Temas


Generacion.net

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2005.

01/12/2005

SOÑOS FELICES E INACABADOS

20051201230149-hay-sonos.jpg   Eran  mínimas as gotas de chuvia que se asomaban os cristais da fiestra, a tarde avanzaba cosumindo o que restaba do domingo. E alí, sentado no sofá, tentaba seguir a trama da película pero de cando en vez os ollos ían na búsqueda do seu rostro, que pouco a pouco perdía a loita co soño e ía pechando os ollos. Nesa tarde comeceina a mirar de outro modo, con agarimo e dozura, con cariño e con gañas de acariciala, cando a película seguía desenrolando a súa trama e o soño xa a conseguira derrotar foi cando eu notei esa transformación no modo de mirala. A luz ía deixando o cuarto as escuras, e as románticas cancións da película levávanme a mirala maís de seguido, ela acurrucada na súa manta enterneceume dun modo tal que case non podía evitar a imaxe de apartarlle o cabelo do deu rostro, de deitarme xunto a ela e notala respirar preto de min, de sentila, abrazala e deixar morrer ese día alí deitado nese cuarto. Tentei de evitar eses pensamentos, noteime confuso, vencedor e derrotado ó mesmo tempo, era unha sensación estrana de saber que queres algo pero ter medo a collelo, de autocompaisón sen necesidade; non sei ben como dicilo, a película estabame gostando, vela aí deitada tan preto de min facíame sentir cómodo e con gañas de abrazala, pero meu corpo tremía, semellaba ter medo de algo, tódolos sentimentos loitaban por non sair á luz. Que difícil é desnudarse emocionalmente por medo a quedar indefensos, parece tan doado e nos sempre enrevesados sempre a comprica-las cousas. E de repente un bolero, e os ollos pérdense nesa cariña de paz e azucre, acendo un cigarro e deixo de loitar contra os meus pensamentos, para que facelo se tan a gusto semello neles; trompetas, violíns, congas, e a voz que eu vou imaxinando mentres me entran gañas de bailar. Volto a mirar cara a tele e deixome caer no sofá, derrotado por tanta felicidade imaxinada, solto lentamente o fume do cigarro e pouco me falta para extende-los brazos e dar unha aperta imaxinaria, non podo quitala imaxe do seu rostro e míroo en cada actriz, escoitoa en cada verba, síntoa cando na película se bican, incorpórome no sofá e agora si deixo de soñar. Espertamos ó mesmo tempo, cada un do seu soño, a película está no seu desenlace e solto un casi sordo hola, saudando eses ollos abertos nos que brillan as luces da televisión; o día vai chegando o seu final, pronto terei que marchar, o resto da xente tamén, e os soños quedaron almaceados nun pequeno rincón da miña cabeza, esperando algún día volvela ver espertar. No coche, camiño de casa, soa un inacavable bolero que fala de amor incomprendido, e os focos guíanme pola estrada mentres mentalmente repito o estribillo cantando co corazón.
01/12/2005 23:01 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

09/12/2005

APOSTA DE COBARDES

20051209230312-puerta.jpg

   Pouco tempo despois da decisión mais importante que tomei nos derradeiros tempos sinto que me trabuquei, a cousa non era sinxela tratábese de escoller entre duas mulleres e tanto tempo pra decidirme vaime deixar sen ningunha. poido maís o cerebro que o corazón, ningún dos camiños semellaba doado e non era plan botar unha moeda o aire pra escoller. Agora síntome derrotado porque ambalas dúas están maís lonxe que antes, e as bágoas parecen agolparse todas preparadas pra sair en tromba dos meus ollos valeiros de sentimento, non teño gañas de chamar por teléfono, non teño gañas de baixar o bar só como soía facer, estou horfo de amor e valeiro de ambición.

   Sorpréndome mirando pra algunha delas polas noites, sen  saber que dicir, sen poder falar, testigo da miña derrota sen sabor algún. Perdín o sorriso nalgunha cadeira bebendo da miña copa amarga e delatora, busco tranquilidade nos meus petos e recordo centos de noites sen sentir, adormecido polas drogas sen angustia nin door. Abrazo a miña almofada con furia devecendo por trocala por unha cara, un corpo, un soriso, por entregarme sen condicións, quedo durmido soñando con outra cama, cunha cabeleira na miña meixela, cuns centos de metros de pedras e mar.

   O golpe foi duro e non estou en condicións de asimilar tan pronto unha derrota, non me quedan forzas pra loitar por algo que non teño claro, e cada unha delas xa elixiu outro que lle faga sentir. Rumio as decepcións fumando cen cigarros, sen mesura e en silencio, velo a miña defunta alegria tras barras e fumes, calo o falado pra non volvelo a escoitar. Cecais volva a mudar de sitio, cecais busque outro pobo, outras caras, outras noites, que sendo as mesmas me permitan sair da miña melancolía. Camiño só polas noites cara ningures, non choro por que non sei pero teño mil bágoas que botar, non sei bailar, non sei rir, non sei que dicir en cada momento, e fuxo dos lugares incómodos onde sei que vo ver algo que non me gusta, sempre fuxindo, sempre desaparecendo sen facer ruido. Toda a sembra perdida por non sabel botar, todos os soños esnaquizados en espellos onde non me quero mirar, todo o sentimento gardado afundido entre as tripas e mal dixerido, sei que esto me vai facer dano, pero nunca supen facer borrón.

09/12/2005 23:03 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

17/12/2005

20051217214342-remando-sin-mar-.jpg

- Non sabes o aburrido que é estar soa, cada día, cear soa, mirar a tele baixo unha manta quedándote durmida do aburrimento-. Dicía ela baixando os ollos esquivando a mirada.

- Si, debe ser duro-. Dixo él mordéndose a língua por non dicirlle que el a coidaria noite tras noite e aguantándose as gañas de abrazala ou acariciarlle a cara.

- Non sabes o que é non ter quen te coide cando estás enferma, quen te mime cando estás cansa, non ter con quen compartir unha cea, unhas palabras, a manta e o sofá, alguén con quen....., con quen mirar como chove na rúa tra-la fiestra.

- Eu hai días nos que tamén boto de menos alguén  con quen falar, botar unhas risas, alguén que me alonxe desta soidade que me atrapa por momentos.

- Somos uns febles, non sabemos disfruta-la vida, hai que mirar pra diante, xa atoparemos quen nos entenda, ou alguén con quen compartir os tempos futuros-. Dicía ela dibuxando un soriso con forza pero sen gañas.

- Si, debemos afacernos a estar sós, polo menos non pensar nelo e disfrutar dos momentos de compaña con amigos-. Dixo él sen sentilo, desexando collela da man e darlle un bico nas meixelas, e levantando a vista pra mirala os ollos cuha mirada que sabía valeira.

- Veña, brindemos por os tempos mellores que virán.

- Por eles, porque encontres un home que te quera e te faga felíz!.

- E ti tamén que atopes a alguén.

 

   E a noite continuou, coma tantas outras, perdida no pasado, e os días seguiron o seu curso tan fríos come antes, tan valeiros coma outros, eles seguén a buscar a esa persoa que os comprenda e lles de o cariño que necesitan. O tempo non curou as feridas da soidade, nin as películas románticas cada un baixo súa manta, cada un soñando con rostros tralo cristal frío e humido tralo que non chove nin hai ninguén.

17/12/2005 21:43 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

25/12/2005

20051225224225-espalda.jpg

   Unha noite destas sentados nunhas escaleiras, pasando frío e falando das nosas vidas, estaba cunha amiga nunha rúa húmida e escura de muros de pedra vella e xélidos.

- Entón por qué non vas cos teus amigos e segues de marcha?

- Por que non me apetece e ademaís góstame falar contigo.

- Parece que che pesan os anos e non aguantas moito de troula!

- Pois é que a min a estas horas non me chama moito meterme nun sitio onde a música non che deixe falar.

- E por iso vas pra casa, non?

- Eu non teño sono, pero se ninguén me acompaña a outro sitio terei que ir pra casa

- Eu teño frío e estou cansa, porque si non iría encantada contigo

-Pois se que res subo a túa casa e seguimos a falar

-Non, que despois xa sei o que pasa

- Nada muller, só era por non pasar frío

- E ademaís a ti non che gustaba unha tipa

-Si, xa sabes quen é, a min gostánme morenas-. Ela era rubia, pero de sempre.

-Entón que fas aquí conmigo?

-Ela estaba con outro e eu só estou a falar contigo, non fago nada malo.

-Malo eres ti, pretendes subir a miña casa, disme que che gusta outra, non me chamas nunca, e non me invitas a cear na túa casa como a outras-. Dicía mentres eu lle tocaba o cabelo loiro.

-Raiña, nos somos amigos e góstame falar destes temas contigo, pero eu nunca te engañei prometendo cusas que non podía cumprir.

-Pero aproveitaste que estou soa, deixoume o noivo, e fai tanto frío. Pero non quero durmir contigo, chámame mañán e falamos, vale?.

-Mañán poida que me invite algunha morena a comer, e eu ante as miñas debilidades vólvome feble.

-Pois chámame un día de estes e tomamos algo.

-Pois voume durmir, só e sen soño, sen gañas e sen conversa. Boas noites!, durme ben.

-Non te enfades...

-Se eu non estou enfadado, pero teño frío e inda teño que andar uns pasiños ata chegar a casa. Deica raiña!.

-Chamame!

   E a noite foi moi fría, e o día seguinte non houbo comida con ningunha morena, e tras uns cantos s.m.s. a tarde unha morena estaba coas amigas e a outra, pois a outra estaba pero despois xa non estaba, mentres me perdín nos seus ollos oscuros e profundos coma unha moite sen estrelas na cima de un monte mais aló de onde nunca chaguei.

25/12/2005 22:42 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]