre os anuncios por palabras, sentíase suxo e enfermo, que pensaría de él?.

  Ela colleu unha cervexa que había na mesa e deulle un grolo largo pero bebendo pouco, facendo tempo mentres pensaba que dicirlle. A súa imaxe avergoñado e nervoso dáballe algo de valor e superioridade na situación pero precisaba atopar as verbas adecuadas ou deixarse caer e poñerse a chorar buscando a súa compaixón.

-Pois non é unha forma agradabel de atoparnos.-Atinou ela a soltar.

-Abofé que non.-Respostou él case arrepentíndose de falar.

-Creéme, estou farta, pero non sei coma seguir adiante, a ver, non me quero excusar e iso pero cando non atopei traballo, quedeime soa, e non quería voltar como unha derrotada, outra vez a casa dos meus país, outra vez a comezar de novo. Non sei, eran cartos doados, suxos pero doados, inda que ...., nada, séntome unha merda,....

-Tranquila, non tes porque excusarte comigo. Eu tamén me sento mal, non sei, que pensarás de min, chamando os anuncios das páxinas de contactos, ..., seino, non teño excusa e non vou tentar de contarte nada que me faga sentir mellor. Sinto noxo de min mesmo, non sei que imaxe terás de min pero sei que caín no maís baixo, bueno.....- E por primeira vez foi quen de mirala ós ollos.

-Non digas tonterías. Eu non estou en situación de xulgar a ninguén, pero é algo que nunca me gustou facer. E aparte aquí a que debería estar arrepentida son eu. -E no momento en que as súas miradas se encontraron decatouse de que anos atrás habíase sentido atraida por ese mozo vergoñento e apoucado-. Eu xa sabía que era cousa de tempo que me pasara algo así, moitas noites soñei con iso pero non tiven valor para deixar de seguir facendóo o día seguinte. A de veces que me perxurei que o ía deixar, a de noites que ...., - e asomoulle unha bágoa nos seús ollos- . Que ben te vexo, segues igual que sempre.

-Ti estás preciosa, coma sempre te recordei, ...., preciosa.- Soltou a derradeira verba deixándoa suspendida no aire e xa co corpo xirado cara ela-.

-Non me veñas con loubanzas agora, con esta pinta que traio.

-É certo, sempre me pareceches moi guapa, e alguén especial, pero non sei, non coincidíamos moito, e, tamén a miña cobardía impedíame falarte e moito menos dicircho.

-A min tamén me parecías alguén especial, pero cando tentaba quedar soa para ver se te decidías a falarme sempre desaparecías con alguén. Alguha vez notei coma me mirabas pero cando eu miraba para ti torcías a vista, e coma nunca te acercaches a falar  comigo, pois..., pois non imaxinaba eu que....,.

-Se non fun foi por non atreverme, non por falta de gañas. Arrepetinme tanto de non facelo, de non ..., de non falarte inda que só fora iso, soamante falar e...- Notou como ela se lle aproximaba no sofá e foi na súa búsqueda-

   Ela acercou o seu corpo ó del, mirándóo os ollos e tentando de fuxir daquel afundimento que sentia, por primeira vez en moito tempo sentíuse con forzas para saír daquela situación. Colleulle a man coma se fose unha tabla no medio do mar do seu naufraxio, reprimiu as gañas de chorar e deulle un bico suave e tenro, o primeiro bico sincero que daba en moitos anos, pechou os ollos e deixouse nas súas mans.

  Él foi en busca daqueles beizos que se lle aproximaban, voltou uns anos atrás e saboreou aquel bico soñando en tempos mais felices, non quería separar os seús beizos dos dela, foi deixándoa caer no seu brazo e sen poder abrir os ollos buscou o sabor da súa lingoa, deixouse perder en mil sensacións que cría esquecidas e pouco a pouco foron afundíndose no sofá.

ESPELLOS VALEIROS

ESPELLOS VALEIROS

   Un home, unha muller, saían dubha discoteca, pub, ou outro tipo de garito, deica as catro ou cinco da mañán, temperatura agradable, pouco ruido e moito cansanzo. Camiñan xuntos, falando e dirixíndose as súas casas. Son amigos, sobor de todo son amigos, viven soós e cargan cunha tristura escondida pero pesada e cunha grande sensación de soidade.

-Xa estaba moi cansa.-Di ela.

-Si, a estas horas non é normal que esteas inda por eiquí.-Resposta él.

   Ela solta un pequeno soriso e agárraselle do brazo. Él segue a falar, deixándose coller pero sen aparentar querer achegarse mais a ela, pero encantado de sentir o brazo de ela entre o seu.

-Foi unha noite moi divertida. Pásoo moi ben contigo e as túas amigas.

-Si, pero mañá non vou poder coa alma.

-Veña muller, xa descansarás pola tarde votando unha sesta.

-Uyyy, a sesta de mañá non ma quita ninguén.

-E eu que quería levarte de paseo.

-Nin o soñes, mañá despois de comer métome na cama e todo, certo que si.

-E non te van chamar os teus amantes entón?

-Si, os catro á vez.- Di ela rindo e xirando a cara mirando para él-. Amantes, se eu non sei o que é iso. A min ninguén me quere, débolles asustar ós homes.

-Xa será para menos, hoxe inda estiveches tempo falando cun tio e algún que outro tentou facelo pero con maís pena que gloria.- Dixo el cun medio sorriso.

-Unha gloria si que eran, é que hai cada un.

-E o outro, ise ó que si que lle facías caso?

-Pois ise non me facía caso a min. É que os homes sodes tan fodidos..., menos ti, ti é que eres un home raro, se asa se pode falar contigo.

   A él enchéuselle o peito ó oir aquel comentario, gostáballe ela pero non sabía como facerllo notar, como dicirllo e tiña medo a perder a súa amizade se tentaba traspasar o límite que separaba unha cousa da outra.

-Si, eu é que xa case parezo unha maís das túas amigas. Xa comezo a dubidar de si me gostaban as mulleres ou os homes.

-Claro que eres unha mais.- Dixo ela rachando a rir-. Se ata coñeces todos os nosos segredos, as nosas raxadas, contigo é diferente, eres un sol.- Dille mentres se apreta mais o seu brazo e apoia a súa cabeza no seu hombreiro.

-Eu síntome cómodo con vos, e iso non é algo que me suceda con frecuencia, e contigo pásame moi a miudo.

-Tonto-. Sóltalle ela e dalle un pequeno bico na meixela-. Cáesme moi ben, en serio, ata as veces falamos que serías un noivo ideal. Hai, que sorte vai ter a muller que te leve.

   Acercábense á casa de ela e fíxose un silencio triste pero cómodo, os seus pasos apresuráronse pero a modiño, ningún dos dous parecía querer ser o primeiro en dicir adios. Escoitábanse algunhas voces por as rúas por onde eles acababan de pasar, podían ser os seus amigos e semella que ningún dos dous quería que os viran inda alí. Chegaron o portal e despedíronse coas mans xuntas e apretadas pero sen atreverse a darse un beso de boas noites, miráronse os ollos por un intre e soltáronse as mans.

-Deica mañá!.- Dixo ela.

-Deica mañá.- Dixo él votando a man ó bolsillo do pantalón para buscar un pito e comezando a andar de novo. Escoitou pecharse o portal e prendeu o chisqueiro.

 

   En casa fronte ó espello ela mirábase a súa cara, triste e apagada. Outra noite maís que ía durmir sen amor, tan difícil era atopar a alguén que a quisexe?. Os trinta xa cumpridos e seis anos que xa levaba soa, inclusives facía meses que non estaba con ningún home, non lle apetecía, odiaba volver a levantarse e pensar que aquilo era algo esporádico, que pasa e xa está.

   Él na súa casa tamén se mira ó espello, nótase vello, pasados os trinta as forzas parece que o abandoan. Láiase de non tentar darlle un bico a ela antes de despedirse, tiña tanto medo de ser rexeiatdo outra vez, tenta sorrise para mirarse no espello pero deíxao ó ver que non lle sae. Mira os seus olos apagados que semella perderan a súa coor, lávase os dentes e tenta buscar algún xeto de ela que lle faga ter algunha esperanza. Apaga a luz e métese na cama.

   Ela pensa por un momento nel e nun bico no portal, nun bico que non existiu e que non lle importaría que acontecese, pero pensa que a él gostalle outra e non quere pensar maís. Apaga a luz e métese na cama pensando no rapaz que non lle fixo caso.