Temas


Diputación Provincial de Zaragoza. Manolete en fotografías de Ricardo. Exposición en el Palacio de Sástago.

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2004.

16/08/2004

Bienvenido al weblog grovicus

Ya tienes weblog. Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora busca el enlace admin abajo en esta misma página.
Deberás introducir tu email y contraseña arriba para poder acceder.

En el menú que aparecerá arriba podrás: ver la página inicial (Inicio); escribir y publicar un artículo nuevo; modificar las preferencias de la bitácora, por ejemplo: los colores; Salir del weblog para desconectar de forma segura y ver la portada tal y como la verían tus visitantes.

Puedes eliminar este artículo. ¡Que lo disfrutes!
16/08/2004 21:22 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Aplomes e desaplomes

Non qreremos durmir por medo a espertar, deixámonos mecer polas noites inacabadas e os vosos asubios de inadaptación. Copa tras copa, momentos de tocador, ansiedade nasal, hemorraxias de insensibilidade. Somos os asasinos da conversa, facemoslle buracos os cartos, os espellos de tantos outros, no que ningués se ve nunca reflexado, tanto nos mesmos coma todo noso arredor. Fuxindo de paixóns e afogando os sentimentos, ffutura xeración viagra movéndonos a ritmo de house e tecno por DJ´s excluíntes inimigos da indivialidade compartida. Inestabilidade vital agolpada en barras de deseño, vestida coas mellores marcas do escaparate, disfraces dos nosos afogados egos, vivindo en manada sen necesidade de pastor. Andróxinos por necesidade, non hai búsqueda posible cando o puzzle incompleto sempre queda na mesa; ninguén coñece a ningén, e mellor así, aforramos saúdos e demais verbas que poderian derivar en conversa. Ollos valeiros, vísceras envenenadas, gafas de sol, espellos das almas, adolescencias mutiladas, pastillas de moitos nomes dentro de minisaias de cadanseu coor. Vivindo de farol sen alumear, non faremos barullo pra non molestar, devecemos por non durmir endexamais, por esgotar tóda-las horas nunha soa noite, por que o sol quédese durmido noutro lugar que nunca sexa este. Non disfrutamos, transitamos con grandes cantidades de substancias tóxicas dentro de nos, non é certo que sexan tan malas, e total a vida din que son catro días, e algunha noite haberá que aproveitar, nos soamente somos bacterias vidas a mais e non sentimos necesidade de pensar, porque non queremos ter nunca tempo pra facelo. Taquicardias o volante das horas por chegar, noites devoradoras de estrelas, profunda soidade mirando o teito, estómagos valeiros, futuros en hipótese, presentes pretéritos, e entre punto e punto raia.
16/08/2004 22:22 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

22/08/2004

hhh.jpgAs noites semellan frios transitos entre desinhibicións mal interpretadas, tremen de frío os corazóns entre centos de miradas de indiferencia. Os sentimentos buscan agocho nalgún perdido rincón dos mortificados corpos ante as traizóns dos despreizados bicos que semellan roubados. Ontes pretéritos que loitan por fuxir da memoria baixo as minisaias que os soños nos rouban. Amizades de barra, ereccións engominadas, adoramos as deusas que se atopan detrás da barra, complicidade de deseño suprautilidade das verbas. Rumiando os licores varios, imaxineria iconoclasta en vidros de mil formas e coores, agrupo nos petos toda-las substancias pra irme enveneando os poucos pretendendo querer esquecer o que non puido pasar ou deberia ser a outra realidade que non se contou. As miradas que se esquivan como os polos do mesmo signo, pretendemos que nos queran por non poder evitalo, mostrandonos inertes de paixóns, coma gando disposto pra por el puxar; loito nos ollos ante cada fracaso, apertas evitadas por non querer dar un pasiño mais, lume nas veas administrado por via oral. Non querendo ser nunca nos mesmos, valeirando as camisetas pra ver sen ser vistos, voyeurs das nosas ilusións, choramos o noso cadaleito fuxindo do posible door, afrupándonos pra semellar mais fortes ante os agarimos por dar, pechando as mans con cigarros que queiman o invisible muro que nos separa da libertade emocional.
22/08/2004 20:16 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]