Temas


Diputación Provincial de Zaragoza. Manolete en fotografías de Ricardo. Exposición en el Palacio de Sástago.

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2005.

07/11/2005

QUEN DIXO QUE NON SERIA PEOR?

20051107220956-circundando-me.jpg   Un ano maís na chepa, e parece que nos derradeiros días envellecín coma dez de súpeto.Pasei o fin de semán agoniado, a disgusto conmego mesmo, tenso pola celebración e polas visitas, durmindo pouco e necesitando dar marcha atrás. Encerrome maís en min mesmo e sufro con o corazón partido, non fago nin digo o que quero, e teño unha ansiedade que me afoga todo o corpo, debo deixar de escoitar tanto soul. Comidas, ceas, festas eran un sufrimento constante, esíxome demaís querendo sempre dar a mellor das imaxes, poñéndome o listón cada vez maís alto, non querendo defraudar. Preciso de un pouco de cariño, de algo de comprensión, de que me corresponda o amor. Négome as miñas posibilidades, e sufro por non poder expresarme coma quero, por cada verba dita fora de tempo, por cada mirada sorprendida, por cada latido sen eco. Pecho as portas do meu corazón pretendendo non facerme dana, pero feríndome cada vez maís, non teño forzas para loitar nunha batalla que imaxino perdida, pero non aturo soportar unha derrota pola que non fago nada por evitar. Agóchome tralas gracias pretendendo ser un pequeno bufón, pretendendo ser escoitado para sentirme vivo, anulo a miña diversión petendendo ser quen quizais non son, repito os mesmos comentarios, os tópicos, e as bromas  para facerme notar, pero pouco a pouco voume amedrentando e encollendo a miña persoa para desgracia do meu corazón, que necesita de espacio para sentir, e mira coma eu o vou afogando por non querer darme unha oportunidade. Estou semidepresivo por non querer ser eu, por unha cobardía sen final, son que maís dano me fai, péchome en min mesmo por medo a min, fago muros coas miradas, e non deixo sitio para unha posible porta para poder escapar.Outro ano maís, e esto vai fatal, os domingos non deberían ser tan domingos, e os aniversarios, pois non sei se deberían celebrarse, ou si?
07/11/2005 22:09 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

13/11/2005

ESTANDO SEN SER, SENDO SEN ESTAR

20051113204227-ojos-tuviere.jpg   Noites de frío e auga, vasos humidos e moito tabaco. Estampados, bufandas, abrigos e poucas verbas; debilidades en sofás, silencios entre frases e derrotas sen rumiar. Pouca xente, cancións de bjork e falta de sorisos, anceios que non morren, imaxes zombies e latidos que fan dano. Outono máximo, escondite de pasións e inimigo da suor, sueters marróns e camisas a raias, verdes difuminados entre soños sen dormir. Non se fixo a mel para os homes de negro, nin as copas para non se valeirar, non naceron os comprementos no corte inglés e todo vale menos chorar, chorar sen antes falar, pois as rutinas son as que amadriñan o cariño e o amor nace dunha mirada sen esquivar. Sete graos na rúa e moito tempo para esquecer, ollos apersoais caras uniformadas e mesturas de fumar, aires de mar, pedras e conversas, xeos que morden os sentimentos sen quentar. Vampiresas, demos, pantalóns cortos, licor café, berros, sereas, coletas e gañas de abrazar, pasos sen cadencia, secuencias de antaño, vasos de plástico, doces e castañas ímposiveis de saborear. Cores que acarician coma o sol de setembro, xeonllos magullados, teléfonos que non soan, obrigas e aniversarios, piropos gardados no peto, películas por ver, envites, órdagos, pares e xogo; loitos de espírito, parellas nos baños, calor nas mans, deuses por uns minutos na terra sen conquistar, espellos sen peitear, xogos por iniciar. Cecais se poidera mercar unha felicidade real non sabería que facer con ela, cecais se poidera deixar de soñar morreria algo dentro de min, cecais se abrira maís os ollos aprenderia a vivir mellor, cecais............ou somos, ou non somos, ou que.
13/11/2005 20:42 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]