EQUINOCIO SEN RENCOR
Parece ser que o verán tocou o seu fin, este sábado de temporal e choiva fíxome quedar na casa, de mala gana, pero de forma prudente, a noite non estaba para andar polas rúas mollados coma pitos, que xa non temos idade para iso e algunhas cousas maís. Aproveitei a mañá dominical para ires gardando bañadores, chanclas, toalla, bermudas, etc..., semella unha despedida de vestiario, que este ano pareceme que chegou así de repente, co ben que me encontraba eu este verán, ata lle collín certo gusto á praia, pero a partires das seis da tarde, porque antes é afogante. E así, sen preparalo, nin querelo atópome en outono, antesala dun incerto inverno que a priori costarame pasar, coma se dunha fría e dura travesia se tratase; entristeceme tanta escuridade, as cores planas e afogadas, a chuvia que te cala ata o derradeiro músculo do corpo, salir pola noite tan abrigado, escapares do frío, as navidades que xa nunca mais voltarán a ser brancas e inocentes. O mal tempo faime maís caseiro, acomódome no calor do fogar e sempre me poño mil disculpas para saires á rúa, índa que me veñan recoller e logo me traian a casa, trágome calquera tonteria que pasen pola tele, escoito todos os discos que tiña esquecidos dende tempo atrás, leo entre horas, e non dou pasado o tempo, pero nin por asomo vou baixar o videoclube, todo está tan lonxe cando non che apetece ir!. E mais triste se presentan os seguintes meses o estar sin expectativas de atopar parella ou alguén para compartires soidade non desexada, pois estes son os meses en que necesito mais que nunca querer e sentir o calor dunha aperta baixo a manta do sofá, ou un tenro bico ó despertar o domingo mentras fora sigue chovendo e a vida buscando o seu color.
BEIZOS PECHADOS
A frase "se os homes tiverades a boca mais pechada as mulleres abririamonos maís de pernas", comentario dunha amiga que inda que o tentamos disimular caeunos coma unha lousa enriba do noso orgullo de sempiternos adonis. Seguro que a reflesión ficou rumiando nas conciencias dos meus amigos e todos tomamos nota para evitar comentarios donxoanescos en ocasións venideiras. Meditando ben a frase poida que teña razón, por xeral os homes adoitamos facer comentarios paveros das mulleres coas que estivemos ou non quiseron estar connosco. Entendo por esa parte que as veces as verbas son coma un regato, que parecen pouca cousa, pero ó fin van chegando a un pequeno río, e logo a outro maior, e así ata que nosos comentarios fachendosos chegan coma rumor as persoas das que falabamos, e así van enveneandose polo camiño, e poden facer moito dano, e dar pe a unha reputación non desexada. Pero eiquí eu pregúntome, se o medo a esa reputación é o causante castrador das posibles relacións, non será cousa da dobre moral dos intercomunicadores dos rumores; porque dar fama de promiscua a unha muller e fácil demais para cáseque calquer home, maís as veces os comentarios poden ser sen fundamento e malintencioados por envexa de non poder estar con ela. Moito teñen que ver os resquicios machistas desta sociedade que veñen de tempos inmemoriais, o sexo inda segue a ser un tabú nas nosas familias, en moitos ambientes da sociedade, e mismo entre nos mesmos, todos temos gañas del, pero non estamos cómodos se alguén nos fala directamente de sexo, enseguida o tachamos de saido/a ou nos excitamos so por falar del, non estamos preparados para esquecer tantos anos de castrante educación, dos colexios de monxas, das películas de dous rombos, do interviu gardado dentro do diario de noso pai, son moitas cousas e non é tan sinxelo tentar formatear de novo os anos vividos en pequenos recordos. Polo que entendo que as mulleres están nunha posición menos ventaxosa ante os nosos comentarios das doce horas despois, non por elas, senon por toda a xente que cecais non ten sexo dende hai xa algún tempo, e polos prexuizos que tanto dano fan a toda nosa sociedade que enseguida crea esterotipos de palbras soltas que chegan os seus miolos. Remato deixando a frase no aire: "se os homes tivérades a boca mais pechada as mulleres abriríamos maís as pernas", podedes darme o voso parecer antes de pecha-la boca para sempre.