Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

TRI-DUO-EGO

   Era a mañá seguinte, a ventá estaba aberta, ventilando un cuarto de sabanas enroladas, a porta do baño entrepechada mentres ela saía da ducha pudorosa como era tapada cunha toalla e véndose no espello mentres se peiteaba os cabelos. El seguía na cama, esperto dende facía tempo, sen gañas de coller olibro que tiña sobre a mesiña, inerte, pensando sen saber que pensar. Despois daquilo acostáranse sen moitas verbas e trataron de durmir inda que ós dous lle costou, en silencio sucedéronse as voltas na cama, os supiros, os movementos nervosos e un paseo del para beber un vaso de zume. Fora unha sorpresa grande para él, nervos o principio, carnes mornas despois e unha excitación e desexo nunca vividos mais tarde rematando en movementos, suores e suspiros. Os ollos vendados, as mans presas, o corpo nú, tacto, oido, sabor, sexo, extrano e cunha descoñecida ademais da súa muller que o tocara, sentira e foderan entre as dúas, ou entre elas, ou unha, ou...?. A súa imaxinación ruxía cos motores a ralentí presta a construires unhas imaxes posibeis ou non, cos ollos pechados quedou sen imaxes na carpeta, era coma un conto sen título, un libro sen portada, él sentira, estivera alí, fora o centro, unha esquina, o borde, estivera pero non podía porlle imaxes a aqueles momentos, a meirande excitación da súa vida. Un recordo sen imaxes deixate orfo ademais de intrigado, agora tendido na cama setía gañas de fumar un cigarro, de almorzar, de darse unha ducha de coller a súa muller e facerlle o amor, estaba cheo de ansiedade e de preguntas pero ela ó acostarse lle dixera que aquilo fora unha sorpresa, un agasallo polo seu aniversario e nada maís, e non quería comentar o tema, coñecéndoa sabía que aquilo  habíalle costado moito, vencer o seu pudor, os prexuizos, a vergoña, fora un acto de grande xerosidade moi grande pola súa parte. Érgueuse e foi á cociña a prepara-lo almorzo, que menos que facer algo por ela esta mañá pensou, despreguizouse, estirou o seu corpo feliz e preparou a mesa.

   Cando almorzas con alguén que non quere falar calqueira pequeno ruido é molesto, e as verbas non saían, quería dicir algo pero non sabía que dicir, non quería que a conversa se fora o tema da noite anterior pola súa culpa, e sabía que a súa mente estaba inda pensando nelo. Ela comía cos ollos baixos, sen querer miralo, masticaba despacio, pero con cara de non saborear, querendo que o tempo pasara sen preguntas, sen conversa, sen ruidos, só que pasara coma a moa dun muiño que xira e xira mentres pasan os minutos, as horas e a vida segue sempre cara adiante. Tiña o pelo mollado, a cara limpa e fresca e un aroma doce e humido, parecíalle maís fermosa que de costume, quedou q mirar pa ela quedo, cunha bolacha na man e a boca entreaberta, sorprendeuse desa percepción de percibires tanta beleza na súa muller, sempre fora unha rapaza riquiña, rubia, algo maís alta ca él, de corpo esbelto e poderoso, un corpo de muller como a él sempre lle gostara. Deuse conta de que ela o descobrira mirándoa pero non tratou de disimulalo, mordeu a bolacha e segui a mirala, ela pusose algo intranquila o sentirse observada, colleu o vaso con zume, bebeu e o volveu deixar facendo algo de riudo demais, buscaba onde fixa-la mirada sen encontrarse cos seus ollos, mollou un croisante no café e sorbeu cos ollos pechos. Notando a súa incomodoade él envalentonouse a falarlle, esa situación dela, nervosa e chea de pudor fixo que collera a confianza precisa para dicir algo:

-Hoxe estás especialmente fermosa-. Ela case atraganta co café e de esguello miara cara a él tragando a naco que tiña na boca pero apartando rápido os ollos.-Perdoa, non quería que te atragantaras, pero tiña que dicircho-. E dibusou un sorriso nos seus beizos tratando de darlle confianza.

-Pos.....grazas!-. Acertou a dicir levantando a vista para por primeira vez no día mirarse de fronte.

-Non, grazas a ti, síntome moi afortunado de terte preto de min, de que sexas a miña esposa.

-................

-Seica te sorprende, xa sei que non son moi dado a estas cousas, pero tamén sabes que non podo calar o que penso e quería dicircho porque así  o sento.

   Ela voltou levanta-la vista e medio sorrindo mirouno cos ollos metade doces metade amargura. Fitou mirándoo, unha loita de pensamentos envolvíanlle a mente, non sabía se definitivamente sorrir, se chorar, se alegrarse, se entristecer, queríao, sentíase protexida con él, acompañada, escoitada, comprendida case sempre, realmente non tiña moita queixa del. Él sempre estivo nos malos momentos, falou cando tiña que facelo, calou cando tiña que calar, non, non era mio agarimoso per otampouco ela o era nin gostaba de selo, pasou de serer un coñecido gracioso a un amigo con quen poder falar, e de ahí a unha parella, así sen moitos sobresaltos, mentres os dous encamiñaban as súas vidas profesionais deron en vivires xuntos coma algo natural, e a boda só significou un pasiño maís, algo que tiña que chegaar e chegou. Todo pasaba pola súa cabeza mexturado coa noite anterior, a vergoña para preparar ese encontro, unha noite de trula e borracheira coas amigas, as confesións con unha delas, o que pasou dunha broma a algo serio. Si, fora cunha amiga, con quen mellor?, a ela non lle pareceu mal a idea, sempre fora mis decidida, uns cantos cafés, algunha conversa por teléfono, uff, como lle costara decidirse a dalo paso. Tiña medo de facelo, medo a perder algo que non sabía ben o que era, indefensión, pudor, temor a sentirse comparada, a perder na comparación, dúbidas e maís dúbidas que nunca chegaron a desaparecer de todo por moito que a súa amiga a tranquilizara, en que lle vendaría os ollos a él, en que só fora unha vez, só unha vez e non maís. Él erguesuse e comezou a recolle-la mesa, o silenzo semellaba unha capa demasiado curta para cubrires a falla de conversa, ela levantouse e foi cara ó cuarto, tiña que face-la cama e quería facerlo soa. Escoitaba os ruidos da cociña, do fregar as tazas, abrir e pechar alacenas, o edificio tamén comezara ese mudo traqueto das mañás de domingo, inspirou forte, abriu a fiestra, hoxe ía ser un día longo e non podía quedarse soa para purga-las súas teimas e culpas. Rematou de alisar a funda nordica e él asomou pola porta e entrou no baño, deixouse caer sobre a cama sentindo un pecado que a abrazaba e pensou en poñerse unha copa mentres o esperaba.

    

22/09/2009 21:20 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Mr. Blonde e os pequenos

   Mr Blonde leva na cara o curriculo, as vivenzas, o cansanzo e o tempo. Outra noite, outro sitio, outra merda outras risas, mais e mais, sempre o mesmo, e os nenos que lles tiran manises os monos. Non se sorprende xa de nada, o bucle resulta canso demais, semella unha condea da que non pode escapar, 10 anos e un día saindo de noite, por bares, tugurios, entre nenos, nenas, ionquis, mais nenas e mais ionquis, camellos, amigos e almas castigadas das que pende un corpo. Apoiase e observa, os nenos queren xogar coas gacelas, pero xa non teñen a axilidade dos felinos, os anos na reserva non perdoan, medio sorrí e pide un pito, eles sempre levan tabaco enriba e mais os días de excrusión. Non debe beber demais inda que é o que a noite lle pide, como encargado dos nenos debe levalos o hotel a salvo das hienas, masca goma e sorrille a unha moza sabedor de que o seu corpo xa non está para correr, nin unha verba, nin un movemento, hai que gardar as forzas para cando sexan precisas. Beben sen descanso, a travesia do deserto durou moito tempo, e saben que teñen que aproveitar a parada no oasis e facer día de carnaval no mes que sexa, bolsas que pasan de man en man coma se foran cromos, aseos sen espellos, esquinas imposibeis, cabezas erguidas e bocas tortas. Mr Blonde séntese o perdedor pero mantén a postura coma o cantante dos Ramones, corren os cartos, dereitos, torcidos, en círculo, en barra, 100, 200, 300, hai crédito, free finance, chove  e escampa, fálalles no seu idioma apaiase na parede e pìde outro pito e as ofertas de rubio-negro fan que se sorprenda por primeira vez na noite. Cara de duro como a mellor defensa, traxe impecable, ollos de mirada profunda escrtadores dentro dos bares, mete a camisa por dentro e se deixa convidar a unha copa, cambia de marca de whisky coma prevención a certas horas por costume para evitar os seguros efectos ó día seguinte, unha semiconversa, unha aperta, unha gracia, un sorriso, e volta a buscar un sitio dende onde poida ter vixiados a tódo-los nenos. É tarde, está moi canso xa, pide outro pito e os vai colocando en fila para coller os autos, un par deles pérdense entra as gacelas que lles pasan saltando preto, moi preto, pero nunca o seu alcance nun xogo triste coma un deja-vu, trata de impoñer a súa autoridade, un ultimatum, arrancan os autos, chegan o lugar de descanso da única etapa, soa o teléfono, os nenos rezagados, vencidos e agotados nos seus xogos chaman a Mr Blonde, que carallo hai ou no nhai taxis?

07/06/2009 22:10 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Os fíos do vento ( o conto que custou parir)

    Paseando pola praia, despacio, parándose, observando cada recodo coa súa cámara de fotos, tratando de atopar algo que encha o seu sentemento de valeiro, unha imaxe, un recordo, un momento para recordar. O ceo muda entre grises de diferentes tonalidades, nubes de cinza, nubes de carbón queimado, nubes e ceo ,que case non é azul, plomizo e ausente. De cando en cando o aire golpéalle a cara, unha ráfaga fresca coma un caramelo de menta que lle sacude e lle fai notar os pes na area e a sensación de estar vivo, sempre lle gustou o vento na súa cara, espértao e acercalle ó mundo. De seguro que hoxe non vai atopar unha posta de sol coa que prácticar os novos coñecementos de fotografía adquiridos lendo páxinas de internet, pero enfráscase en captar as ondas contra a praia, contra as rochas, os recodos da costa na parte en que o monte cae sobre o verde-azul océano. Séntase, deixase caer na area e observa alí á súa dereita a vila, a vila á que decidiu fuxir uns días, maís por fuxir do que era que por atopar o que quere ser, non fai moito que estivera alí por primeira vez e xa daquela sabía que ía voltar pero non pensaba que fora tan pronto. Moitos eran os sentementos que o levaran a estar así de  agotado, sentíase valeiro, só, sen ánimo, sen amor, sen perspectivas de ningún tipo, e o peor de todo era que non se vía capaz de mudar todas esas cousas que tanto o desacougaban. Así, deitado sobre a area de lado afanábase por atopar ó mellor ángulo para capturar as casas que se erguen sobre a paraia e o porto, o color grisáceo da tarde dáballe un ton que facía semellar unha imaxe antiga. Dispara, érguese un pouco, volve a disparar outra foto, e cheo de area rola pola praia seguindo o vó dun corvo mariño. O mesmo hostal, o mesmo cuarto ó fondo  do pasillo alí onde o vento golpea mais forte, as mismas vistas de leiras apenas traballadas, casas colocadas sen orde, ca vila ó fondo e por entre os edificios o mar asomando omnipresente. Érguese e camiña pola praia acércandose a vila, salpicase a area da roupa e deixa caer a máquina pendurando sobre o seu peito.

   Mentres ía camiñando cara as escaleiras que suben ata o paseo sobre a praia mira como por elas baixa unha moza com algo nas mans, un aparello de cor azul e branca, chega á area e deixando no chan o aparello comeza a desliar unha especie de tanza, estirando e desdobrandoa. Segue camiñando mais paseniño intrigado por saber que sería aquelo que a moza extende cando ela comeza a correr pola orilla e o aparello comeza a coller vo, unha cometa, iso é o que era, que comeza a erguerse cara ó ceo loitenco co vento, subinod maís, baixando un pouco, tratando de manterse a frote entre o aire. cando a moza pasa maís preto dél obsérvaa un pouco mellor, debe ter vintetantos anos, ,morena, cun sueter marrón e uns pantalóns vaqueiros, crúzanse unha mirada curiosa e cada un segue na súa dirección. Sube as escaleiras que a moza acababa de baixar e séntase nunha terraza do paseo, valeira e gris, pide un zume e fita a mirar para onde a moza loita co vento para manter a cometa no aire. Ábstraese disfrutando do momento de ledicia da moza na praia, sempre lle enterneceron eses pequenos momentos de de felicidade vividos de forma tan natural. Movido polo sentemento voyeur do observador fora da escea votou a man á cámara e tirou unha foto, como quen cobra unha peza única que só a él lle ten sentido, seguiu o mevemento da cometa e tirou outra foto. De súpeto quedou enganchado á aquela escea de loita física entre a cometa, a moza e o vento, cada quen tratando de governalos outros elementos, buscou novos enfoques, usou filtros para mudar a cor, vermello, azul, verde, acercaba o zoom, alonxábao, probaba todo o que lle ía vindo á mente outras veces tan reacio a sair despois de tanta teoría da fotografía releida centos de veces. Un cigarro abandoado no cinceiro consumiuse só, os xeos do zume derretéronse, a luz da tarde foi mudando a tonos mais escuros e plomizos, dandolle forza o gris das nubes que se tornaban prateadas mentres o día comezaba a desaparecer empuxado pola noite que viña chamando con ráfagas de vento que golpeaban freecas a súa cara. O tempo pasou sen darse conta e unhas pequenas gotas caeron sobre a mesa traidas como follas no aire, a moza debeu sentir tamén as gotas e facendo baixar a cometa comezou a recollela e abandoou a praia camiñando cara ás escaleiras por onde antes baixara. Él gardou a cámara na súa funda, pagou o zume e tratando de non cruzarse con ela pola vergoña do voyeur tirou a andar polo paseo cara o hostal para asearse e cear.

    Apenas levaba uns metros camiñados cando escoitou que alguén o chamaba-señor, oia señor- xirouse para cerciorarse que era por él e mirou que era o camareiro da terraza quen berraba, -deixou atrás o acendedor-. A moza da cometa que pasaba onda o camareiro colleu o acendedor dicíndolle algo e tirou cara onda él estaba facendo que lle entrara unha sensación mezcla de vergoña e descolocación.

-Creo que isto é teu-. Dixo ela cun soriso candochegou xunto a él.

-Si grazas-. Acertou a respostar.

-Inda que non sei se quedarmo en pago polas fotos que me sacaches-. Dixo cunha expresión compracida e sorinte.

-Eh, ..., perdoa, é que era unha imaxe moi plástica, un cuadro digno de enfocar e non sei, tirei unha foto e logo non puiden parar. Sintoó.

-Non te preocupes home, non me molesta-. A cara del estaba colorada e falaba atropelándose.- O que si quero é mira-las fotos, iso si que mo debes.

-Claro, si, eh., cando queiras, descárgoas no ordenador e podes velas ou se queres douchas para ti, como ti queiras.

-Non home non, eu con velas xa me dou por pagada, podes quedar ti con elas.

-Pois ti dirás, eu estou aloxado no hostal, se queres podes vir e mirámolas agora.

-Agora non podo, teño que facer algunhas cousas, un poco mais tarde, pero tampouco te quero molestar, terás que cear ou algo.

-Pois facemos unha cousa, convídote a cear cando remates e miramos as fotos. Así págoche por fotografarte sen permiso.

-Dacordo, quedamos despois, e toma isto é teu-. E deulle o acendedor que ind atiña na man.

   No cuarto do hostal descargou as fotos e grabou un cd con elas, sentíase contento cunha sensazón non habitual en él, un sentemento esquecido en forma de rebumbio que saia o exterior. Duchouse, puso música, correu as cortiñas e a noite cos seus negros ropaxes asomou á fiestra, escoitábase bater o vento nun xogo de ráfagas e carreiras escapando do mar e recordando que él tamén vive entre nos. Prendeu a tele, xogou co teléfono, comezou a vestirse mentres daba voltas polo cuarto sen rumbo e sen sentido, rematou de peitearse e decidiu baixar  á cafetería. Había unha pouca xente na barra, pediu unha cervexa e sentouse nunha mesa, seguía inquedo e ansioso, a paciencia nunca fora o seu forte, prendeu un cigarro, colleu un periodico e púxose a leelo. Ela non tardou en chegar, sentouse e él deulle o cd coas fotos, voveu a bromearlle co que pasara á tarde, voltulle a vergoña e o falar atropelado. Pasaron ó comedor, él deixouse guiar polas suxerencias dela, en porto de mar peixe, coma era lóxico, un entrante pequeno e viño branco. A conversa comezou a facerse mais tranquila, falaron de fotografía, da vila, dos lugares para visitar, das súas vidas,a situación era moi amena e cordial. Xa cando pediron o postre falaban de seguido, fluidamente e coa viveza dos que se interesan por coñocerse.

-Espero que me sacaras guapa-. Soltoulle ela xa con confianza.

-De seguro que si, espero que che gusten as fotos.

-É unha mágoa que non as poida ver ata mais tarde, tiña curiosidade por velas.

-Se queres podemos subir ó meu cuarto e as podes ver no ordenador.

-Non, que dirían de min, aquí todos nos coñecemos, e logo as faladurias sonche moi malas nas vilas.-E dixo esto con expresión compracida e reservada.

-Perdoa, non quería ,.., comprometerte, eu, ..

-Xa, home, xa, era só un comentario, non te atragantes-. Dixo Sorindo con gañas.

-Pois xa me dirás que che pareceron as fotos.

-Espero que si, pero para iso terás que voltar, hoxe era o meu días libre e non creo que nos volvamos a ver.

-Entón mañá non hai cometa na praia?-. E fíxose o apenado mirándoa os ollos.

-Non, ademais, creo que vvai chover, que este aire ven do mar e trae humidade.

-E non podemos tomar unha copa e seguir charlando un chisco?

-Podemos, claro que si.

   A noite quedara fresca e coa profundidade coa que se amosa cando a lúa non luce, as nubes eran un todo escuro e impenetrable. Seguiron a falar tomándose unha copa, soriron, beberon e conversaron durante unha hora que pasou moi rápido para os dous. Ela tiña que marchar, o seguinte día madrugaba, na rúa despedíronse mecidos por un aire que xogaba acercándoos e alonxándoos facendo que os pensamentos fluiran rápidos e presurosos, atrapandoos no seu labirinto.Él deulle o seu teléfono por si algún día pasaba por onde vivía, ela díxolle que tiña que voltar se quería saber o que lle pareceran as fotos, e o vento os separou, cada un tirou polo seu camiño,  alí onde a rosa dos ventos desnorta ou nos leva a bo porto, envolvidos nos seus fíos  invisibeis de forzas, rachas e direccións cada un sabía o que tiña que facer.

18/08/2008 02:57 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Lugar sen conto

20080722000923-malpica-012.jpg

  Vai tempo que non son quen de escribir nada, algúns días trato de comezar un conto pero o pasar do tempo  e ver que case que non pasei das dez liñas e a cousa non leva negún setido borro e voume facer outra cousa. Non sei se esta vida aburrida e lineal que levo fixo fuxir os soños que sempre bulian dentro de min, porque un conto ven sendo un soño que che colle esperto. E despois deste fin de semán que pasei nun sitio deses que deixa marca pretendía escribir un conto que se desenrolara alí, pero nada, levo tempo tratando de sacar algo e non sae nada e fumo de seguido pero nada. A ver, comezarei polo principio, o lugar é Malpica, Malpica de Bergantiños que así parece chamarse, un sitio bravo, duro, forte, ideal para contar unha historia breve, de dous persoaxes soamente, home, muller, nada profundo nen presuntuoso, non sería unha historia romántica, inda que nun encontro entre duas persoas sempre poida quedar o rastro de algo, unha impresión, curiosidade, pero non pretendía falar de amor.

   Tendo claro o esceario, este daría os seus condicionantes físicos e xeográficos. O mar, bravo e doente, pai e deudor, sempre presente atacando o espigón coas súas lingoas de salitre e espuma, sería un condicionante paixasístico da historia. O vento, castigador e ruidoso, importantísimo no conto, un vento que pode falar, que golpea nas caras dándolles cor e firmeza, que fai tremer os corpos e bater as ideas, remove os sentidos, leva os corpos cara adiante ou cara atrás, lévase os recordos quedos e trae as novas ilusións, arrastra o día e a noite, sempre presente e coas súas direccións, estes días facía nordés, que semella malo para a pesca e arrastrador de nubes. A vila, colgada sobre o mar en loita contínua co vento de tódalas latitudes, coas súas casas vixiantes dos barcos do  porto, do regreso dalgún ser querido, dun prato que comer, cheas de colorido sempre a piques de perderse, en orde nin mais lei que a da supervivencia. E sendo un lugar así ten que marcar os que alí nacen ou viven, os sitios duros dan carácter e personalidade, marcando para a vida a un.

   Agora, pretendendo escribir só unha historia pequena, debería escoller cando se desenrolaría, e así debería ser un día nubrado, con vento, á tardiña estaría ben, algunha gota perdida de chuvia, ben outono ou inverno, roupa de abrigo, un  paseo, pola praia ou a vila, o porto ou un café nun bar, que nos bares é onde se desenrola a vida nos pobos mariñeiros. E o encontro entre as dúas persoaxes, unha mirada que atopa uns ollos descubridores, un choque, algo casual, porque non un can, home, muller, as súas condicionantes, pasado, presente, futuro, perseguidor, fuxido, atopado, sentimentos, vivenzas. Tamén podería ser de noite, a noite que nos fai quedar nuos ante todo, cando espertan as inquedanzas, un entrido diario que nos permite ser quen non somos á luz do sol, abrigo dos indefensos, que nos da folgos e calor para poder vivir un día mais. Unha noite sen lúa nen estrelas, un bar, unha conversa a berrros, un café, unha copa, moi típico mais moi agradecido. Non sei, terei que pensalo ben.

   Recordoume Malpica á Baiona que coñecín anos atrás, invernos estudando para uns exmes de febreiro, días grises, paseos de tarde ata onde as ondas do mar golpeaban as rochas e o muro da palma e cigarros fuamdos tratando de distinguir as ilas Cies entre a pouca luz que quedaba, salitre, infinito mar, rúas escurecidas, húmidas e valeiras. É curioso, pero mergullando pola rede atopei que estas dúas vilas poideron estar vencelldas nalgún tempo atrás por unha vía comercial, a vía per loca integradora de pobos da costa atlántica co seu trasego sociocultural. Inda que de aquí non creo que saque nada para o meu conto, non se me ocurre como encaixar tanto nun pretendido conto pequeno.

   Pois nada, segue sen sair a historia a frote. O ceo si que o teño claro, será gris e de chumbo, no sei se de tarde ou de noite, pero vai pesar como unha lousa sobre as dúas persoaxes, será un mantoe unha cruz o mesmo tempo. Fállame saber coma move-los dous, home, muller, pode haber un pequeno diálogo, non demasiado, o narrador levara o peso do conto, co mar, o vento e a vila coa súa vida. Si que sei que algún día volverei a Malpica, pois como dixen marcoume, quedei con gañas de mais, de coñecela mellor, deixarme conquistar, e mentre deberei tratar de sacar o conto de dentro  de min, porque estar está e de vez en cando véñenme imaxes que non consigo amasar. Os ingredentes vounos teñendo claros, fáltame un bo amasado para remata-la empanada, e un forneado lento e longo.  

Deica

22/07/2008 00:10 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Naufraxios

   De xeonllos no chan, sobre aquela alfombra rota e case desfeita polos anos, miraba cara á parede cos ollos abertos e perdidos.  O seu corpo movíase ó ritmo daquel home que a suxetaba fortemente polas cadeiras, soportaba as embestidas sen soltar nin un suspiro, sen apenas respirar, sentindo que a parede cada vez estaba mais preto e imaxinando que en calquer momento podería escapar através dela. Escoitaba os xemidos ansiosos del, imaxinaba a súa cara fea e sudada, coa boca aberta e a língoa case de fora, notaba os seus dedos premendo cada vez maís forte nas súas carnes, as poucas carnes que lle quedaban. Pensaba nos cartos que metera no peto do pantalón, no viaxe en autobús ata as chabolas, nos polvos marróns do xitano, en agocharse nalgures e perderse de todos e de todo, nada maís precisaba agora, un pico bastaría para esquecer. O home apuraba as súas embestidas, estaba preto o final, instintivamente botou as cadeiras cara atrás sabéndose liberada en intrés, tratou de cravar as unllas na alfombra e respirou fondo. O ritmo das derradeiras embestidas facía que os seus xeonllos rozaran maís forte na alfombra, comezaba a sentir a door  e apoiandose agora ben sobre as mans tratou de moverse para axudar ó home a rematar dunha vez. Estaba farta e cansa para moverse ata un pouco pero comezou a culear a cada movemento del, sentíase suxa, agotada, valeira, pero quería quitarse aquel tipo de diante xa. Sentíuno xadear entrecortado, meterse ben dentro dela, xa estaba, notou como afroxaba a presión das súas mans, os movementos seguiron xa sen empuxe, él foise botando fora pouco a pouco, ata que o sentíu sair. Non quiso moverse, nin darse a volta, escoitouno levantarse, andar polo cuarto, coller a súa roupa e vestirse. Ela seguiu alí fitando cara á parede, inerte, estando sen estar, vergoñenta de ser quen era, de estar así núa nun cuarto cheo de cochambre y vello, de saberse morta sen estalo.

   Ergueuse despacio, tratando de comproba-lo movemento do seu corpo, buscou a súa roupa polo cuarto inexpresiva, sen presa, coma quen recolle a mesa cando xa se foron os invitados. Foi ó lavabo, tratou de mirarse no espello aquel que xa de tan suxo apenas reflectía imaxes, tratou de atopalamoza que non fai moito tempo era. Non, non hai tanto tempo que estudaba a súa carreira, tiña noivos, amigas, unha moto e moitas gañas de vivir. Todo fora tan rápido..., o derradeiro noivo, as longas noites, o cambio de amigas, probar todo o que o seu noivo tomaba, durmir fora da casa, maís noites, maís cartos para mercar de todo e despois xa os días eran longas esperas ata conseguilo que necesitaban. E así foi pasando o tempo e as amigas foron desaparecendo, na casa eran broncas e maís broncas, o seu noivo comezou a picarse, ela non tardou en probar, e maís broncas cos seus país, comezou a roubar co seu noivo inda que a ela dáballe moito apuro.  Él non tardou en caer arrestado, xa daquela fórase da casa por unha tempada, pensara, e agora as broncas eran co seu noivo, ela non quería roubar, non lle gustaba aquelo, e así él desapareceu de golpe, fórase con outra rapaza. Abriu os ollos e non se podía ver no espello que era case negro, aseouse un pouco, quería chorar pero parece que xa non podía. As forzas pareceron desparecer ó pensar en baixa-la rúa, coller o bus, ir ás chabolas, tanto esforzo e tan poucas forzas!.

   Abriu a chave da auga para refrescarse un pouco, sentirse fresca. maís limpa, pero non era así. Saiu ó salón a busca-la súa roupa e deixouse caer no vello e suxo sofá apertándose cos seus brazos e tremendo non de frío se non de angustia e valeiro. Imaxes, recordos, felicidade, días, noites ían pasando pola súa cabeza se parar. As gañas de chorar fixeron que asomara unha mínima bágoa pola súa meixela que buscou a súa língoa cando chegou á boca. Tremeu forte pensando en todo o que había perdido, abrochouse o pantalón e tratou de acumula-las forzas para levantarse e ir a coller ese triste e verde bus, pero semellaba atada a ese sofá e a eses recordos. Pensou en deixalo para maís tarde, darse unha volta polo vello ós bares onde sabía que algo ía encontrar e tamén se cadra algún cliente co que recadar algo pola noite. Deixouse ir perdéndose en ilusións e outros tempos, quedando semidurmida e inerte, non sentía frío, non tiña fame, estaba cansa e precisaba descansar un pouco, só iso.

   Un sonido despertouna, era ó seu teléfono, preguizosa deixiouse estar no sofá, non quería voltar a súa podre vida, seguía a soar e conseguiu despertala por completo. Hastiada decidiuse a collelo quen sabe para que era, achegouno a súa cara coa man, sen ver quen era e ....esa voz, esa voz que parecía sair dos seus soños... As bágoas viñéronlle todas de súpeto os seus ollos, tratou de respostar pero as emocións que se lle agolparan non a deixaban. Dende o fondo de toda ela saíu ......"mamá" e calou apertando contra si o teléfono.

05/03/2008 23:07 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]